Podes ver mais fotos desta curta excursión a Oviedo no noso Facebook
Preme
xoves, 20 de outubro de 2016
luns, 3 de outubro de 2016
Viaxe a Oviedo
O sábado 15 de outubro faremos unha viaxe a terras asturianas. Alí visitaremos pola mañá o Museo prerrománico de Santianes e pola tarde haberá dúas alternativas: os que o prefiran poderán visitar a cidade de Oviedo, ou pola contra poderán formar parte do grupo que visite o Museo de Fernando Alonso.
A viaxe terá un custo de 10 euros por persoa (entrada ao prerrománico incluida) ou de 25 euros para os que ademáis visiten o Museo de Fernando Alonso. Partiremos do Centro Universitario de Riazor ás 8,30 para chegar a Oviedo ás 12,30 e visitar o primeiro museo, ás 14,30 iremos a Oviedo para comer e ás 17,00 será a visita do Museo de Fernando Alonso. Estaremos de volta na Coruña sobre as 22,00.
Agardámoste!
IV Campionato Interno de Xadrez en Liña
Un ano máis INCUDE fomenta as actividades culturais e deportivas na UDC, e quere convidarte a participar no IV Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña.
Bases do IV Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña:
1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os alumnos da Escola Universitaria de Xadrez, os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.
2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil de chess.com.
3. O torneo dará comezo o 24 de outubro de 2016. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 22 de outubro (non incluído). Calquera dúbida ou suxerencia pódese mandar a mesma conta incude@udc.es.
4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.
5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.
6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.
7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.
7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.
8. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.
10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.
11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)