luns, 25 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Penúltima entrega do concurso de fotografía. Non é demasiado complicado localizar estes espacios na Coruña actual.



xoves, 21 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Dúas novas fotos para o concurso fotográfico realizado por INCUDE e Palaestra.
De novo unha das fotos resulta moi doada de situar a pesar dos grandes cambios acontecidos e a outra mais complicada.


martes, 19 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Dúas novas fotos. Unha delas moi sinxela, totalmente recoñecible e outra un pouco mais complicada, pero tamén pode ser doada para algún.




luns, 18 de agosto de 2014

Semana de Xogos

Coincidindo coa celebración da Mind Sports Olympiad, dende INCUDE decidimos organizar tamén unha Semana de Xogos dendo o vindeiro luns 18 ao venres 22 de agosto.

Cartel Semana de Xogos

LUNS 18:
19,30: Torneo de Damas

MARTES 19:
17,00: Torneo de Carcassonne
19,30: Torneo de Dominó

MÉRCORES 20:
17,00: Demostracións de DBA, Infinity, Blood Bowl e Twilight Struggle
19,30: Torneo de Sudoku

XOVES 21:
17,00: Torneo de Magic
19,30: Torneo de Trivial

VENRES 22:
19,30: Torneo de Xadrez Rápido

Entregarase un pequeno agasallo ao gañador de cada proba.
Establecerase unha clasificación xeral da mini-olimpiada. En cada torneo se darán puntos aos 10 primeiros clasificados: 10 puntos ao 1º, 9 puntos a 2º, 8 puntos ao 3º, etc. Sen límite de torneos.
Os tres primeiros da clasificación xeral recibirán un trofeo, así coma o mellor clasificado que sexa socio de INCUDE. Os trofeos non son acumulables.
Cota: 1 € por participar en todas as actividades dunha tarde.

Asimesmo, de luns a venres durante as mañás, impartiremos outro curso de xadrez infantil para menores de 14 anos. O custe será de 10 euros por persoa.

Todas as actividades se celebrarán no Sporting Club Casino, na rúa Real nº 83 na Coruña.

Lembra que están abertos os prazos para participar nos nosos concursos culturais!

domingo, 17 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Nova entrega do concurso de fotografía. Realmente moitos dos edificios seguen existindo, pero xa non se ve pasear á xente montada en burros nen o bus british.



venres, 15 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Dúas novas fotos para o concurso. Dúas rúas da cidade moi cambiadas polo tempo.



martes, 12 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Nova entrega das fotos do concurso. De novo temos unha foto na que a rúa non da moitas pistas e outra que debe resultar sinxela, aínda que o paso do tempo parece ir borrando tamén as cousas feitas en pedra.


sábado, 9 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Nova entrega do Concurso de Fotografía. Unha delas é ben doada de coñecer, pero resulta simpática polos cambios acontecidos e a outra xa non resulta tanto para moitos.




xoves, 7 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Seguimos coa publicación das fotos antigas da Coruña. Neste caso unha delas moi doada de localizar. A outra seguro que algúns non se decatan de primeiras pero tampouco tardarán moito.


luns, 4 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

Tal como dixeramos hai dous días empezamos a publicar dúas fotos periodicamente. As de hoxe non son moi dificiles. Así que o mais probable é que a xente as recoñeza... a ver quen nos fai chegar as fotos actuais desas zonas.


sábado, 2 de agosto de 2014

Concurso de fotografía

A Asociación Palaestra e a Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) colaboran nun concurso de fotografía baseado nos cambios experimentados na cidade da Coruña.

A idea é que os afeizoados a fotografía realicen unha fotografía no mesmo lugar que aparece na foto, de forma que se premiará á mellor serie de fotografías que reflexen este cambio.

Cada dous días publicaremos dúas fotografías totalizando coa de hoxe un total de 21 e loxicamente algunhas delas non serán moi doadas de situar na cidade de hoxe.

Buscamos deste xeito que a xente coñeza mais a historia recente da cidade e que valore os cambios arquitectónicos e urbanísticos entre A Coruña do século XX e a do século XXI.

As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 30 de setembro de 2014.

Coas fotografías realizarase un pequeno libro e una exposición. Ademais haberá os seguintes premios:

1º PREMIO: Trofeo, libro e 100 €
2º PREMIO: Trofeo, libro e 50 €
3º PREMIO: Trofeo, libro e 25 €