martes, 14 de novembro de 2017

Ideas para este curso

A Feira de Asociacións é un bó momento para determinar cales serán as actividades que realice INCUDE neste curso.

A Xunta Directiva actual está fomentando os xogos de mesa, pero esperamos que as áreas de traballo sexan do teu interese e se non deixanos un correo ou comentario.

1. Xogos de Mesa
Neste ano 2017 para conmemorar a revolta irmandiña estamos a facer un xogo de mesa baixo o nome de Irmandiños.
A final do curso pasado realizamos a nosa "Olimpiada de xogos de enxeño" con xadrez, damas, mus, domino, go... etc.
E para final de ano queremos facer, como en anos anteriores, torneos con xogos de taboleiros mais clásicos (trivial, cluedo, monopoly... etc) e tamén doutros de éxito como Xogo de Tronos.

2. Xadrez
A través do noso club. Tes toda a información en www.xadrezuniversitario.org.
Xadrez presencial, a distancia, individual, por equipos... o que te goste!
E necesitamos xente para os equipos!

3. Viaxes
No 2018 queremos ir facendo viaxes ao longo do primeiro semestre para coñecer algunhas das fervenzas mais vistosas de Galicia, será fundamentalmente en primavera.

4. ESports
A actividade recén chegada serían os e-Sports. Queres axudarnos?