venres, 28 de decembro de 2018

Remata o Ano con INCUDE

A nosa entidade en colaboración co Club Ludo, a S. C. D. Palaestra, o noso club de xadrez CIDU e a Asociación Hercle (outra entidade universitaria) organiza varias actividades para estes derradeiros días do ano.

Todo no Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara, s.n.)

VENRES 28

TORNEO DE XADREZ A 15 MINUTOS
De 17,00 a 19,30 aproximadamente.
Info: www.clubludo.com

SABADO 29

I TORNEO ONLINE DE CLASH ROYALE
Comenzaremos as inscricións ás 16,30 e empezaremos ás 17,30.
Podes xogar na casa ou vir ao local a xogar.
Temos un trofeo para o mellor.

TORNEO DE XADREZ A 5 MINUTOS
De 19,00 a 20,00 aproximadamente.
Info: www.clubludo.com

TORNEO DE CLUEDO
De 20,00 a 21,00 aproximadamente.

DOMINGO 30

XORNADA TACTICA. XOGOS DE MESA.

Dende 18,00 a 20,30 aproximadamente.
Partidas de Carcasonne, Mancala, e probaremos un xogo novo "Between two cities"
Trofeo para o mellor da tarde.

Cada día a cota por participar será de 1 euro.

Queres mais? Fainos suxerencias estes días ou por correo, porque estamos a pensar que facer na primeira semana do ano.

luns, 19 de novembro de 2018

Inicio do I Campionato Interno de Xadrez 960 en Liña da Universidade da Coruña

Xa está en marcha o I Campionato Interno de Xadrez 960 en Liña da Universidade da Coruña!

Os grupos, formados tentando que sexan o máis homoxéneos posible considerando a puntuación dos xogadores na plataforma chess.com e na lista ELO FIDE (no seu caso), son:

GRUPO 1:

Santymagno
zerdeja1960
albertomuras
Gauss1978
RalerCrab

https://www.chess.com/tournament/i-campionato-interno-de-xadrez-960-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-1/players


GRUPO 2:

Pampin
juanseran
luishervella
Naseiro
Novaless98

https://www.chess.com/tournament/i-campionato-interno-de-xadrez-960-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-2/players


GRUPO 3:

roberto1971
magicbrais
elpolta
adri_fox
Slyfer94

https://www.chess.com/tournament/i-campionato-interno-de-xadrez-960-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-3/players


GRUPO 4:

jmandion
lnewcas
dasegan
iacox



O primeiro de cada grupo clasificaranse para a fase final. Sorte a todos!

mércores, 24 de outubro de 2018

I Campionato Interno de Xadrez 960 en Liña da Universidade da Coruña

Bases do I Campionato Interno de Xadrez 960 en Liña da Universidade da Coruña

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os socios de INCUDE e CIDU, e o alumnado egresado da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil existentes.

3. O torneo dará comezo o 19 de novembro de 2018. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 15 de novembro.

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez e con ambas cores. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.

6. O ritmo de xogo será de un día por xogada para toda a partida, sen dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.

9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

xoves, 27 de setembro de 2018

ACCIONS CURSO 2018-2019

Aproveitando a celebración da Xornada de Benvida aos novos alumnos da UDC, queremos presentar algunhas das accións que desenvolveremos ao longo deste curso:

1. XADREZ
A actividade que deu inicio á nosa asociación. Nestes días estamos organizando as actividades para o vindeiro curso: desde clases de iniciación a torneos en liña, pasando polos torneos tradicionais e a participación na Liga de Xadrez. Podes ver as nosas actividades en www.xadrezuniversitario.org

2. XOGOS DE MESA
Xogos que van desde os clásicos xadreces xaponés e chinés aos populares xogos de Colonos de Catán e Carcasonne. No pasado 2017 INCUDE deseñou e publicou un xogo de taboleiro baseado na revolta irmandiña de 1467.

3. ESPORTS
Novidade do pasado curso 2017-2018. Realizamos diversos torneos de Clash Royale, pero estamos interesados en ampliar o número de xogos.

4. IMPRESORA 3D
Xornadas de creatividade e makers coa nosa impresora 3D. Onde facemos as pezas dos taboleiros murais de xadrez, fichas para xogos de mesa e calquera outra cousa que pase pola túa imaxinación e que a impresora sexa capaz de facer.

