mércores, 23 de outubro de 2013

I Campionato Interno de Xadrez en Liña

INCUDE, continuando no seu labor de fomentar as actividades culturais e deportivas na UDC, quere convidarte desta vez a participar no I Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña.


Bases:

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador.

2. O torneo dará comezo o 28 de outubro de 2013. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es dende a súa conta @udc.es indicando o seu nome, apelidos e centro, antes do 25 de outubro. INCUDE comunicará aos inscritos a plataforma que se empregará para o torneo.

3. A inscrición é gratuita e non hai límite de prazas.

4. O sistema de xogo será de doble round-robin (todos-contra-todos con ambas cores), cunha única fase definitiva.

5. O ritmo de xogo será de dous días acumulables por xogada para toda a partida, sen dereito a vacacións.

6. Os sistemas de desempate serán, por esta orde: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesaria- mente a finalización do torneo.

8. En ningún caso está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais.

9. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

SE QUERES PARTICIPAR NOUTRAS ACTIVIDADES DO NOSO EQUIPO DE XADREZ PASATE POLO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR OS VENRES ÁS 19,30 HORAS