mércores, 23 de novembro de 2016

Fin de semana

Xadrez e xogos de mesa centran as actividades do fin de semana na Coruña. CIDU e INCUDE ofertan unha interesante actividade.

mércores, 16 de novembro de 2016

Exposición "A Coruña en Sepia"

Xa está montada a exposición "A Coruña en Sepia", que recolle as mellores fotografías destes certames que vimos organizando anualmente dende INCUDE. Nel amosamos a fotografía antiga da cidade e a actual feita polos participantes no concurso.



Estas fotografías foron editadas coa colaboración de ASENCUDEGA na súa colección Libros de Peto.



Achégate polo Sporting Club Casino, na 4ª planta!

martes, 15 de novembro de 2016

INCUDE na radio

O pasado 7 de novembro, o noso ex-presidente fundador estivo en Radio Coruña. Alí explicou as actividades que facemos dende INCUDE dentro do programa de entrevistas "Nos vamos a la Universidad", que se emite todos os luns ás 13:30.

Podes escoitalo aquí.