5. ECOLOXÍA
No pasado mes de xuño demos os primeiros pasos para crear unha entidade que teña como fin a sustentabilidade e a conservación natural.

6. PATRIMONIO HISTÓRICO
Tamén en xuño iniciamos os contactos con outras entidades da cidade para crear unha nova asociación que promova a conservación e coñecemento do patrimonio histórico.

7. ACCIÓN SOCIAL
Nos últimos anos produciuse o abandono da Universidade por motivos económicos de estudantes sen dereito a bolsa por diferentes circunstancias. INCUDE pode axudar nalgúns poucos destes casos e realizaremos tres accións:
1. Piso de xadrecistas.
Onde se axudará a membros da sección de xadrez e outros gamers, no que certos gastos do piso estarán cubertos a cambio de axudar nas actividades de INCUDE.
2. Monitores e colaboradores.
Este ano estrearemos un programa de monitores, en principio para xadrez pero con idea de amplialo a calquera outra actividade. Sabes de mecánica de coches? de cociña? de robótica? A idea é facer máis actividades e axudar aos monitores.
3. Axuda na procura de emprego.
INCUDE promoverá a creación dun ente que axude á procura de emprego aos universitarios e postuniversitarios recentes, así como a dar a coñecer entre os mesmos as diferentes axudas posibles a través de FEUGA, FUAC, Xunta e Concellos, animando á creación da Asociación de Antigos Alumnos.

8. XEIRAS
Periodicamente facemos algunha visita turística e cultural. Este curso algún anda comentando de ir ao Porto ou Lisboa. Interésache?

9. FESTAS!!
En colaboración con outras entidades e empezando coa que hoxe día 27 hai no Playa e coa que queremos dar a benvida ao novo curso.

Seguro que hai algunha destas cousas que son do teu interese e se non... por que non propoñes algo novo? Estaremos encantados de escoitarte. No noso facebook ou en incude@udc.es


luns, 23 de xullo de 2018

Fotografía con móbil

LUNS 23 DE XULLO
De 17,00 a 18,30
Centro Universitario de Rizor
Cota: 2 euros

Pequeno curso práctico de como facer mellores fotos co mobil.

Impartido por Alfonso Sangiao (http://sangiaophotography.com/)

Para participar simplemente hai que achegarse polo local de INCUDE no Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara, s.n.)

venres, 6 de xullo de 2018

ACTIVIDADE VERÁN

XORNADAS IRMANDIÑAS. ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.
Saída dende o Centro Universitario de Riazor. Sábado 7 de xullo. Todo o día dende as 9,00.
Colaboración coa festa do asalto ao castelo de Vimianzo (www.asaltoaocastelo.org)
INCUDE fará unha presentación do seu xogo Irmandiños, e haberá ás 11,30 un torneo de partidas rápidas de xadrez e de Clash Royale. Aproveitaremos o día para achegarnos a algún sitio de interese como Dombate.
Cota: Actividade libre.
Información en: incude@udc.es

PARA RAPACES: FOTOGRAFÍA BASICA
Centro Universitario de Riazor.
Do luns día 16 ao venres día 20. 11,00 - 14,00 horas.
Cota: 40 euros.
Mínimo persoas para facer grupo: 4 persoas. Máximo integrantes por grupo: 8.
Anotacións en: incude@udc.es
A actividade confirmarase ou anularase o xoves anterior 

PARA RAPACES: XADREZ DE INICIACION
Centro Universitario de Riazor.
Do luns día 30 de xullo ao venres día 3 de agosto. 11,00 - 14,00 horas.
Cota: 40 euros.
Mínimo persoas para facer grupo: 4 persoas. Máximo integrantes por grupo: 8
Anotacións en: incude@udc.es 

mércores, 13 de xuño de 2018

Unha xeira de xogos e arqueoloxía

Domingo 17 de xuño de 2018.

Será unha actividade conxunta entre a nosa entidade e outra asociación universitaria para aproveitar o autobús.

Sairemos da Coruña as 10,00 dende a nosa sede no Centro Universitario de Riazor.

Iremos a Pastoriza (Lugo), onde teremos unha mañá na que os participantes terán oportunidade de probar unhas clases prácticas de tiro con arco (olímpico e tradicional) e algún xogo tradicional.

Despois de xantar un sinxelo menú o grupo irá a Fonmiñá (nacemento do río Miño) e ao Museo e Castro de Viladonga.

