domingo, 29 de outubro de 2023

Nova Xunta Directiva

Hai uns días, aproveitando a Xornada da Benvida, realizamos o cambio de Xunta Directiva que veu xa aprobado pola Xunta. A nova dirección queda formada por Iago Soto (presidente), Jaime Arangüena (videpresidente), Anxo Carreira (secretario), Pablo Furelos (tesoureiro) e Luca Grygar (vogal).

Dar as grazas aos anteriores directivos polo traballo realizado nesta entidade que está vivindo 30 anos de historia.

mércores, 18 de outubro de 2023

Domingo... La Palma e La Bailadora

O próximo domingo imos a visitar a zona de Mugardos e Ares cerca do Campus de Ferrol.

Dende INCUDE propoñemos que veñades con nós:

10,00: Saída dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara)
11,00: Saída dende o Campus de Ferrol (Esteiro)
11,30: Chegada as inmediacións do Castelo da Palma

Como noutras ocasións a actividade non é única. A xente ten a opción de decidir que fai durante a xornada, que rematará ás 20,00 no Museo Caldoval en Mugardos, hora na que o autobus que poñemos en INCUDE retornará a Ferrol e A Coruña.

Propoñemos dúas opcións:

1. Se o teu son os sendeiros os nosos colegas da Asociación Hercle queren facer esta ruta polas baterías de costa:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-circular-ensenada-do-bano-mirador-de-bailadora-pta-do-segano-castillos-de-ferrol-mugardos-cost-82644012

2. Pero se queres facer algo mais calmado pódese ir andando dende o Castelo ata Mugardos, onde pola tarde teremos tres accións con xogos:
16:30 Torneo 4 en raia
17,00 Torneo de Carcasonne
18,00 Torneo de Xadrez

PREME PARA ANOTARTE


venres, 13 de outubro de 2023

Celanova este sábado.

Este sábado imos a Celanova
Participa nas actividades que temos programadas na Casa dos Poetas.
16,00: Torneo de Damas
17,00: Torneo de 4 en raia
18,00: Torneo de Xadrez
Se queres vir dende A Coruña teremos un bus gartuíto que sairá as 11,00 do Centro Universitario de Riazor e pasará por Santiago (se hai xente interesada alí) ás 12,00 (na zona de estación de tren).
Os que desexen visitar a zona en vez de xogar terán opción de facer algún dos sendeiros pola poboación ou arredores.
Podes pedir mais información no whatsapp 654 60 37 16
Na imaxe pode verse unha das tazas que daremos aos gañadores en cada proba, cunha reproducción das pezas de San Rosendo.

mércores, 11 de outubro de 2023

Próximas actividades

Neste mes de outubro temos prevista a realización de distintas actividades:

Xeira a Celanova. O vindeiro sábado 14 de outubro iremos a Celanova. O bus sairá do Centro Universitario de Riazor ás 11,00 e teremos actividades diversas alí. O bus e gratuito e a comida corre por conta de cada un dos viaxeiros. Podes ver a actividade en www.asombrate.es

Torneo de LOL. Convocamos tamén un torneo de LOL 1vs1. Tes as bases nesta web.

E no caso do xadrez, a nos actividade mais salientable, estamos a traballar para iniciar pronto actividades no Campus de Ferrol e imos reforzar a nosa actividade no Campus da Coruña coa organización de clases os mércores ás 18,00 no Centro Universitario de Riazor. A final de mes e a principio de novembro empezaremos cos torneos habituais. 

martes, 10 de outubro de 2023

Torneo de LOL

Imos facer un Torneo de LOL. Para participar será necesario necesario estar unido ao servidor de Discord que facilitemos e formar parte da UDC, polo que se pedirá o correo na inscrición aos participantes.

As bases as tes nesta liagazón:


o formulario de inscrición o tes aquí: