mércores, 20 de novembro de 2013

Desenrolo do Campionato en liña

A estas alturas do Campionato, vanse aclarando xa bastantes cousas.

No grupo 1 temos xa clasificados aos xogadores Santymagno e Pampin. A terceira praza está un pouco máis disputada. O favorito a esa praza e danidt, xogador do CIDU, pero poderían disputarlle a praza xogadores coma adribeta1995 ou lnewcas, ainda que o teñen moi difícil.

No grupo 2 están xa clasificados diosdelmambo e chouso. Pola terceira posición, unha vez retirada a mellor xogadora do torneo, maria_castro, hai unha loita moi pechada entre jmandion e ecs41, ambos ex-xogadores de equipos de AGAX. A ida a gañou jmandion e nestes momentos é clave a partida que están a disputar estes xogadores.

No grupo 3 hai unha loita encarnizada entre varios dos xogadores. O que mais fácil o ten é TheRealTod, que gañou os seus principales xogadores. Tamén está a xogar moi ben LoLTheoretician para clasificarse. Con menos partidas pero paso firme está tamén zerdeja1960, outro xogador do CIDU. O cuarto en discordia, que comezou moi ben pero foi perdendo fol e roberto1971. Por último, gamusino, cun paso moi lento, podería ter unhas mínimas posibilidades.

Non vos perdades as partidas destes xogadores, que están a ser dunha calidades mais que boa.

domingo, 10 de novembro de 2013

En xogo o I Campionato de xadrez en liña

Xa está en xogo o I Campionato en liña da UDC. Finalmente son 33 os participantes que están a xogar, repartidos en 3 grupos de 11 cada un. Pasarán a unha final a 9 os tres mellores de cada grupo.

Estes son os links aos 3 torneos previos, por se queredes votar unha ollada as partidas:

http://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g1

http://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g2

http://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g3

Por facultades cabe destacar a ampla participación da facultade de informática, con ata 9 participantes.

Pasado o ecuador de cada grupo, van decantándose os postos que dan acceso a final, con mais ou menos 5 xogadores con posibilidades en cada grupo para as tres prazas. Cabe sinalar o grupo 3 cunha gran rivalidade onde os 5 primeiros teñen un nivel moi parello e calquera podería quedarse fora.

Como o tempo que lle dedica cada un a cada partida e moi diverso, xogadores en teoría mais febles poden gañarlle a xogadores mais fortes dedicandolle un tempo, non moito, a calcular variantes. Así, xogadores con elo fide que xogan asiduamente competicións están a caer ante xogadores en teoría inferiores.

mércores, 23 de outubro de 2013

I Campionato Interno de Xadrez en Liña

INCUDE, continuando no seu labor de fomentar as actividades culturais e deportivas na UDC, quere convidarte desta vez a participar no I Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña.


Bases:

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador.

2. O torneo dará comezo o 28 de outubro de 2013. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es dende a súa conta @udc.es indicando o seu nome, apelidos e centro, antes do 25 de outubro. INCUDE comunicará aos inscritos a plataforma que se empregará para o torneo.

3. A inscrición é gratuita e non hai límite de prazas.

4. O sistema de xogo será de doble round-robin (todos-contra-todos con ambas cores), cunha única fase definitiva.

5. O ritmo de xogo será de dous días acumulables por xogada para toda a partida, sen dereito a vacacións.

6. Os sistemas de desempate serán, por esta orde: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesaria- mente a finalización do torneo.

8. En ningún caso está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais.

9. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

SE QUERES PARTICIPAR NOUTRAS ACTIVIDADES DO NOSO EQUIPO DE XADREZ PASATE POLO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR OS VENRES ÁS 19,30 HORAS

domingo, 15 de setembro de 2013

Xuntanza de INCUDE

Celebrouse o venres 13 de setembro no CUR a Xuntanza de INCUDE, na que estiveron presentes o presidente José Manuel Andión, o vicepresidente Diego García-Muñoz, o secretario Santiago Domínguez e o tesoureiro Daniel Codesido.

Os puntos na orde do día foron os seguintes:

1. Valoración do programa de actividades culturais realizados no verán.

2. Fomento da inscrición na escola universitaria de xadrez no novo curso 2013-2014.

3. Organización do torneo en liña da UDC.

martes, 9 de xullo de 2013

Crónica da Visita ao Castro de Elviña

A visita ao Castro de Elviña tivo unha moi boa acollida entre a comunidade universitaria da UDC. Lamentamos que houbese interesados en facer a visita que non tiveron praza por chegar ao máximo permitido xa no primeiro día de inscricións. Por iso dende INCUDE repetiremos esta visita máis adiante.

Baixo un sol que se deixou ver despois de varios días anubrados, a visita do Castro permitiunos coñecer como era a vida dos poboadores da zona antes da chegada do Imperio Romano. Coñecimos as murallas que protexían o poboado e as distintas casas que o formaban. O alxibe destacou especialmente daba a súa gran profundiade e poder empregarse tamén coma pozo. A salientar tamén as fermosas vistas da cidade da Coruña.



Por último, rematar lembrándovos que a próxima visita será o próximo mércores 10 de xullo. Coñeceremos o "Tesouro de Elviña" que se atopa gardado Museo Arqueolóxico e Histórico no Castelo de San Antón. Agardámosvos ás 17:00 na porta do propio Museo!


Ver mapa nunha nova fiestra
Información da visita

sábado, 29 de xuño de 2013

Actividades de Verán

Coñeces o Castro de Elviña? Pese a estar ao lado do Campus é un grande descoñecido para moitos. Por iso dende INCUDE decidimos organizar unha visita:

Xoves 4 de xullo
Castro de Elviña
11.30 horas na Casa da Galería no Campus de Elviña.
(Máximo 30 persoas - Inscricións en incude@udc.es)

E como sabemos que moitos non coñecen outros museos e lugares destacados da cidade, queremos animarvos a facer máis visitas. Facéndoas en grupo será máis divertido! Temos previstas xa algunhas
coma:

Mércores 10 de xullo
Castelo de San Antón para coñecer o tesouro de Elviña.
17.00 na porta do propio Museo.

Mércores 14 de agosto
Casa Museo Emilia Pardo Bazán e Real Academia Galega.
12.00 horas na porta, na rúa Tabernas, 11.
Máximo 25 persoas.

Mércores 28 de agosto
Museo Militar Rexional.
17.00 horas na porta do Museo