sábado, 9 de maio de 2015

Visita guiada á exposición "O primeiro Picasso"

«Na Coruña pasei os últimos anos da miña nenez e os primeiros da mocidade. Non volvín por alí, pero sabe vostede o cariño que lle conservo a aquela terra, que me parece belísima no recordo. Mire, mire: aquí teño postais da Coruña: os Cantóns, o Recheo, o Xardín de San Carlos, a Torre de Hércules, o Instituto Da Guarda onde estudei o meu bacharelato» PICASSO


A exposición O PRIMEIRO PICASSO A CORUÑA 2015 que presenta o Museo de Belas Artes, é unha oportunidade única para que o alumnado se achegue á etapa coruñesa de Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi crucial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Na mostra podremos observar os seus primeiros debuxos e cadros, a evolución da súa técnica e a influenza dos mestres que tivo na cidade, así como coñecer algún dos temas que retomaría ao longo da súa dilata produción artística. Ademáis, diferentes documentos, fotografías e obxectos nos permitirán contemplar cómo era A Coruña da época.


Ofrecémosche dúas posibilidades:
- mércores 20 de maio ás 16:30
- sábado 23 de maio ás 17:30
Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es antes do próximo mércores 13 de maio indicándonos en cal das dúas quendas preferirías vir e cantas persoas seriades.

ÚLTIMA HORA: Veñen de ofrecernos a posibilidade de facer a visita o próximo DOMINGO 17 DE MAIO ÁS 10:00. Escríbenos se estás interesado en vir neste novo horario!

ACTUALIZACIÓN: El Ideal Gallego publicou unha fotografía da visita dun dos nosos grupos!



xoves, 7 de maio de 2015

Próximas actividades de INCUDE


VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN “O PRIMEIRO PICASSO”

Sabías que os poucos anos que Picasso viviu na Coruña influíron decisivamente na súa carreira posterior? Descobre connosco esta etapa da súa vida a través dunha visita guiada gratuíta á exposición que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña.

Ofrecémosche dúas posibilidades:
- mércores 20 de maio ás 16:30
- sábado 23 de maio ás 17:30

Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es ***antes do próximo mércores 13 de maio*** indicándonos en cal das dúas quendas preferirías vir e cantas persoas seriades (e se poderiades ir ou non á outra quenda por se temos que axustar o tamaño dos grupos).


OLIMPIADA DE XOGOS MENTAIS

Xa estamos preparando a II Olimpiada. Gustaríanos que opinaras sobre as mellores datas para ti e que xogos preferirías cubrindo esta enquisa:

https://docs.google.com/forms/d/1sKqmUURd7ygRtDL1NsXNCm8IcQSUZBVnh8fvfiZUSos/viewform


CAMIÑO DE SANTIAGO

Tamén estamos planeando facer as últimas etapas do Camiño de Santiago entre o 6 e 10 de agosto. Escríbenos a incude@udc.es se queres peregrinar con nós!


XEIRAS "COÑECER GALICIA"

Coa colaboración da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, tamén che queremos ofrecer a posibilidade de coñecer a nosa terra:

31/05: Santa Tegra
05/07: O Ribeiro e San Cibrao das Las.
02/08: Ribeira Sacra
06/09: Cíes e Ría de Vigo
08/11: Viana do Castelo

O prezo é de 35 € para socios de INCUDE. Inclúe desprazamento e xantar.