mércores, 20 de xullo de 2016

III CONCURSO CORUÑA EN SEPIA

A Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) grazas á axuda da Deputación da Coruña e da S. C. D. Palaestra realiza por terceiro ano un concurso de fotografía baseado nos cambios experimentados na cidade da Coruña.

A nosa intención é que os participantes realicen unha fotografía actual do lugar que aparecerá nas que iremos publicando, de forma que se premiará á mellor serie de fotografías que reflexen os cambios.

Invitamos desta xeito a meditar non só aos participantes, se non a todos os lectores das nosas webs, sobre a evolución da cidade e a transformación dos seus espazos, reflexionando sobre os cambios entre A Coruña do século XX e a do século XXI.

Dende o 1 de agosto publicaremos tres fotografías cada semana, durante oito semanas, finalizando así a serie a finais de setembro. As vinte e catro fotografías escollidas nesta edición serán de edificios e ruas doados de recoñecer na cidade de hoxe.

Tamén poderán presentarse fotografías correspondentes ás publicadas en 2015.

Podes atopar todas as fotografías aquí.

As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 30 de novembro de 2016.

Coas fotografías premiadas realizarase unha pequena exposición.

Ademais teremos uns pequenos trofeos para os premiados.

Durante o mes de setembro realizaremos unhas saídas pola cidade para fotografiar os diferentes lugares.

martes, 19 de xullo de 2016

Viaxes e camiñatas no verán

As visitas a realizar por INCUDE divídense en dúas modalidades; por un lado temos as realizadas en coches particulares nas que non hai cota, simplemente os gastos do combustible dos coches empregados e por outros os organizados en autobús, nos que pedimos unha pequena cantidade para axudar a cubrir gastos.

En todos os casos INCUDE promove a actividade pero as posibles cotas so inclúen as viaxes e non a comida nin outros gastos como entradas que son asumidos polos propios viaxeiros.

Sábado 23 de Xullo – Caaveiro

Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.

Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán

Sábado 13 de Agosto – Sobrado dos Monxes

Sábado 20 de Agosto – Monumento Natural Costa de Dexo.

Sábado 27 de Agosto – Ortegal

Concretaremos en agosto os días e visitas do mes de Setembro

Fin de semana do 3 e 4 – Museo do Humor (Fene) e castelos.

Fin de semana do 10 e 11 – El Escorial (Madrid)

Fin de semana do 17 e 18 – Castro de Elviña




Sábado 27 de Agosto – Ortegal

Sábado 27 de Agosto – Ortegal

A realizar en autobús.
Cota: 10 euros (Cun mínimo de 20 persoas)


Hora de saída: 9,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)

Visitas a Ortigueira, Bares, Cariño, San Andrés de Teixido.

Retorno previsto: 21,00

Sábado 20 de Agosto – Monumento Natural Costa de Dexo.

Sábado 20 de Agosto – Monumento Natural Costa de Dexo.

A realizar en coches particulares.

Hora de saída: 11,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)

Día de camiñata polo Monumento Natural Costa de Dexo no Concello de Oleiros. Percorre a franxa marítima que se atopa entre os Faros de Mera e o Porto de Lorbé. Esta franxa costeira é unha das poucas áreas naturais ben conservadas de toda a costa ártabra. Este feito, xunto á singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, e á súa xeomorfoloxía e paisaxe foron os motivos de que, no ano 2000, fose declarada Monumento Natural.

Retorno previsto: 18,00

Costa de Dexo na Galipedia

Sábado 13 de Agosto – Sobrado dos Monxes

Sábado 13 de Agosto – Sobrado dos Monxes

A realizar en autobús.
Cota: 10 euros (Cun mínimo de 20 persoas)

Hora de saída: 10,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)

Visitas a lagoa e mosteiro de Sobrado dos Monxes, ao Museo Terra de Melide e ao entorno do Castelo de Pambre.

Retorno previsto: 20,00

Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán

Sábado 6 de Agosto – Pasatempo / Betanzos / Mariñán

A realizar en coches particulares.

Hora de saída: 11,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)

Día de camiñata por Betanzos.

Retorno previsto: 18,00

Pasatempo na Galipedia

Pazo de Mariñán na Galipedia

Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.

Sábado 30 de Xullo – Oseira, Carballiño e contorna.

A realizar en autobús (cun mínimo de 20 persoas).
Cota: 10 euros
Prazo para confirmar bus: 27 de xullo.
As entradas en función do tamaño do grupo e para os tres lugares indicados variarán entre 19 ou 10,5 euros.

Hora de saída: 9,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)

Visitas ao xardín do Pazo de Oca, Mosteiro de Oseira e Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa.

