xoves, 23 de novembro de 2017

Inicio do V Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

Xa está en marcha o V Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña!

Os grupos, formados tentando que sexan o máis homoxéneos posible considerando a puntuación dos xogadores na plataforma chess.com e ELO (no seu caso), son:

GRUPO 1:
 
Santymagno
dmedinb
GambitodeRoi
elpolta
Dsoari
ramiro72
magicbrais

https://www.chess.com/tournament/v-campionato-interno-de-xadrez-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-1/pairings


GRUPO 2:
 
Pampin
roberto1971
luishervella
littlejhon
ManuMiras
alber007
mariorodmar

https://www.chess.com/tournament/v-campionato-interno-de-xadrez-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-2/pairings


GRUPO 3:
 
jmandion
zerdeja1960
albertomuras
jolualpa
eCruzado
pepo_1987
Naseiro

https://www.chess.com/tournament/v-campionato-interno-de-xadrez-en-lina-da-universidade-da-coruna-grupo-3/pairings

Os tres primeiros de cada grupo clasificaranse para a fase final. Sorte a todos!

martes, 14 de novembro de 2017

Ideas para este curso

A Feira de Asociacións é un bó momento para determinar cales serán as actividades que realice INCUDE neste curso.

A Xunta Directiva actual está fomentando os xogos de mesa, pero esperamos que as áreas de traballo sexan do teu interese e se non deixanos un correo ou comentario.

1. Xogos de Mesa
Neste ano 2017 para conmemorar a revolta irmandiña estamos a facer un xogo de mesa baixo o nome de Irmandiños.
A final do curso pasado realizamos a nosa "Olimpiada de xogos de enxeño" con xadrez, damas, mus, domino, go... etc.
E para final de ano queremos facer, como en anos anteriores, torneos con xogos de taboleiros mais clásicos (trivial, cluedo, monopoly... etc) e tamén doutros de éxito como Xogo de Tronos.

2. Xadrez
A través do noso club. Tes toda a información en www.xadrezuniversitario.org.
Xadrez presencial, a distancia, individual, por equipos... o que te goste!
E necesitamos xente para os equipos!

3. Viaxes
No 2018 queremos ir facendo viaxes ao longo do primeiro semestre para coñecer algunhas das fervenzas mais vistosas de Galicia, será fundamentalmente en primavera.

4. ESports
A actividade recén chegada serían os e-Sports. Queres axudarnos?


luns, 13 de novembro de 2017

X Feira de Asociacións de Estudantes da UDC


O día 14 de novembro de 10:00 a 19:00 horas terá lugar a "X Feira de Asociacións de Estudantes da UDC" no hall da Facultade de Economía e Empresa.

Como todos estes últimos anos, alí estaremos para contarvos todo o que facemos e recibir as vosas suxestións para novas actividades.

O máis destacado para esta edición é que xa temos rematado o deseño do noso xogo de taboleiro “Irmandiños”, que conmemora a Gran Revolta Irmandiña acontecida en Galicia entre 1467 e 1469.
Podes atopar as primeiras imaxes e apuntes históricos en www.irmandiños.org

Rematada a feira haberá un sorteo de agasallos entre o estudantado asistente. Achégate!

mércores, 11 de outubro de 2017

Viaxes e visitas previstas en setembro e outubro

Unha das actividades máis habituais de INCUDE son as visitas culturais, que queremos aumentar neste curso que vén de comezar.

Nos anos pasados facíamos unha viaxe ao comezo do curso en autobús. Pero este ano pensamos que pode resultar mellor se os interesados van pola súa conta e ao seu ritmo.

En calquera caso, nas excursións fora da cidade tentaremos alugar unha furgoneta de 9 prazas na que os interesados poderán facer a viaxe.

De existir nunha excursión máis de 25 interesados estudaríamos o aluguer dun autobús para a data en concreto na que haxa a demanda.

Polo tanto, agradecemos a inscrición canto antes por se é necesario o aluguer de autobuses.

