Comezou por fin o II Campionato el liña da UDC. Foron en total 40 os inscritos ao campionato, dos que comezaron finalmente 38. Xogaranse en 5 grupos dos que pasarán os dous mellores de cada grupo á fase final.
Destacada participación dos universitarios da facultade de informática, que a elevan á cifra de 13 xogadores. Outros centros con variada participación son os de economía e empresa con ata 7 xogadores, ciencias con 4 e arquitectura con 3.
venres, 17 de outubro de 2014
sábado, 11 de outubro de 2014
Visita ao Castelo de Santa Cruz e ao CEIDA
Hoxe, día 11
de outubro de 2014, tivo lugar a visita ao Castelo de Santa Cruz dentro das iniciativas para o fomento
da cultura e do coñecemento do patrimonio histórico de Galicia.
O Castelo de
Santa Cruz esta situado e pertence ao concello de Oleiros. Tratase dunha illa
no golfo Ártabro unida por unha pasarela, aínda que ao chegar a marea estaba
baixa e permitía que se puidese chegar pola area.
Na visita
contamos coas inestimables explicacións dunha especialista do Centro de Extensión
Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Tivemos ocasión de coñecer a
historia do castelo dende o motivo da súa construción, despois do asalto do
pirata Francis Drake, ata as diversas remodelacións. Dentro das lendas que
rodean a este castelo está a do canón "Barraco" que se di que
nunca puido sacarse da illa e posiblemente estea enterrado na mesma.
Outro dato
curioso que nos deixou esta visita foi poder ver o único pombal soterrado de
Galicia que, por certo, aínda ten pombas que habitan tan orixinal lugar.
Os asistentes concluímos que foi unha visita moi interesante.
Dende INCUDE esperamos poder ofrecer mais iniciativas desta índole, tal e como
nos solicitaron gran parte dos asistentes.
luns, 6 de outubro de 2014
Últimos días para apuntarse as nosas excursións

Este MERCORES 8 DE OUTUBRO remata o prazo para reservar praza nas nosas excursións!
A pasada excursión ao Castro de Elviña tivo boa participación. e o vindeiro fin de semana temos dúas propostas diferentes
Sábado 11 de outubro: O CEIDA
Situado no Castelo de Santa Cruz, é o Centro de divulgación ambiental da Universidade.
Faremos unha visita guiada saíndo en autobús do Centro Universitario de Riazor ás 11,00.
Mándanos o teu nome e centro a incude@udc.es
Domingo 12 de outubro: SAN FROILÁN
É o chamado Domingo das Mozas.
A idea é sair para estar en Lugo ás 12,00 e partir de Lugo de regreso sobre as 19,30.
Deberíamos visitar a Domus do Mitreo, por aquelo de ver o que fan culturalmente outras Universidades Galegas. Pero o certo é que este día hai un amplo programa de actividades:
Feira de antigüidades e coleccionismo, actividades de cestería, Feira Medieval, Misa en latín, Espectáculo de pompas de xabón e varios outros.
Mándanos o teu nome e centro a incude@udc.es
E lembra que o 10 de outubro remata o prazo para inscribirse na segunda edición do Torneo de Xadrez en liña. Tes todos os detalles en http://iniciativasuniversitarias.blogspot.com.es/2014/09/ii-campionato-interno-de-xadrez-en-lina.html
xoves, 25 de setembro de 2014
II Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña
INCUDE, continuando no seu labor de fomentar as actividades culturais e deportivas na UDC, quere convidarte desta vez a participar no II Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña.
Bases do II Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña:
1. Poderán participar tódolos membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Así mesmo poderán participar tamén os membros da escola universitaria de xadrez e os socios de INCUDE.
2. A plataforma de xogo será a de www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta, completamente gratuíta, na devandita páxina, e poderán xogar as partidas tanto vía web como nas aplicacións gratuítas para móbil de chess.com.
3. O torneo dará comezo o 15 de outubro de 2014. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro e usuario en chess.com antes do 10 de outubro. Para calquera dúbida ou suxerencia pódese mandar a mesma conta incude@udc.es.
4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.
5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen tódolos grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra tódolos rivais a vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria.
6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.
7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger), e de ser necesario os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.
7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo.
8. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.
10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros.
11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.
SE QUERES PARTICIPAR NOUTRAS ACTIVIDADES DO NOSO EQUIPO DE XADREZ PASATE POLO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR OS VENRES ÁS 19,30 HORAS OU APÚNTATE Á ESCOLA UNIVERSITARIA DE XADREZ QUE TEN LUGAR OS MÉRCORES AS 19:30 NO PAVILLÓN DE DEPORTES DE ELVIÑA

Xornada de Fotografía
O venres 26 de setembro invitamos a todos a reunirse na Sala de Xadrez do Centro Universitario de Riazor ás 17,30 e sair a facer fotos.
Buscamos que a xente faga as mesmas co encuadre das publicadas na nosa web para deste xeito contemplar a evolución da cidade.
Non é necesario ter coñecementos de fotografía nin ter unha boa cámara, mais si perspicacia para saber onde están feitas algunhas delas.
Lembra que para entregar as fotos o prazo remata o 30 de setembro.
mércores, 3 de setembro de 2014
Concurso de fotografía
Aqui están todas as fotografías do Concurso.
Durante todo o mes de setembro hai a oportunidade de enviar as fotos.
Intentaremos organizar un destes días un safari fotográfico para quen prefira ir en grupo a localizar estes espazos.
Durante todo o mes de setembro hai a oportunidade de enviar as fotos.
Intentaremos organizar un destes días un safari fotográfico para quen prefira ir en grupo a localizar estes espazos.
luns, 1 de setembro de 2014
Concurso de fotografía
Derradeira entrega do concurso de fotografía. Aínda que non o parezca, din que o edificio da foto superior estaba na cidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)