luns, 19 de outubro de 2015

Actividades de INCUDE no inicio deste curso

Neste curso 2015/2016 que comeza, dende INCUDE queremos continuar a promover a cultura e o deporte entre os membros da comunidade universitaria da UDC. Estas son as actividades que propoñemos!

UNHA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DIFERENTE
Queres facer un Camiño de Santiago distinto? Sairemos da Coruña este sábado 24 a partires das 11:00 recolléndovos en autobús en varios puntos da cidade. A nosa primeira parada será na Ponte Maceira para descubrir este conxunto monumental do Camiño de Fisterra, e pasaremos a tarde en Santiago facendo a “Ruta I Camiño, un camiño nos Camiños de Santiago”. Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es antes do rcores 21!

XADREZ EN LIÑA
A terceira edición do Torneo de Xadrez en Liña, que o ano pasado xuntou a un bo grupo de xadrecistas, está a piques de comezar.
Podes anotarte ata o 23 de outubro enviándonos a incude@udc.es o teu nome de usuario na plataforma chess.com
Podes ver as bases completas aquí

CLASES DE XADREZ
INCUDE colabora coa Escola Universitaria de Xadrez. O horario será de 19:30 a 21:30 todos os rcores de outubro a xuño no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña. Apúntate!
Se ese horario non che ven ben, tamén podes apuntarte ás nosas clases no Centro Universitario de Riazor (CUR):
Venres:
16,30 — 17,30: Xadrez de iniciación para rapaces (1º - 2º de primaria).
17,30 — 18,30: Xadrez de iniciación para rapaces (6 e 7 anos).
19,30 — 20,30: Xadrez de perfeccionamento para adultos (cursos temporais).
bados:
12,00 — 13,00: Xadrez de para rapaces (con algo de experiencia).
13,00 — 14,00: Xadrez práctico.
En caso de estar interesados noutros horarios escríbanos ao noso enderezo electrónico incude@udc.es.
Tamén dispoñemos dun club federado por se queres xogar a Liga Galega por Equipos.
E, se queres simplemente xogar unhas partidas amistosas, pásate pola Sala de Xadrez no CUR os venres de 19:30 a 21:30. Sen ningún compromiso!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “A CORUÑA EN SEPIA”
Ampliamos o prazo para remitir as fotografías da segunda edición do concurso “A Coruña en Sepia”! Tes ata o próximo 30 de outubro!
Podes ver as bases aquí e todas as fotografías a recrear aquí

CONCURSO DE CREACIÓN DUN XOGO DE MESA
INCUDE organiza un concurso de creación dun xogo de mesa que poida fabricarse cunha impresora 3D. O premio para o gañador será a fabricación gratuita do seu propio xogo.
Podes presentar a túa proposta ata o 18 de decembro e tes as bases aquí.

TORNEO DE OUTONO DE XADREZ
En novembro e decembro a nosa entidade organiza varios torneos de xadrez coa axuda do Sporting Club Casino. 
O primeiro deles será o Torneo de Outono o vindeiro domingo 15 de novembro. Próximamente terás todos os torneos na nosa web http://incude.udc.es/.
Na ceremonia de clausura, ás 20:30, tamén faremos as entregas de premios do II Torneo de Xadrez en Liña e o II Concurso “A Coruña en Sepia”

III Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

INCUDE, continuando no seu labor de fomentar as actividades culturais e deportivas na UDC, quere convidarte desta vez a participar no III Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña.


Bases do III Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña:


1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Asimesmo, poderán participar tamén os alumnos da Escola Universitaria de Xadrez, os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil de chess.com.

3. O torneo dará comezo o 26 de outubro de 2015. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 23 de outubro. Calquera dúbida ou suxerencia pódese mandar a mesma conta incude@udc.es.

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.

6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.

8. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

I Concurso de Creación dun Xogo de Mesa

INCUDE, na procura de fomentar a cultura e a creatividade no marco das novas tecnoloxías, convoca o seu primeiro concurso de creación dun xogo de mesa coas seguintes bases:

1. O xogo deberá ter unha temática galega. Galicia deberá estar presente no xogo e deberán estar presentes valores como a súa cultura (nun contexto amplo), a súa historia, a súa xeografía ou a súa identidade.

2. Deberá ser posible fabricar a meirande parte das pezas do xogo cunha impresora 3D. Tamén está permitido o uso dunha impresora normal para material de apoio: taboleiro, tarxetas, instruccións, etc.

3. Os deseños das pezas que se vaian fabricar na impresora 3D poderán estar bosquexados de maneira libre na proposta. Non será preciso proporcionar os deseños detallados agás no caso do gañador.

4. O formato de entrega da proposta é completamente libre: pode facerse tanto en papel como íntegramente en formato dixital (preferiblemente PDF).

5. Valoraranse, a partes iguais, estes tres factores: a adaptación do xogo para a fabricación nunha impresora 3D, a representación da identidade galega, e a creatividade e orixinalidade.

6. O prazo de entrega rematará o 18 de decembro do 2015.

7. A proposta deberá mandarse ao correo electrónico incude@udc.es antes da data límite. Se hai documentación en formato físico (papel ou outros), pode enviarse a:


Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) 
Centro Universitario de Riazor 
Rúa Almirante Lángara, s/n 
15011 A Coruña 

8. O premio para o primeiro clasificado será a fabricación do xogo na devandita impresora 3D de forma gratuita e a súa divulgación.

9. A propiedade intelectual do xogo pertencerá ao seu creador. Non obstante, este cederá os dereitos a INCUDE para a súa divulgación e a súa fabricación durante o primeiro ano.