domingo, 5 de xullo de 2026

Xornadas Irmandiñas 2026

Como continuación das nosas actividades no Asalto ao Castelo 2026 en Vimianzo, os próximos mércores 8 e xoves 9 a partir das 20:00 celebraremos as Xornadas Irmandiñas adicadas ós xogos de taboleiro.

Adicaremos o mércores 8 a dous xogos deseñados polo noso ex-presidente Rogelio Pesqueira. O primeiro deles é Irmandiños, editado por INCUDE e ambientado na Revolta Irmandiña. Tes moita máis información sobre el no seu espazo web www.irmandiños.org
O segundo xogo ó que adicaremos a xornada é Réquiem, ambientado na Guerra Civil española e editado por GenX.

O xoves 9 será dedicado en exclusiva a un clásico das nosas actividades, Xogo de Tronos

Contaremos coa colaboración de AgaXogos nestas xornadas. Achégate polo CUR!


mércores, 1 de xullo de 2026

Pregón-Resolución do II Concurso de Microrrelatos Irmandiños 2026

Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER 


QUE o xuri do II Certame de Microrrelatos Irmandiños recoñece o mérito dos textos presentados, e agradece a participación xenerosa da comunidade intra e extramuros


QUE a decisión dos premios concedidos a seguir é inapelábel


QUE as persoas que se mencionarán a continuación, pasen a recoller ipso facto as recompensas que no exercicio do seu labor literario lles foron concedidas


QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 3º premio, intitulado Herdeiros da cinza, resultou ser autoría de Alba Prieto Ramil, de Ortigueira


QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 2º premio, intitulado Lume, resultou ser autoría de Pablo Ferreiro Amigo, de Vimianzo


QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 1º premio, intitulado Un soño de loita, resultou ser autoría de  Antía Dosil Bermúdez, de Vigo


QUE, letras mediante, o xuri e a organización desde Certame teñen a intención de darlle continuidade no futuro e que, por tanto, no futuro agardarmos volver a vernos


Dito foi e dito queda por Alonso II de Fonseca, amo e señor destas terras e magno mecenas das artes.

sábado, 27 de xuño de 2026

Noites de Xogos

Os próximos luns 29 e martes 30 teremos Noites de Xogos! Nesta actividade, que realizamos nesta ocasión en colaboración con AgaXogos (a nova sección de xogos de taboleiro de AGAX), terás a oportunidade de descubrir Carcassonne, Azul, Ciudadelas e Star Wars: La Batalla de Hoth

Agardámoste na nosa sede, no Centro Universitario de Riazor (CUR), a partir das 20:00!



domingo, 14 de xuño de 2026

3º Premio do I Concurso de Microrrelatos Irmandiños 2025


Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER 

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 3º premio, intitulado SÉCULO X(V)XI resultou ser autoría de CARMEN LÓPEZ DE RAMÓN, de Cee.


- Fóra inxustizas! Liberade ao pobo! -berraba Pepa.

- A mamá perdiu a cabesa, pensa que andamos no medio dunha revolta irmandiña do século XV -sinala ao castelo mentres pasea cunha amiga.

As dúas ollan a fortaleza. Salta unha noticia no móbil, «Israel bombardea de novo Palestina».

- Quizais non estea tan confundida…


Anímate a participar no concurso de relatos deste 2026! Aquí tes as bases: 

II Concurso de Microrrelatos Irmandiños

2º Premio do I Concurso de Microrrelatos Irmandiños 2025


Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER 

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 2º premio, intitulado A MIÑA LOITA resultou ser autoría de DIANA LOIS PARDO, de Pontevedra. 


O meu home morreu escravo do señor. O meu fillo, de fame.

Erguín a fouce coas mans sangrantes e a alma ardendo.

Non fun soa: viñeron irmás, vellas e novas.

Xuntas tombamos pedras e medos.

Caeu o castelo. A vinganza soubo a xustiza.

E por fin, tamén nós fixemos historia.


Anímate a participar no concurso de relatos deste 2026! Aquí tes as bases: 

II Concurso de Microrrelatos Irmandiños

1º Premio do I Concurso de Microrrelatos Irmandiños 2025


Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER 

QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 1º premio, intitulado O FÍO DA FOUCE resultou ser autoría de IRIA IGLESIAS MOURIÑO, de Santiago de Compostela. 


Das cinzas herdei o silencio dos que calaron, a fouce no meu puño, pesada e fría. 

Camiño sen medo, sabendo que o lume non morre, que a historia latexa en cada paso meu.


Anímate a participar no concurso de relatos deste 2026! Aquí tes as bases: 

II Concurso de Microrrelatos Irmandiños

luns, 8 de xuño de 2026

II Concurso de Microrrelatos Irmandiños

As asociacións CHERINKAS E INCUDE convocan o II Concurso de Microrrelatos Irmandiños no marco do Asalto ao Castelo de 2026.


Animan a todas as persoas con querenza pola narrativa breve a participar no concurso, cuxo tema central terá que ver coa revolta irmandiña. O prazo de inscrición remata o 28 de xuño. Bases do concurso:

1. Participantes: Aberto a todas as persoas.

2. Temática: Revolta Irmandiña.

3. Extensión: Máximo de 50 palabras.

4. Idioma: Galego.

5. Envío: A través de incude@udc.gal

6. Modo de inscrición: envío do relato en documento adxunto (con título e pseudónimo) e, noutro documento, os datos persoais (nome completo, DNI, localidade, teléfono e correo electrónico).

7. Prazo: Ata o 28 de xuño de 2026.

8. A autoría dos certames será orixinal, o que implica non poder facer uso da intelixencia artificial, e inédita.

9. Premios: Agasallo da asociación para os tres mellores relatos.

10. Xurado: Decidido pola Xunta Directiva de INCUDE, con decisión inapelable.

11. A cerimonia de entrega de premios terá lugar no día central do Asalto, isto é, o primeiro sábado de xullo, á hora disposta na programación.

12. A recollida dos premios será presencial. No entanto, se por algún motivo a persoa premiada non pode acudir, pode delegar noutra persoa facendo constar os datos da persoa que substitúe á premiada a través do correo arriba indicado. 

13. Publicación: Os relatos presentados, sexan ou non premiados, pasarán a pertencer á entidade organizadora do certame e, por tanto, poderán ser publicados.

14. A participación no concurso implica a aceptación íntegra destas bases.