martes, 8 de xaneiro de 2019

Inicio do VI Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

Xa está en marcha o VI Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña!

Os grupos, formados tentando que sexan o máis homoxéneos posible considerando a puntuación dos xogadores na plataforma chess.com e na lista ELO FIDE (no seu caso), son:

GRUPO 1:

Santymagno
roberto1971
elpolta
Slyfer94

https://www.chess.com/tournament/vi-campionato-interno-de-xadrez-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-1/players


GRUPO 2:

jmandion
zerdeja1960
albertomuras
littlejhon

https://www.chess.com/tournament/vi-campionato-interno-de-xadrez-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-2/players


GRUPO 3:

dmedinb
danidt
ramiro72
Naseiro


https://www.chess.com/tournament/vi-campionato-interno-de-xadrez-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-3/players


GRUPO 4:

Pampin
luishervella
magicbrais
atreyu39x2

O primeiro de cada grupo clasificaranse para a fase final. Sorte a todos!

luns, 7 de xaneiro de 2019

Resultados Xornada Aniversario INCUDE

RESULTADOS ANIVERSARIO INCUDE
Venres 4 de xaneiro de 2019

Torneo de Trivial.
1. David
2. Brais
3. Ernesto
4. Daniel
5. Florencio
6. Pablo

Torneo de Rápidas de Xadrez.
1. Daniel
2. Brais
3. Ernesto
4. Florencio
5. José Manuel
6. Pablo
7. David
8. Manuel

Proba de Puzzle Rush
1. Daniel
2. Brais
3. David
4. José Manuel
5. Florencio

Torneo Nocturno de Xadrez.
1. Daniel
2. José Manuel
3. Florencio
4. Brais
5 Ernesto
6 David

Campión da Xornada: Daniel

xoves, 3 de xaneiro de 2019

XXVI Aniversario INCUDE


Este venres INCUDE cumple 26 anos dende a súa fundación.
E imos facer unha pequena actividade para festexarlo.

ANIVERSARIO INCUDE
No Centro Universitario de Riazor.
Venres 4 de xaneiro de 2019

19,00 - 20,00: Torneo de Trivial.

20,00 - 21,00: Torneo de Rápidas de Xadrez.

21,00 - 21,30: Proba de Puzzle Rush en chess.com (non fagas a proba de mañán para poder facelo co teu móbil).

21,30 - 0,00: Torneo Nocturno de Xadrez.

Cota de participación: De balde para os socios de INCUDE ou CIDU. (faite socio por só 2 euros).

Premios:
Haberá unha copa para o campión do Torneo Nocturno.

Haberá unha copa para o mellor da combinada.
Como faremos a combinada?
Moi sinxelo:
Cada unha das 4 probas repartira 15 puntos: 5 para o primeiro, 4 para o segundo, 3 para o terceiro, 2 para o cuarto e 1 para o quinto.

A clasificación da combinada farase sumando as dúas mellores puntuacións de cada xogador (así que con tal de participar en dúas das probas xa entras na combinada) e como desempate empregarase o resto de puntos se os hai ou a mellor posición en calquera das probas non contabilizadas.

Se queres participar... simplemente pasa por alí.

E lembra que segue aberta a inscrición no noso Torneo Online ata esta fin de semana.

martes, 1 de xaneiro de 2019

Bases do VI Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña


Participa no xa sexto campionato interno de xadrez en liña da UDC!



Bases do VI Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil existentes.

3. O torneo dará comezo o 8 de xaneiro de 2019. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 7 de xaneiro.

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez e con ambas cores. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.

6. O ritmo de xogo será de dous días por xogada para toda a partida, sen dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.

9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.