Día para coñecer tres destacados bens de interese cultural de Galicia.

Retorno previsto: 22,00

Mosteiro de Oseira na Galipedia

Pazo de Oca na Galipedia

Castro de San Cibrao de Las na Galipedia

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

Sábado 23 de Xullo – Caaveiro

Sábado 23 de Xullo – Caaveiro

A realizar en coches particulares.

Hora de saída: 10,00 dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara s.n.)

Día de camiñatas pola Fraga de Caaveiro.

Retorno previsto: 22,00

Realizaremos o acceso ás fragas do Eume pola localidade de Pontedeume.

Os bosques de ribeira que se estenden a ambas as beiras do río Eume están considerados como un dos mellores expoñentes de bosque atlántico en Europa, tanto pola súa extensión como pola calidade dos seus valores naturais.

venres, 15 de xullo de 2016

Mellora o teu xadrez!

Acción conxunta das entidades CIDU e INCUDE.

Do 18 ao 22 de xullo de 2016.
11,00 - 14,00
Centro Universitario de Riazor

XADREZ. CURSO DE NIVEL II.
Mellora o teu xadrez co curso con Walter López como monitor.

Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Poden anotarse no correo cidu@xadrezuniversitario.org

Nas semanas seguintes:

ESTRATEXIA.
Do luns 1 de agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.

xadrez. finais.
Do luns 8 de agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos finais de partidas en xadrez.

martes, 12 de xullo de 2016

Visitas a realizar no verán

Xullo
16 – Barbanza (Ribeira)
23 – Caaveiro
30 – O Carballiño – Ribeiro (Pazo de Oca / Mosteiro de Oseira)

Agosto
6 – Pasatempo / Betanzos / Mariñán
13 – Melide (con Sobrado dos Monxes)
20 – Seixo Branco. Ruta por Mera.
27 – Ortegal

Setembro (máis tarde concretaremos as datas deste mes)
3-4 – Museo do Humor (Fene)
10-11 – El Escorial (Madrid)
17-18– Castro de Elviña

domingo, 3 de xullo de 2016

SEMANA DE XOGOS

Acción conxunta das entidades CIDU, INCUDE e SCD PALAESTRA.

Do 4 ao 8 de xullo de 2016.
11,00 - 14,00
Centro Universitario de Riazor

DIA DE XADREZ
Explicación básica das normas do xadrez e algunhas variantes lúdicas do mesmo.

DIA DAS DAMAS
Explicación do xogo das damas e a diversidade de normas. Variantes lúdicas.

DIA DO DOMINO
Explicación do xogo do dominó. Xogos coas fichas.

DIA DOS XOGOS EN INGLES
Repaso a diferentes xogos pero empregando unicamente o inglés.

DIA DE TORNEOS
Último día realización de torneos dos xogos vistos durante a semana.

A orde dos días pode variar por necesidades organizativas.
Realizaremos algunha actividade complementaria como a inclusión de noticias do curso en internet e a participación opcional nun torneo con maiores de dominó o martes ás 19,30 e de xadrez o venres ás 20,30.

Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Agasallo no curso: Pequeno xogo de xadrez.


venres, 1 de xullo de 2016

RETOMAMOS AS ACTIVIDADES

Dende CIDU e INCUDE agradecemos as mensaxes de pésame recibidas e comunicamos que se recuperan as actividades suspendidas dende o vindeiro luns.

Actividades dunha semana de duración de luns a venres e de 11,00 a 14,00 na antiga cafetería do Centro Universitario de Riazor.

Semana de Xogos Básicos II.
Do luns 4 de xullo ao venres 8 de xullo.
Iniciación e pequenos torneos con xogos tradicionais.
(Xadrez, damas clásicas, dominó...)



Nas semanas seguintes:


Xadrez. curso de nivel i.
Do luns 11 de xullo ao venres 15 de xullo.
Curso de iniciación ao xadrez.

Xadrez. curso de nivel Ii.
Do luns 18 de xullo ao venres 22 de xullo.
Curso de mellora no xadrez.

ESTRATEXIA.
Do luns 1 de agosto ao venres 5 de agosto.
Iniciación aos conceptos de estratexia e táctica e a xogos de taboleiro de tipo estratéxico.

xadrez. finais.
Do luns 8 de agosto ao venres 12 de agosto.
Iniciación aos finais de partidas en xadrez.

Cota de participación: 25 euros por curso.
Máximo de participantes por grupo: 8
Mínimo de participantes por grupo: 4
Poden anotarse no correo cidu@xadrezuniversitario.org