mércores, 16 de agosto de 2023

Domingo 20 de agosto: Vimianzo.

Resumimos os datos da xornada do próximo domingo para os interesados.

Coma sempre a xente pode acudir pola súa conta ou coller o bus que poñemos dende A Coruña.

10, 30: Saída da Coruña dende o Centro Universitario de Riazor. (Parada bus diante C. Auga)
(Ollo: Atrasamos a saída para cumplir co horario do conductor e poder facer a visita nas Torres do Allo)

11,45: En Vimianzo dúas opcións, xogos de mesa no entorno do Castelo ou sendeirismo. Saída en bus para os Penedos de Traba e Pasarela. Ruta circular e regreso ás actividades no entorno do Castelo.

12,00: No Castelo hai ás 12,00 e 17,00 unha visita especial para os que o desexen.

13,00: Torneo de 4 en raia.

16,00: Torneo de damas

17,00: Torneo de xadrez

18,45: Saída para Torres do Allo

19,30: Visita teatralizada a Torres do Allo.

21,00: Saída de regreso á Coruña.

Podes ver en www.asombrate.es os detalles de cada acción e anotarte no formulario.

mércores, 9 de agosto de 2023

Domingo 20 a Vimianzo

O pasado 1 de xullo estivemos na xonada do Asalto ao Castelo e o 20 de agosto retornaremos cunha actividade en Vimianzo.

Será unha actividade dentro do programa Iniciativa Universitaria que conta co apoio de Iniciativa Xove neste 2023. Como no caso de Monforte a xornada reunirá accións de coñecemento do patrimonio histórico e natural e tamén de difusión de xogos.

Desprazamento de ida: Saída principal Centro Universitario de Riazor. 10,00 horas.

Mañá:

Grupo de xogos: Colocación de mesas no entorno do castelo para difusión de distintos xogos de mesa.
Posible visita ao Castelo na actividade teatralizada. 12,00 (hai outra ás 17,00)
Torneo de 4 en raia.

Grupo sendeiro: Penedos de Pasarela e Traba.

Tarde:

Actividade de torneos de xadrez e damas. (16,00 e 17,00). 
Proposta creación entidade para o fomento do xadrez e outros xogos na comarca. 

Saída de Vimianzo sobre 19,00 con idea de facer algunha visita mais pola zona.

Consulta a nosa web www.asombrate.es para todos os detalles que vaiamos publicando