mércores, 30 de decembro de 2020

ASALTO ONLINE

Este ano non foi posible a celebración da moi recomendable actividade Asalto ao Castelo de Vimianzo, pero xa tíñamos feitos os trofeos para as actividades que realizamos con eles... Torneo de Xadrez e as Xornadas Lúdicas.
Entón decidimos aproveitalos para este día 30 de decembro.
Como?
Pois estas son as actividades que te invitamos a participar nas Xornada Lúdica do Asalto, unha tarde con cousas diversas, na modalidade online:

Como para algunhas das probas hai ligazóns que se crearán no momento, aconsellamos entrar neste grupo de whatsapp onde informaremos dos mesmos. https://chat.whatsapp.com/BmveupMXM72JZVBdpBsWE9

16,00 horas
PRIMEIRA ACTIVIDADE - TORNEO DE DAMAS
Na plataforma lidraughts (similar a lichess de xadrez).
Modalidade damas brasileiras (as normas na propia web). Partidas a 5 minutos. Ssistema Arena.

17,00 horas
SEGUNDA ACTIVIDADE - TORNEO DE TRIVIAL
En trivial online.es
Anunciaremos a ligazón no grupo de whatsapp

18,00 horas
TERCEIRA ACTIVIDADE - III TORNEO DE XADREZ ASALTO AO CASTELO
Na plataforma chess.com ás 18,00 horas. Partidas a 5 minutos. Suizo a 5 roldas.

19,00 horas
CUARTA ACTIVIDADE - TORNEO DE CLASH ROYALE
Unha das actividades que facemos habitualmente.
Poremos a ligazón no grupo de whatsapp

PREMIOS:
Terán trofeo o mellor no torneo de xadrez e o mellor da Xornada Lúdica.
O mellor da Xornada Lúdica será quen sume mais puntos nun máximo de tres das catro actividades anunciadas. En cada proba darase 5 puntos ao primeiro, 4 ao segundo, 3 ao terceiro, 2 ao cuarto e 1 ao quinto.
Ademais os cinco primeiros no torneo de xadrez recibirán unha camisola da Asociación Galega de Xadrecistas (que terán para recollela ata o 31 de marzo de 2021).
Tamén sortearanse cinco camisolas de INCUDE entre todos os participantes das xornadas (que terán para recollela ata o 31 de marzo de 2021).
E por último para os participantes da Coruña (ou que se despracen) entregaremos 10 vales de pizza a empregar na noite do 30 ou no día 31.


martes, 17 de novembro de 2020

VII TORNEO EN LIÑA DA UDC

Anunciamos o sétimo campionato interno de xadrez en liña da UDC!

Bases do VII Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os socios de INCUDE e CIDU, e os ex-alumnos da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil existentes.

3. O torneo dará comezo o 7 de nadal de 2020. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 1 de nadal.

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez e con ambas cores. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.

6. O ritmo de xogo será de dous días por xogada, sen dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.

9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo para os tres primeiros. 

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

domingo, 26 de xullo de 2020

TORNEO DE LOL DE LUGNASAD

Na noite do 31 ao 1 de agosto os celtas celebraban o Lugnasad, festa dedicada ao deus Lugh, divindade solar, dispensador de sabedoría. É a festa celta da prosperidade.

Neste ano imos iniciar unha serie de torneos de LOL, que vanse celebrar en agosto, setembro e novembro, seleccionando equipos para unha Liga no primeiro semestre de 2021. Se non tes equipo no discord podes atopar un.

Algunhas normas xenéricas, para este torneo amigable:

Escenario de xogo: 

O mapa será "A greta do invocador".

Equipos:

Está prohibido facer multiclan (pertencer a varios equipos á vez).

Un equipo incompleto que non obteña permiso do rival para empregar xente allea, terá que xogar con menos xogadores ou retirarse.

Cada equipo terá que xogar as súas partidas na súa respectiva canle de voz co nome do seu equipo.

Sistema de xogo:

O torneo xogarase por eliminatorias.

Á hora marcada para a partida os dous capitáns ou líderes terán que contactar e agregar no xogo para crear a partida personalizada. Os equipos non presentados nos dez minutos seguintes á hora marcada perderán a partida.