Estas son as actividades que temos previstas para as vindeiras semanas:


VISITA AO CASTRO DE VILADONGA.
Data prevista: Sábado 23 de setembro de 2017
Unha tarde para visitar o Castro de Viladonga e o seu museo a 112 quilómetros da Coruña.
Horario: Saída dende o CUR ás 15,30
Para os que vaian pola súa conta, a hora de encontro en Viladonga sería ás 17,00.
Cota viaxe en furgoneta 9 prazas: 10 euros.


VISITA Á CAPITAL DA RIBEIRA SACRA: MONFORTE.
Data prevista: Domingo 1 de outubro de 2017
Unha xornada para visitar o Museo do Ferrocarril, o Museo de Arte Sacra e o Centro do Viño.
Horario: Saída dende o CUR ás 09,30
Para os que vaian pola súa conta, a hora de encontro no Museo do Ferrocarril sería ás 12,00.
Cota viaxe en furgoneta 9 prazas ou autobús (con máis de 25 interesados): 20 euros (inclúe as entradas aos museos).


VISITA AO CASTRO DE ELVIÑA.
Data prevista: Domingo 8 de outubro de 2017
Un dos clásicos nas visitas de INCUDE. O castro de Elviña é decoñecido mesmo para moitos dos que estudan (ou traballan) a poucos metros de distancia.
Hora: 11,45 diante da Facultade de Economía e Empresa
De balde.


VISITA AO PAZO DE MARIÑAN.
Data prevista: Sábado 14 de outubro de 2017
Viaxe en autobús en colaboración coa Asociación Palaestra. Visitaremos o Pazo de Mariñán. Estase intentando visitar tamén o Museo Carlos Maside e deste xeito poder ollar outras obras de Lugrís, completando a visita realizada a finais de agosto.
Horario: Saída dende o CUR ás 16,00
Cota: 10 euros co autobús. Os viaxeiros recibirán ademais un libro sobre o interior do Pazo editado pola Asociación Palaestra.

VISITA AO CASTRO DE BAROÑA NO BARBANZA.
Data prevista: Domingo 22 de outubro de 2017
A viaxe ao Barbanza terá como destino visitar o Castro de Baroña e o Complexo Dunar de Corrubedo.
A Coruña - Corrubedo son 145 quilómetros. Baroña está a 20 quilómetros de Corrubedo.
Na visita buscaremos tempo para achegarnos ao Dolmen de Axeitos e a algún xacemento arqueolóxico máis.
Estamos a determinar os horarios, pero sería visita dun día.

VISITA A LUGO.
Data prevista: Sábado 28 de outubro de 2017
Lugo xa é coñecido, pero nesta escapada visitaremos a Casa do Mitreo (situada na Casa do Saber da Universidade de Santiago de Compostela) e o Museo Provincial.
Horario: Saída dende o CUR ás 15,30
Para os que vaian pola súa conta, a hora de encontro na Casa do Mitreo sería ás 17,00.
Cota viaxe en furgoneta 9 prazas: 10 euros.

Durante este curso tamén queremos facer visitas a diferentes saltos de auga que existen en Galicia, sendo a mellor época para facelo en outono e primavera e despois de que choiva. Iremos informando do que se vaia programando.

Para anotarse en calquera destas visitas PREME NESTE FORMULARIO

Para anotarse na lista de correo das nosas actividades e ser dos primeiros en informarte no futuro PREME AQUI

Lembra que tamén estamos presentes no Facebook como @INCUDE

Bases do V Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

Xa por quinta vez, desde INCUDE queremos convidarte a participar no campionato interno de xadrez en liña da UDC.



Bases do V Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil existentes.

3. O torneo dará comezo o 15 de novembro de 2017. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 12 de novembro.

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.

6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.

9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

xoves, 6 de xullo de 2017

Xeiras do Mes de Xullo

INCUDE organiza cada verán excursións a sitios de interese coa intención de contribuir ao coñecemento do patrimonio histórico, cultural e medioambiental.
Ditas saídas adoitan ter unha periodicidade semanal e o traxecto de ida e volta desde A Coruña é con coches particulares propiedade dos mesmos integrantes da saída.
Normalmente cada ano tamén realizamos unha visita en autobús.

Xeiras previstas o Mes de Xullo.

Sábado 8 de xullo: Oseira (Con visita a Oca, Carboeiro e outros lugares)
Pode verse o desenrolo na imaxe que ilustra esta nova.

