martes, 20 de decembro de 2016
mércores, 23 de novembro de 2016
Fin de semana
Xadrez e xogos de mesa centran as actividades do fin de semana na Coruña. CIDU e INCUDE ofertan unha interesante actividade.
mércores, 16 de novembro de 2016
Exposición "A Coruña en Sepia"
Xa está montada a exposición "A Coruña en Sepia", que recolle as mellores fotografías destes certames que vimos organizando anualmente dende INCUDE. Nel amosamos a fotografía antiga da cidade e a actual feita polos participantes no concurso.
Estas fotografías foron editadas coa colaboración de ASENCUDEGA na súa colección Libros de Peto.
Achégate polo Sporting Club Casino, na 4ª planta!
Estas fotografías foron editadas coa colaboración de ASENCUDEGA na súa colección Libros de Peto.
Achégate polo Sporting Club Casino, na 4ª planta!
martes, 15 de novembro de 2016
INCUDE na radio
O pasado 7 de novembro, o noso ex-presidente fundador estivo en Radio Coruña. Alí explicou as actividades que facemos dende INCUDE dentro do programa de entrevistas "Nos vamos a la Universidad", que se emite todos os luns ás 13:30.
Podes escoitalo aquí.
Podes escoitalo aquí.
xoves, 20 de outubro de 2016
luns, 3 de outubro de 2016
Viaxe a Oviedo
O sábado 15 de outubro faremos unha viaxe a terras asturianas. Alí visitaremos pola mañá o Museo prerrománico de Santianes e pola tarde haberá dúas alternativas: os que o prefiran poderán visitar a cidade de Oviedo, ou pola contra poderán formar parte do grupo que visite o Museo de Fernando Alonso.
A viaxe terá un custo de 10 euros por persoa (entrada ao prerrománico incluida) ou de 25 euros para os que ademáis visiten o Museo de Fernando Alonso. Partiremos do Centro Universitario de Riazor ás 8,30 para chegar a Oviedo ás 12,30 e visitar o primeiro museo, ás 14,30 iremos a Oviedo para comer e ás 17,00 será a visita do Museo de Fernando Alonso. Estaremos de volta na Coruña sobre as 22,00.
Agardámoste!
IV Campionato Interno de Xadrez en Liña
Un ano máis INCUDE fomenta as actividades culturais e deportivas na UDC, e quere convidarte a participar no IV Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña.
Bases do IV Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña:
1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os alumnos da Escola Universitaria de Xadrez, os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.
2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil de chess.com.
3. O torneo dará comezo o 24 de outubro de 2016. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 22 de outubro (non incluído). Calquera dúbida ou suxerencia pódese mandar a mesma conta incude@udc.es.
4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.
5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.
6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.
7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.
7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.
8. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.
10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.
11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.
mércores, 31 de agosto de 2016
Final do III Campionato Interno de Xadrez en Liña da UDC
Clasificación Final:
1º Santymagno
2º mayetti
3º Pampin
https://www.chess.com/tournament/iii-campionato-en-lintildea-da-udc-fase-final/pairings
Clasificación Final de Consolación:
1º littlejhon
https://www.chess.com/tournament/iii-campionato-en-lintildea-da-udc-final-b/pairings
Fase previa - Grupo 1: https://www.chess.com/tournament/udc-2016-fase-previa-g1/pairings
Fase previa - Grupo 2: https://www.chess.com/tournament/udc-2016-fase-previa-g2/pairings
Fase previa - Grupo 3: https://www.chess.com/tournament/udc-2016-fase-previa-g3/pairings

mércores, 20 de xullo de 2016
III CONCURSO CORUÑA EN SEPIA
A Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) grazas á axuda da Deputación da Coruña e da S. C. D. Palaestra realiza por terceiro ano un concurso de fotografía baseado nos cambios experimentados na cidade da Coruña.
A nosa intención é que os participantes realicen unha fotografía actual do lugar que aparecerá nas que iremos publicando, de forma que se premiará á mellor serie de fotografías que reflexen os cambios.
Invitamos desta xeito a meditar non só aos participantes, se non a todos os lectores das nosas webs, sobre a evolución da cidade e a transformación dos seus espazos, reflexionando sobre os cambios entre A Coruña do século XX e a do século XXI.
Dende o 1 de agosto publicaremos tres fotografías cada semana, durante oito semanas, finalizando así a serie a finais de setembro. As vinte e catro fotografías escollidas nesta edición serán de edificios e ruas doados de recoñecer na cidade de hoxe.
Tamén poderán presentarse fotografías correspondentes ás publicadas en 2015.
Podes atopar todas as fotografías aquí.
As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 30 de novembro de 2016.
Coas fotografías premiadas realizarase unha pequena exposición.
Ademais teremos uns pequenos trofeos para os premiados.
Durante o mes de setembro realizaremos unhas saídas pola cidade para fotografiar os diferentes lugares.

