sábado, 29 de outubro de 2022

Segundo día do Samain

Nesta xornada de sábado temos dúas actividades.
Unha para rapaces sub 12; a terceira xornada da Liga AGAX e outro o Torneo Rei de Mesa.

Sábado 29.

LIGA AGAX ONLINE SUB 12
16,00 - 17,00 aprox. en Lichess.

TORNEO REI DE MESA
16,45 - 19,30 aprox. en Vila Concepción (Cambre). 


domingo, 23 de outubro de 2022

SAMAIN 2022

Como ven sendo habitual na nosa entidade coas datas de Samain / Halloween facemos unha serie de actividades que conforman a Xornada Lúdica do Samaín.

Cada proba é independente pero ao mellor da suma de catro delas darémoslle o trofeo das Xornadas Lúdicas.

Case todas son de xadrez, xa que a actividade é do noso club, pero tamén temos algunhas iniciativas doutro tipo que complementan as principais.

E antes do inicio tentaremos meter algunha cousa mais... así que mira está páxina estes días.

Venres 28.
Actividade 1: CIRCUITO DE OUTONO
Organiza asociación universitaria INCUDE
20,00 – 21,00 no Centro Comercial Los Rosales. Cota de 1 euro.
Torneo amigable de cinco partidas de cinco minutos durante unha hora.

Sábado 29.
Actividade 2: TORNEO REI DE MESA
Organizan Sigrás, Xadrez das Mariñas e Asociación Galega de Xadrecistas
16,45 - 19,30 aprox. en Vila Concepción (Cambre). Mais info en www.xadrecista.eu.
Torneo amigable de partidas de cinco minutos ou menos e cunhas normas peculiares. Trofeos para os tres primeiros.

Domingo 30.
Actividade 3: COPA AGAX ONLINE
Organiza Asociación Galega de Xadrecistas
20,00 - 21,00 na plataforma Lichess. Mais info en www.xadrecista.eu.
Torneo amigable de partidas de cinco minutos durante unha hora. Trofeo para o vencedor.

Lunes 31.
Actividade 4: TORNEO 960 OU FISCHERRANDOM
Organiza asociación universitaria INCUDE e SCD Palaestra.
19,30 – 21,00 aprox. no Centro Comercial Los Rosales
Torneo amigable de cinco partidas de cinco minutos.
O xadrez FischerRandom é unha modalidade na que se sortea a colocación inicial das pezas.
Cota: 1 kilo de arroz ou pasta.
Trofeo para o primeiro clasificado.

Martes 1.
Actividade 5: COPA AGAX E TORNEO TÓDOLOS SANTOS
Organiza Asociación Galega de Xadrecistas
16,00 – 21,00 no Centro Comercial Los Rosales.
Dous torneos simultáneos. Mais info en www.xadrecista.eu.

Viernes 4
Actividade 6: CIRCUITO DE OUTONO
Organiza asociación universitaria INCUDE
20,00 – 21,00 no Centro Comercial Los Rosales. Cota de 1 euro.
Torneo amigable de cinco partidas de cinco minutos durante unha hora.

Pasa pola web para ver as novidades que vaiamos tendo estes días.