domingo, 26 de xuño de 2016

LOITO EN INCUDE


Hoxe faleceu de maneira sorpresiva o secretario e anterior vicepresidente de Iniciativas Culturais e Deportivas (INCUDE).

O falecemento, do que se fixeron eco varios medios de comunicación, produciuse mentres conducía cara Cee para explicar as obras de reforma dunha igrexa en compañía da súa muller e fillas.
(Noticia na Voz)

Diego García-Muñoz foi un dos refundadores da nosa asociación en 2012 cando facía os seus estudos de doutoramento en Arquitectura. Na actualidade ocupaba a Secretaría da asociación, asi como a vicepresidencia no noso club irmán CIDU do que fora tamén un dos seus fundadores. O CIDU é o club máis activo do xadrez coruñés e nos últimos anos Diego apostara polo fomento do xadrez escolar.

As dúas entidades nas que era directivo decidimos suspender as actividades previstas para os próximos días.

A foto é do pasado mes de maio no que gañou o Torneo do Día da Ciencia na Rúa.

Botaremos de menos a súa continua disposición para colaborar nas actividades da asociación, pero sobre todo será imposible esquecer a súa bonhomia.

A nosa mensaxe de apoio á sua familia, especialmente a Nela, Noa e Vera, neste momento tan difícil.

venres, 24 de xuño de 2016

Semanas de xogos

Actividades dunha semana de duración de luns a venres e de 11,00 a 14,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.


1. Semana de Xogos Básicos I.
Do luns 27 de xuño ao venres 1 de xullo.
Tangram, solitarios de taboleiro redondo, damas chinesas...

Para as videiras semanas:

2. Semana de Xogos Básicos II.
Do luns 4 de xullo ao venres 8 de xullo.
Xadrez, damas clásicas, dominó...

3. Xadrez. curso de nivel i.
Do luns 11 de xullo ao venres 15 de xullo.
Curso de iniciación ao xadrez.

4. Xadrez. curso de nivel Ii.
Do luns 18 de xullo ao venres 22 de xullo.
Curso de mellora no xadrez.

5. ESTRATEXIA.
Do luns 1 de agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.

6. xadrez. finais.
Do luns 8 de agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos finais de partidas en xadrez.

Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Poden anotarse no correo cidu@xadrezuniversitario.org

xoves, 2 de xuño de 2016

III Olimpiada de Xogos Mentais

Un novo ano e unha nova edición das Olimpiadas de Xogos Mentais. Nesta ocasión repítense algúns torneos pero tamén aproveitamos para introducir outros, como o famoso xogo de mesa Cluedo. Aquí tes a lista de torneos:



TORNEO DE TUTE

Martes 7 de xuño ás 19,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.


TORNEO DE PARTIDAS SEMIRRAPIDAS DE XADREZ DA UDC
Mércores 8 e 15 de xuño ás 19,30 no Pavillón de Deportes de Elviña

TORNEO DE XADREZ ANIVERSARIO DE INCUDE
Venres 10 de xuño ás 20,30 na sala de xadrez do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE XOGO DE TRONOS
Domingo 12 de xuño ás 18,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE DOMINO
Martes 14 e 21 de xuño ás 19,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE CLUEDO
Venres 17 de xuño ás 20,30 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE AGE OF EMPIRES
Domingo 19 de xuño ás 18,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

TORNEO DE PARTIDAS RAPIDAS DE XADREZ DA UDC
Mércores 22 de xuño ás 19,30 no Pavillón de Deportes de Elviña.


O gañador de cada torneo recibirá un trofeo e así mesmo os tres primeiros na clasificación xeral recibirán outro. A data de entrega dos trofeos aínda está por determinar.