martes, 19 de xullo de 2016
Viaxes e camiñatas no verán
As visitas a realizar por INCUDE divídense en dúas modalidades; por un lado temos as realizadas en coches particulares nas que non hai cota, simplemente os gastos do combustible dos coches empregados e por outros os organizados en autobús, nos que pedimos unha pequena cantidade para axudar a cubrir gastos.
En todos os casos INCUDE promove a actividade pero as posibles cotas so inclúen as viaxes e non a comida nin outros gastos como entradas que son asumidos polos propios viaxeiros.
Sábado 23 de Xullo – Caaveiro
Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.
Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán
Sábado 13 de Agosto – Sobrado dos Monxes
Sábado 20 de Agosto – Monumento Natural Costa de Dexo.
Sábado 27 de Agosto – Ortegal
Concretaremos en agosto os días e visitas do mes de Setembro
Fin de semana do 3 e 4 – Museo do Humor (Fene) e castelos.
Fin de semana do 10 e 11 – El Escorial (Madrid)
Fin de semana do 17 e 18 – Castro de Elviña

A realizar en autobús.
Cota: 10 euros (Cun mínimo de 20 persoas)
Hora de saída: 9,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Visitas a Ortigueira, Bares, Cariño, San Andrés de Teixido.
Retorno previsto: 21,00

A realizar en coches particulares.
Hora de saída: 11,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Día de camiñata polo Monumento Natural Costa de Dexo no Concello de Oleiros. Percorre a franxa marítima que se atopa entre os Faros de Mera e o Porto de Lorbé. Esta franxa costeira é unha das poucas áreas naturais ben conservadas de toda a costa ártabra. Este feito, xunto á singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, e á súa xeomorfoloxía e paisaxe foron os motivos de que, no ano 2000, fose declarada Monumento Natural.
Retorno previsto: 18,00
Costa de Dexo na Galipedia

Hora de saída: 10,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Visitas a lagoa e mosteiro de Sobrado dos Monxes, ao Museo Terra de Melide e ao entorno do Castelo de Pambre.
Retorno previsto: 20,00
A realizar en autobús.
Cota: 10 euros (Cun mínimo de 20 persoas)
Hora de saída: 10,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Visitas a lagoa e mosteiro de Sobrado dos Monxes, ao Museo Terra de Melide e ao entorno do Castelo de Pambre.
Retorno previsto: 20,00
Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán
Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán
A realizar en coches particulares.
Hora de saída: 11,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Día de camiñata por Betanzos.
Retorno previsto: 18,00
Pasatempo na Galipedia
Pazo de Mariñán na Galipedia
A realizar en coches particulares.
Hora de saída: 11,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Día de camiñata por Betanzos.
Retorno previsto: 18,00
Pasatempo na Galipedia
Pazo de Mariñán na Galipedia
Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.
Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.
A realizar en autobús (cun mínimo de 20 persoas).
Cota: 10 euros
Prazo para confirmar bus: 27 de xullo.
As entradas en función do tamaño do grupo e para os tres lugares indicados variarán entre 19 ou 10,5 euros.
Hora de saída: 9,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Visitas ao xardín do Pazo de Oca, Mosteiro de Oseira e Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.
Día para coñecer tres destacados bens de interese cultural de Galicia.
Retorno previsto: 22,00
Mosteiro de Oseira na Galipedia
Pazo de Oca na Galipedia
Castro de San Cibrao de Las na Galipedia
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa
A realizar en autobús (cun mínimo de 20 persoas).
Cota: 10 euros
Prazo para confirmar bus: 27 de xullo.
As entradas en función do tamaño do grupo e para os tres lugares indicados variarán entre 19 ou 10,5 euros.
Hora de saída: 9,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Visitas ao xardín do Pazo de Oca, Mosteiro de Oseira e Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.
Día para coñecer tres destacados bens de interese cultural de Galicia.
Retorno previsto: 22,00
Mosteiro de Oseira na Galipedia
Pazo de Oca na Galipedia
Castro de San Cibrao de Las na Galipedia
Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa
Sábado 23 de Xullo – Caaveiro
Sábado 23 de Xullo – Caaveiro
A realizar en coches particulares.
Hora de saída: 10,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)
Día de camiñatas pola Fraga de Caaveiro.
Retorno previsto: 22,00
Realizaremos o acceso ás fragas do Eume pola localidade de Pontedeume.
Os bosques de ribeira que se estenden a ambas as beiras do río Eume están considerados como un dos mellores expoñentes de bosque atlántico en Europa, tanto pola súa extensión como pola calidade dos seus valores naturais.

venres, 15 de xullo de 2016
Mellora o teu xadrez!
Do 18 ao 22 de xullo de 2016.
11,00 - 14,00
Centro Universitario de Riazor
XADREZ. CURSO DE NIVEL II.
Mellora o teu xadrez co curso con Walter López como monitor.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Poden anotarse no correo cidu@xadrezuniversitario.org
Nas semanas seguintes:
ESTRATEXIA.
Do luns 1 de
agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos
conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.
xadrez. finais.
Do luns 8 de
agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos
finais de partidas en xadrez.
martes, 12 de xullo de 2016
Visitas a realizar no verán
Xullo
16 – Barbanza (Ribeira)
23 – Caaveiro
30 – O Carballiño – Ribeiro (Pazo de Oca / Mosteiro de Oseira)
Agosto
6 – Pasatempo / Betanzos / Mariñán
13 – Melide (con Sobrado dos Monxes)
20 – Seixo Branco. Ruta por Mera.
27 – Ortegal
Setembro (máis tarde concretaremos as datas deste mes)
3-4 – Museo do Humor (Fene)
10-11 – El Escorial (Madrid)
17-18– Castro de Elviña

domingo, 3 de xullo de 2016
SEMANA DE XOGOS
Acción conxunta das entidades CIDU, INCUDE e SCD PALAESTRA.
Do 4 ao 8 de xullo de 2016.
11,00 - 14,00
Centro Universitario de Riazor
DIA DE XADREZ
Explicación básica das normas do xadrez e algunhas variantes lúdicas do mesmo.
DIA DAS DAMAS
Explicación do xogo das damas e a diversidade de normas. Variantes lúdicas.
DIA DO DOMINO
Explicación do xogo do dominó. Xogos coas fichas.
DIA DOS XOGOS EN INGLES
Repaso a diferentes xogos pero empregando unicamente o inglés.
DIA DE TORNEOS
Último día realización de torneos dos xogos vistos durante a semana.
A orde dos días pode variar por necesidades organizativas.
Realizaremos algunha actividade complementaria como a inclusión de noticias do curso en internet e a participación opcional nun torneo con maiores de dominó o martes ás 19,30 e de xadrez o venres ás 20,30.
Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Agasallo no curso: Pequeno xogo de xadrez.