Sábado 15 de xullo: Cíes

Sábado 22 de xullo: O Barbanza

Sábado 29 de xullo: Pontevedra

Avisa da túa participación en incude@udc.es.

xoves, 29 de xuño de 2017

Piso de xadrecistas

Para o vindeiro curso 2017-2018 temos unha novidade; O Piso de Xadrecistas.
Se xogas e queres participar no noso equipo, se non xogas pero queres aprender e axudarnos coas nosas actividades, tes aquí a túa oportunidade.
E mesmo se sodes un grupo xa conformado para ir a un piso e queredes colaborar, podedes facelo.
PISO DE XADRECISTAS
Este programa xorde por iniciativa de INCUDE e consiste nun programa básico que favorece o aloxamento compartido entre xadrecistas universitarios do Campus da Coruña.

Non é necesario contar cun nivel alto de xogo, simplemente participar no equipo de xadrez de INCUDE e colaborar coas actividades da nosa entidade.
Mesmo é posible participar no caso de non xogar ao xadrez pero estar disposto a aprender.

O obxectivo do programa é o de promover e facilitar a convivencia e relación solidarias entre xadrecistas que sexan estudantes da Universidade da Coruña.
Como obxectivo secundario búscase contar cun pequeno espazo para fomentar actividades de xadrez e doutros xogos de taboleiro.
Axuda:
INCUDE asumirá algúns dos custos de subministros do piso de estudantes, tales como seguro, internet, electricidade ou auga.  Mesmo nalgunhas ocasións podería incluir alimentos.
A cuantía e duración da axuda estará determinada pola implicación dos residentes nas actividades de INCUDE, non incluíndo nunca o propio aluguer que deberá estar ao nome dos residentes.

Destinatarios:
O programa vai dirixido a estudantes maiores de 18 anos e menores de 35 anos con matrícula nalgunha das titulacións oficiais do  campus da Coruña.
Será requisito imprescindible participar no equipo de xadrez de INCUDE na tempada 2017-2018, o que lles obrigará a dispoñer dalgunhas  horas  ao mes para contribuir á realización das actividades propias de INCUDE.

En caso de existir vacantes poderán solicitar participar nesta actividade exalumnos da UDC menores de 30 anos e outros xogadores do equipo de xadrez do CIDU.
Duración:
O acordo terá unha duración dun curso académico coa posibilidade de  prorrogalo cada curso.
O período de proba de convivencia será dun mes.

Selección:
Os solicitantes serán convocados a unha entrevista persoal.

A presentación da solicitude para a participación no programa implica a aceptación das bases e das decisións que sobre o mesmo tome a Xunta Directiva de INCUDE.

>>> SOLICITUDE <<<

mércores, 28 de xuño de 2017

Resultados IV Olimpiada

Sistema de clasificación xeral.
Os participantes situados nos primeiros postos recibirán puntos en función da sua clasificación. Deste xeito en cada proba recibirán tres puntos os primeiros clasificados, dous puntos os segundos e un punto os terceiros (salvo nos casos de xogos por parellas nos que os terceiros non recibirán puntos).
Para participar na xeral haberá que puntuar ao menos en dous grupos distintos de xogos.
Para o computo da xeral terase en conta os tres mellores torneos (que deberán ser de distintos grupos). Deste xeito ainda que una mesma persoa gañase por exemplo todos os torneos de xadrez, só sumaría 3 puntos na xeral.
Nos casos de empate a suma total dos puntos en todos os torneos será o sistema de desempate.

Grupo 1 - Xogos Clásicos de Taboleiro:

* Go. Celebrado o venres 9 de xuño ás 20,00.
1º Carlos Pais
2º Angel Martínez
3º Florencio González

* Damas. Celebrado o mércores 14 de xuño ás 20,00.
1º Ernesto Pérez
2º José Manuel Andión
3º Manuel Andión

Grupo 2 - Xadrez:

* Torneo de Partidas a 5 minutos. Celebrado o venres 9 de xuño ás 20,30.
1º Ernesto Pérez
2º Diego Medín
3º José Manuel Andión