O prezo é de 30 euros (a pagar no autobús).

Dúbidas a incude@udc.es

INSCRIPCIONS NESTE FORMULARIO DA ASOCIACION HERCLE (preme)

venres, 1 de xuño de 2018

V Olimpiada de Xogos de Enxeño - 2018

V Olimpiada de Xogos de Enxeño - 2018

No Centro Universitario de Riazor.

Xadrez:

* XXVI Torneo de partidas rápidas da UDC. Venres 8 de xuño ás 20,00.

* XXVI Torneo de partidas semirrápidas da UDC. Mércores 13 e 20 de xuño ás 19,30.


Xogos Típicos de Cafetaría:

* Dominó. Martes 5 de xuño ás 19,30.

* Tute. Martes 12 de xuño ás 19,30.

* Mus. Martes 19 de xuño ás 19,30.


Xogos de Taboleiro Modernos:

* Xogo de Tronos. Venres 8 de xuño ás 22,00.

* Carcasonne. Sábado 23 ás 12,00.


Xogos Clásicos de Taboleiro:

* Go. Domingo 3 de xuño ás 19,00.

* Damas. Venres 15 de xuño ás 20,00.


Xogos Clásicos de PC e Consola:

* Age of Empires. Venres 15 de xuño ás 22,00.

* Worms. Venres 22 de xuño ás 19,30.

* Habilidades na Wii. Venres 22 de xuño ás 19,30.


eSports:

* Clash Royale. Xoves 14 de xuño ás 19,00.


Haberá un trofeo para o vencedor de cada torneo.

Cota de participación: 1 € membros da Comunidade Universitaria / 2 € alleos á UDC

En breve colocaremos información sobre o piso de xadrecistas e as actividades de verán.

xoves, 19 de abril de 2018

Xornadas Irmandiñas

Xornadas Irmandiñas
Organizadas por INCUDE
Centro Universitario de Riazor
Almirante Lángara s. n.
Sábado 21 de abril de 2018
A partir das 19,00 horas

* Partidas do xogo Irmandiños, creado pola nosa entidade

* Partidas de Carcassone. O xenial xogo de construcción de cidades.

* Partidas de Dixit

* Proba do xogo Los Constructores. Será a primeira vez que probemos este xogo.

Trofeos para os tres primeiros clasificados.

As xornadas nacen para conmemorar que o 25 de abril 1467 empezou a Grande Revolta Irmandiña.

Previamente ás 18,00 teremos a Asemblea Xeral da Asociación

venres, 23 de marzo de 2018

Actividades de INCUDE nas próximas semanas

Desde INCUDE queremos invitarvos a participar en diferentes actividades nas próximas semanas.

1. Clash Royale
O popular xogo para móbiles vai ser un dos nosos puntos de atención preferente con tres torneos distintos:

24 de marzo: Colaboraremos co I Torneo Arena Coruña, organizado no Sporting Club Casino.
14 de abril: Organizaremos o I Torneo Nocturnia, co Concello da Coruña no Ágora
5 de maio: Organizaremos o I Torneo Día da Ciencia, coa Asociación de Amigos da Casa das Ciencias no Parque de Santa Margarida

Información na web da Asociación Seda: www.asociacionseda.com


2. Torneo de xadrez.
Con aínda en xogo o exitoso Torneo en liña, animamos aos interesados a participar nun Torneo para universitarios e membros das escolas de INCUDE os mércores de abril.
O faremos de 19,30 a 20,30 na Normal, aproveitando a nosa actividade coa Universidade Senior. Mércores 4, 11, 18 e 25 cunha partida cada día e a un ritmo de 25 minutos por xogador.
Para anotarte envíanos un correo a incude@udc.es


3. Xogo irmandiños
Durante 2017 desenvolvimos un xogo de taboleiro para conmemorar o 550 aniversario da Gran Revolta Irmandiña.
A finais de abril celebraremos unha xornada de presentación na que combinaremos tamén partidas a outros xogos de taboleiro de corte medieval como Carcasonne.
Informarémosvos na nosa web incude.udc.es e en www.irmandiños.org


4. Xeiras
Estamos elaborando o calendario de posibles visitas culturais agora que debería chegar o bo tempo.
Aceptamos suxerencias e agardamos presentar as primeiras visitas á volta da Semana Santa.