Os equipos enviarán unha foto cos resultados da partida. En caso de que sexa falsa serán expulsados do torneo. A foto enviarase polo grupo de líderes indicando a que partida pertence.

Todas as roldas excepto a final (que será a tres) serán ao mellor dunha soa partida.

Na final os equipos poderán rotar xogadores nas diferentes partidas a condición de que estes estivesen na lista inicial do equipo.

Premios:

Haberá un trofeo das Xornadas Lúdicas de Lugnasad para o equipo vencedor.

Tamén recibirán dous vales de pizza mediana de Pizza Movil.

Os dous primeiros equipos clasificarán para unha Liga en 2021 na que tentaremos dar premios maiores.

Os equipos que clasifiquen para esta Liga e que estean compostos por estudantes da UDC ao menos nun 50% recibirán camisetas da asociación.

Neste torneo sortearemos tamen outro vale de pizza entre os xogadores da UDC calquera que sexa a súa clasificación.

Outros aspectos:

Tratamos de facer un torneo amigable sen pretensións, se nalgún momento incúmprese algunha das normas ou xurde algún problema, contactade cos admins ou directamente coa asociación en incude@udc.es

O bm (mal comportamento), levará á expulsión despois dun aviso

Non se permiten atallos


PODES INSCRIBIRTE NO ESPAZO DE DISCORD

Búscanos en instagram: @esports_incude_udc

Twitter: @eSports_INCUDE

Facebook: https://www.facebook.com/incude

ENTRA NO DISCORD: https://discord.com/invite/r4Ufx6V

venres, 31 de xaneiro de 2020

XOGANDO NO CUR

Fin de semana con actividades no CUR

Este VENRES imos poñer en xogo o trofeo do aniversario de INCUDE, que naceu nun mes de xaneiro de hai 27 anos.

Para conseguir o trofeo haberá que gañar unha proba combinada consistente nun torneo de PuzzleRush, un Torneo de Xadrez FischerRandom e por meter algo distinto ao xadrez un torneo de naipes co xogo da escoba. Dende as 19,30.

O SABADO cinco equipos participarán como locais nas instalacións do CUR, tres equipos do CIDU, o Casino e un XDM e parte dos visitantes tamén serán da casa, polo que segundo vaia rematando a xente poremos en xogo outro trofeo... o da Xornada Lúdica Imbolc.

Será pois tras as partidas da Liga Galega de Xadrez.

Na mitoloxía celta a noite do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro era o IMBOLC, unha festa de tipo agrario que foi derivando ás festas da Candeloria e o San Brais (improbable que alguén chegase a santo con ese nome).

Segundo vaia rematando a xente as súas partidas iremos facendo probas coa wii e con algún xogo de taboleiro.

A participación é de so un euro para cada unha das xornadas.

O Imbolc asóciase convencionalmente co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro. O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da naturaza que foi cristianizado. Nesa data acendense velas coa finalidade de aportar luz e calor ao sol para que recobrase a súa forza e a proxectase sobre a terra. Unha festa da luz, reflectindo os días cada vez máis longos e a esperanza da primavera. Tradicionalmente ilumínanse farois nas frontes das casas por uns cuantos minutos. Na antiga Roma celebrábase as "Lupercais", cunha procesión con candeas acendidas de noite. No 492 o Papa Gelasio crea a festa da Purificación da Virxe. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión con candeas. O crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres durar a misa. Estas candeas lévanse para a casa pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo. Esta festa das luces celébrase en parroquias como Oseiro, Becerreá, Cervo, Meaño, O Rosal e Cedeira.

Durante a súa época de influencia celébrase normalmente unha das festas máis importantes de Galicia: o entroido.

A festa do Imbolc é un culto de tipo agrario no que valorábase a función produtiva, coincidindo tamén coa chegada do período de lactación das ovellas, aprestas a dar a luz na primavera. De feito na lingua irlandesa é o "no embigo" (i mbolg), referíndose á xestación das ovellas. Esta festividade está relacionada tamén co leite, polo que é tradición comer queixo e produtos lácteos, e beber leite.