Hoxe, día 11
de outubro de 2014, tivo lugar a visita ao Castelo de Santa Cruz dentro das iniciativas para o fomento
da cultura e do coñecemento do patrimonio histórico de Galicia.
O Castelo de
Santa Cruz esta situado e pertence ao concello de Oleiros. Tratase dunha illa
no golfo Ártabro unida por unha pasarela, aínda que ao chegar a marea estaba
baixa e permitía que se puidese chegar pola area.

Outro dato
curioso que nos deixou esta visita foi poder ver o único pombal soterrado de
Galicia que, por certo, aínda ten pombas que habitan tan orixinal lugar.
Os asistentes concluímos que foi unha visita moi interesante.
Dende INCUDE esperamos poder ofrecer mais iniciativas desta índole, tal e como
nos solicitaron gran parte dos asistentes.