* Torneo de Partidas a 15 minutos. Celebrado o venres 16 de xuño ás 19,00.
1º Ernesto Pérez
2º David Seijo
3º Manuel Andión

Grupo 3 - Xogos Típicos de Cafetaría:

* Tute. Celebrado o martes 13 de xuño ás 19,30.
1º Walter López & J. M. Andión
2º Rubén Antelo & Darío Santiso

* Mus. Celebrado o martes 20 de xuño ás 19,30.
1º Diego Medín & Ernesto Pérez
2º Walter López & Manuel Andión

* Dominó. Celebrado o martes 27 de xuño ás 19,30.
1º Walter López
2º J. M. Andión
3º Diego Medín

Grupo 4 - Xogos de Taboleiro Modernos:

* Carcasonne. Celebrado o xoves 22 de xuño ás 20,00.
1º Daniel Codesido
2º Diego Medín
3º Pablo Pensado

Grupo 5 - Xogos Clásicos de PC e Consola:

* Age of Empires. Celebrado o sábado 17 de xuño ás 17,00.
1º Diego Medín
2º Ernesto Pérez
3º Daniel Codesido

* Habilidades na Wii. Celebrado o venres 23 de xuño ás 19,00.
1º Noa García-Muñoz
2º Eduardo Codesido
3º Ernesto Pérez

Grupo 6 - Xornada de Xogos de Taboleiro:

* Trivial. celebrado o domingo 25 de xuño ás 18,00
1º Ernesto Pérez
2º Daniel Codesido
3º Eduardo Codesido

Clasificación final IV Olimpiadas:

1º Ernesto Pérez 9 puntos
2º Diego Medín 8 puntos
3º José Manuel Andíon 6 puntos

xoves, 8 de xuño de 2017

IV Olimpiada de Xogos Mentais

Finalizamos un curso máis coa IV Olimpiada de Xogos Mentais.
Se tes algunha suxestión para facer no futuro, contacta no noso correo incude@udc.es

As actividades terán lugar no Centro Universitario de Riazor, empezando este venres día 9 de xuño.
Este ano temos diferentes xogos, dende o clásico xadrez ao Xogo de Tronos de taboleiro, pasando polo tradicional nestas xornadas Age of Empires.


Xogos Clásicos de Taboleiro:

* Go.
Venres 9 de xuño ás 20,00.

* Damas.
Mércores 14 de xuño ás 20,00.

* Mancala.
Venres 23 de xuño ás 19,00


Xadrez:

* Torneo de Partidas a 5 minutos.
Venres 9 de xuño ás 20,30.

* Torneo de Partidas a 25 minutos.
Sábado 10 de xuño ás 17,00 17,50 18,40 19,30 e 20,20.

* Torneo de Partidas a 15 minutos.
Venres 16 de xuño ás 19,00.


Xogos Típicos de Cafetaría:

* Tute.
Martes 13 de xuño ás 19,30.

* Mus.
Martes 20 de xuño ás 19,30.

* Dominó.
Martes 27 de xuño ás 19,30.


Xogos de Taboleiro Modernos:

* Xogo de Tronos.
Sábado 17 de xuño ás 20,00.

* Carcasonne.
Xoves 22 de xuño ás 20,00.

* Colonos de Catán.
Xoves 22 de xuño ás 18,30.


Xogos Clásicos de PC e Consola:

* Age of Empires.
Sábado 17 de xuño ás 17,00.

* Worms.
Venres 23 de xuño ás 19,00

* Habilidades na Wii.
Venres 23 de xuño ás 19,00


Xornada de Xogos de Taboleiro:

* Trivial.
Domingo 25 de xuño ás 18,00.

* Cluedo.
Domingo 25 de xuño ás 19,00.

* Risk.
Domingo 25 de xuño ás 20,00.


Haberá un trofeo para o vencedor de cada torneo e tamén para os tres mellores da xeral, na que se premiará a participación en actividades dos distintos grupos.

A cota de participación en cada torneo é de 1 euro para os membros da UDC e de 2 euros para os alleos.
Haberá un abono para participar en todos os torneos que se queira por 5 euros para os membros da UDC e por 10 euros para os alleos.

En próximos días informaremos das actividades de xullo e agosto.