venres, 1 de xullo de 2016
RETOMAMOS AS ACTIVIDADES
Dende CIDU e INCUDE agradecemos as mensaxes de pésame recibidas e comunicamos que se recuperan as actividades suspendidas dende o vindeiro luns.
Actividades dunha semana de duración de luns a venres e de 11,00 a 14,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.
Semana de Xogos Básicos II.
Xadrez. curso de nivel i.
Cota de participación: 25 euros por curso.
Actividades dunha semana de duración de luns a venres e de 11,00 a 14,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.
Semana de Xogos Básicos II.
Do luns 4 de
xullo ao venres 8 de xullo.
Iniciación e pequenos torneos con xogos tradicionais.
(Xadrez, damas clásicas, dominó...)
Nas semanas seguintes:
(Xadrez, damas clásicas, dominó...)
Xadrez. curso de nivel i.
Do luns 11 de
xullo ao venres 15 de xullo.
Curso de
iniciación ao xadrez.
Xadrez. curso de nivel Ii.
Do luns 18 de
xullo ao venres 22 de xullo.
Curso de mellora
no xadrez.
ESTRATEXIA.
Do luns 1 de
agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos
conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.
xadrez. finais.
Do luns 8 de
agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos
finais de partidas en xadrez.
Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de
participantes por grupo: 8
Mínimo de
participantes por grupo: 4
Poden anotarse no
correo cidu@xadrezuniversitario.org
domingo, 26 de xuño de 2016
LOITO EN INCUDE
Hoxe faleceu de maneira sorpresiva o secretario e anterior vicepresidente de Iniciativas Culturais e Deportivas (INCUDE).
O falecemento, do que se fixeron eco varios medios de comunicación, produciuse mentres conducía cara Cee para explicar as obras de reforma dunha igrexa en compañía da súa muller e fillas.
(Noticia na Voz)
(Noticia na Voz)
Diego García-Muñoz foi un dos refundadores da nosa asociación en 2012 cando facía os seus estudos de doutoramento en Arquitectura. Na actualidade ocupaba a Secretaría da asociación, asi como a vicepresidencia no noso club irmán CIDU do que fora tamén un dos seus fundadores. O CIDU é o club máis activo do xadrez coruñés e nos últimos anos Diego apostara polo fomento do xadrez escolar.
As dúas entidades nas que era directivo decidimos suspender as actividades previstas para os próximos días.
A foto é do pasado mes de maio no que gañou o Torneo do Día da Ciencia na Rúa.
Botaremos de menos a súa continua disposición para colaborar nas actividades da asociación, pero sobre todo será imposible esquecer a súa bonhomia.
A nosa mensaxe de apoio á sua familia, especialmente a Nela, Noa e Vera, neste momento tan difícil.
venres, 24 de xuño de 2016
Semanas de xogos
Actividades dunha
semana de duración de luns a venres e de 11,00 a 14,00 na antiga cafetería do Centro Universitario
de Riazor.
Cota de participación: 25 euros por curso.
1. Semana de Xogos Básicos I.
Do luns 27 de
xuño ao venres 1 de xullo.
Tangram,
solitarios de taboleiro redondo, damas chinesas...
Para as videiras semanas:
2. Semana de Xogos Básicos II.
Para as videiras semanas:
2. Semana de Xogos Básicos II.
Do luns 4 de
xullo ao venres 8 de xullo.
Xadrez, damas
clásicas, dominó...
3. Xadrez. curso de nivel i.
Do luns 11 de
xullo ao venres 15 de xullo.
Curso de
iniciación ao xadrez.
4. Xadrez. curso de nivel Ii.
Do luns 18 de
xullo ao venres 22 de xullo.
Curso de mellora
no xadrez.
5. ESTRATEXIA.
Do luns 1 de
agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos
conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.
6. xadrez. finais.
Do luns 8 de
agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos
finais de partidas en xadrez.
Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de
participantes por grupo: 8
Mínimo de
participantes por grupo: 4
Poden anotarse no
correo cidu@xadrezuniversitario.org
xoves, 2 de xuño de 2016
III Olimpiada de Xogos Mentais
Un novo ano e unha nova edición das Olimpiadas de Xogos Mentais. Nesta ocasión repítense algúns torneos pero tamén aproveitamos para introducir outros, como o famoso xogo de mesa Cluedo. Aquí tes a lista de torneos:
TORNEO DE TUTE
Martes 7 de xuño
ás 19,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.
TORNEO DE
PARTIDAS SEMIRRAPIDAS DE XADREZ DA UDC
Mércores 8 e 15
de xuño ás 19,30 no Pavillón de Deportes de Elviña
TORNEO DE XADREZ
ANIVERSARIO DE INCUDE
Venres 10 de xuño
ás 20,30 na sala de xadrez do Centro Universitario de Riazor.
TORNEO DE XOGO DE
TRONOS
Domingo 12 de
xuño ás 18,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.
TORNEO DE DOMINO
Martes 14 e 21 de
xuño ás 19,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.
TORNEO DE CLUEDO
Venres 17 de xuño
ás 20,30 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.
TORNEO DE AGE OF
EMPIRES
Domingo 19 de
xuño ás 18,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.
TORNEO DE
PARTIDAS RAPIDAS DE XADREZ DA UDC
Mércores 22 de
xuño ás 19,30 no Pavillón de Deportes de Elviña.
O gañador de cada torneo recibirá un trofeo e así mesmo os tres primeiros na clasificación xeral recibirán outro. A data de entrega dos trofeos aínda está por determinar.
xoves, 14 de abril de 2016
Primeira sesión do taller de impresión en 3D
Mañá venres 15 de abril a asociación INCUDE realizará a primeira sesión do taller de impresión 3D na sala de Bricolabs, situada na Domus. Poderás ver o funcionamento da impresora 3D ademais de poder observar outros proxectos que membros de Bricolabs están construíndo na mesma sala.
Se tes curiosidade por ver a impresora 3D debes chegar ás 17,30 para entrar todos xuntos. Daremos 10 minutos de marxe e despois subiremos á sala. Vémonos mañá!
Se tes curiosidade por ver a impresora 3D debes chegar ás 17,30 para entrar todos xuntos. Daremos 10 minutos de marxe e despois subiremos á sala. Vémonos mañá!
luns, 21 de marzo de 2016
Asamblea xeral ordinaria e extraordinaria de INCUDE do 14 de marzo de 2016
Asamblea xeral ordinaria e extraordinaria de INCUDE do 14 de marzo de 2016:
Reuníronse os seguintes socios da asociación:
Daniel Codesido Sánchez
Belén Ferreiro López
Diego García- Muñoz Vaquero
María Cendán Castillo
Elena Lirola Walton
Reuníronse os seguintes socios da asociación:
Daniel Codesido Sánchez
Belén Ferreiro López
Diego García- Muñoz Vaquero
María Cendán Castillo
Elena Lirola Walton
José Manuel Andión Fernández
Os puntos da asemblea ordinaria foron os seguintes:
1. Lectura e aprobación da acta anterior
2. Presentación e aprobación das contas da asociación:
O activo a 14 de marzo de 2016 era de 20205,55 euros correspondentes a 83,85 euros de Patrimonio Neto e 2121,70 euros de débeda con socios da asociación.

