Como ven sendo habitual na nosa entidade coas datas de Samain / Halloween facemos unha serie de actividades que conforman a Xornada Lúdica do Samaín.
Cada proba é independente pero ao mellor da suma de catro delas darémoslle o trofeo das Xornadas Lúdicas.
Case todas son de xadrez, xa que a actividade é do noso club, pero tamén temos algunhas iniciativas doutro tipo que complementan as principais.
E antes do inicio tentaremos meter algunha cousa mais... así que mira está páxina estes días.
Venres 28.
Actividade 1: CIRCUITO DE OUTONO
Organiza asociación universitaria INCUDE
20,00 – 21,00 no Centro Comercial Los Rosales. Cota de 1 euro.
Torneo amigable de cinco partidas de cinco minutos durante unha hora.
Sábado 29.
Actividade 2: TORNEO REI DE MESA
Organizan Sigrás, Xadrez das Mariñas e Asociación Galega de Xadrecistas
16,45 - 19,30 aprox. en
Vila Concepción (Cambre). Mais info en
www.xadrecista.eu.
Torneo amigable de partidas de cinco minutos ou menos e cunhas normas peculiares. Trofeos para os tres primeiros.
Domingo 30.
Actividade 3: COPA AGAX ONLINE
Organiza Asociación Galega de Xadrecistas
20,00 - 21,00 na plataforma
Lichess. Mais info en
www.xadrecista.eu.
Torneo amigable de partidas de cinco minutos durante unha hora. Trofeo para o vencedor.
Lunes 31.Actividade 4:
TORNEO 960 OU FISCHERRANDOMOrganiza asociación universitaria INCUDE e SCD Palaestra.
19,30 – 21,00 aprox. no Centro Comercial Los Rosales.
Torneo amigable de cinco partidas de cinco minutos.
O xadrez FischerRandom é unha modalidade na que se sortea a colocación inicial das pezas.
Cota: 1 kilo de arroz ou pasta.
Trofeo para o primeiro clasificado.
Martes 1.Actividade 5:
COPA AGAX E TORNEO TÓDOLOS SANTOSOrganiza Asociación Galega de Xadrecistas
16,00 – 21,00 no Centro Comercial
Los Rosales.
Viernes 4Actividade 6: CIRCUITO DE OUTONO
Organiza asociación universitaria INCUDE
20,00 – 21,00 no Centro Comercial Los Rosales. Cota de 1 euro.
Torneo amigable de cinco partidas de cinco minutos durante unha hora.
Pasa pola web para ver as novidades que vaiamos tendo estes días.