mércores, 16 de agosto de 2023
Domingo 20 de agosto: Vimianzo.
mércores, 9 de agosto de 2023
Domingo 20 a Vimianzo
luns, 24 de xullo de 2023
Sábado 29 a Monforte
venres, 30 de xuño de 2023
Xadrez en Vimianzo
11:20: Torneo presencial de xadrez.
Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.
Será na praza do Concello.
16:00: Torneo de Xadrez Online
Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.
En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org
Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo.
Se non coñecedes o Asalto, botádelle un ollo á programación e preparar a excursión.
xoves, 29 de xuño de 2023
Grazas D. X. Xuventude!
Moitas grazas e agardamos cumplir coas expectativas.
En próximos días anuncairemos as datas das actividades nas que imos contar coa Asociación Hercle, xuntándonos dúas das entidades mais activas do estudantado da UDC.
mércores, 21 de xuño de 2023
Asalto ao Castelo. Vimianzo 2023.
Varias son as actividades que realizaremos este día, algunhas presenciais na praza do Concello e outras online:
11,00: Xogos de Mesa.
Serie de xogos relacionados co mundo medieval; o noso xogo Irmandiños, acompañado do Carcasonne e Costructores. O premio para o mellor será unha taza coa imaxe do xogo Irmandiños.
11:20: Torneo presencial de xadrez.
Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.
12:15: Torneo de Clash Royale e outro de Fall Guys (xogos online)
Organizados por HERCLE e INCUDE. Iremos engadindo información nesta web, para indicar os posibles premios.
16:00: Torneo de Xadrez Online
Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.
En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org
PREME PARA INCRIBIRTE NAS ACTIVIDADES
Os participantes nestas actividades aceptan o emprego dos seus nomes e / ou fotografías para a realización das listaxes de resultados, memorias e outras actividades de difusión destas actividades.
Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo.
martes, 20 de xuño de 2023
Visita este mércores á Expo Picasso
A poucos días de rematar temos a visita para o día 21 de xuño ás 13,00 horas.
Os interesados en participar deben enviarnos nome e apelido a incude@udc.es inscricións por orde de chegada ata completar o grupo.
xoves, 15 de xuño de 2023
Próximas actividades
20,30 - 21,30: TORNEO NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.
17,00: Un equipo do Colexio Calasanz competirá en Vigo no Torneo de Colexios organizado no Centro Comercial Vialia.
17,00: Un equipo do CIDU tomará parte na Liga das Mariñas a celebrar en Vila Concepción.
11,00: Día do Deporte na Rúa. O xadrez estará na Praza de Portugal.
ACTIVIDADES DIVERSAS
13,00: Visita a exposición de Pablo Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña.
Para todos os interesados. Mais info en:
Visita ao Pazo de Tor (Monforte de Lemos)
mércores, 7 de xuño de 2023
Visita a Exposición Pablo Picasso
Hai oito anos noutra sobre o mesmo autor tivemos que facer dous grupos.
Nesta ocasión temos solicitado grupo para o día 21 de xuño ás 13,00 horas.
Os interesados en participar e os seus acompañantes deben cubrir o seguinte formulario PREME
Agardamos que a iniciativa teña éxito e lembramos que no mes de xullo temos xa confirmadas as nosas actividades anuais en Vimianzo e en Monforte.