Durante 2015 a asociación ingresou 133 euros por cuotas de socios e de participación nas actividades da asociación e 997,50 euros como subvención da Deputación da Coruña por actividades realizadas en 2014. Os gastos foron de 1435,01 euros. As pérdidas foron de 304,51 euros.
3. Presentación de memoria de actividades no ano 2015 e propostas para o curso 2016
As actividades para este curso son:
-Taller de impresión en 3D unha vez a mes.
-Visitas ao Muncyt e ao castro de Elviña
-Viaxes culturais ao Castelo Monterrei, Baroña, Pazo de Oca e ao Mosteiro de Oseria
-III Olimpiada de Xogos Mentais no mes de xuño.
-IV Torneo de Xadrez e Liña a partir do mes de setembro.

4. Aprobación da pertenza á Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (ASENCUDEGA)
5. Comunicación das obrigas sobre a LOPD á nova directiva.
6. Aprobación dunha lista de persoas que poden pedir chaves das instalacións cedidas a INCUDE.
O único punto tratado na Asemblea extraordinaria fio o seguinte
1. Elección por unanimidade da nova directiva de INCUDE:
Presidente: Daniel Codesido Sánchez
Vicepresident: Belén Ferreiro López
Secretario: Diego García-Muñoz Vaquero
Tesoureira: María Cendán Castillo
Vogal: Elena Lirola Walton
Presidente: Daniel Codesido Sánchez
Vicepresident: Belén Ferreiro López
Secretario: Diego García-Muñoz Vaquero
Tesoureira: María Cendán Castillo
Vogal: Elena Lirola Walton
domingo, 28 de febreiro de 2016
Convocatoria de asambleas xerais ordinarias e extraordinarias
Estimado/a Socio/a:
Pola presente
informamos de que o presidente desta entidade ven de convocar
AS ASEMBLEAS XERAIS ORDINARIA E EXTRAORDINARIA
desta
Asociación, que se desenvolverán o luns día 14 de marzo do ano en curso ás 11,00 horas en primeira convocatoria e ás 11,30 horas do mesmo día en segunda e última no sala de reunións do SAPE no LERD, situado fronte á Facultade de Camiños no campus de Elviña.
A
Asemblea Ordinaria terá coma
ORDE DO DÍA:
1 - Lectura e
aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
2 - Balance
de Gastos e Ingresos do ano 2015.
3 -
Orzamentos do 2016.
4 - Memoria
de Actividades desenvoltas no 2015.
5 - Proxecto
de actuacións para o 2016.
6 - Pertenza á Asociación de Entidades Culturais e Deportivas de Galicia (ASENCUDEGA)
7 - Cumprimento da Lei Orgánica de Protección de Datos.
8 - Uso de local cedido pola UDC.
9 - Quenda aberta de intervencións.
A
continuación realizarase a de carácter extraordinario, coa seguinte
ORDE DO DÍA:
1 - Lectura e
aprobación, se procede, da Acta da Asemblea anterior.
2 - Elección
de Presidente e Xunta Directiva.
3 - Quenda aberta de intervencións.
3 - Quenda aberta de intervencións.
Agardamos a
súa presenza e participación nestas xuntanzas.
Santiago Domínguez
Secretario
mércores, 3 de febreiro de 2016
Resultados do concurso A CORUÑA EN SEPIA
Debido á baixa participación no II concurso A Coruña en sepia, o xurado encargado de elixir os gañadores decidiu declarar baleiros os tres premios do concurso. Pedimos desculpas para aquelas persoas que se vexan afectadas por esta decisión.
Non obstante, seguimos animándovos a acompañarnos nas vindeiras actividades culturais que faga a asociación.
Non obstante, seguimos animándovos a acompañarnos nas vindeiras actividades culturais que faga a asociación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)