sábado, 5 de abril de 2014

Final do I Campionato en liña da UDC

Xogouse a fase final do I Campionato en liña da UDC. Estaban clasificados os 3 primeiros de cada un dos tres grupos da fase previa. Por elo os favoritos eran Santymagno, Pampin, zerdeja1969, LoLTheoretician e Chouso, por este orden.
Axiña as incomparecencias fixeronse patentes e, a pesares de que había a opción de coller 10 días de vacacións e esperouse a comezar ata despois dos exames, varios xogadores perderon varias ou todas as partidas da final. Estes xogadores foron TheRealTod, ecs41 e danidt, aos que se engadiría máis avanzado o torneo un dos favoritos, zerdeja1960.
Así pois, realmente o torneo xogouse nunha final a 5 onde foron destacándose pouco a pouco os favoritos. Santymagno e LoLTheoretician comezaron con moita forza gañando todas as suas partidas da ida mentres que os outros 3 ían pinchando. O enfrontamento directo entre os dous novos favoritos ía decantándose da parte de LoLTheoretician, que gañou todas as partidas da ida. No terceiro posto colocábase Pampin con algúns altibaixos.
Na fase de volta Pampin recobraba folgos cunha merecida victoria fronte a Santymagno e boas perspectivas fronte aos demais. Lamentablemente aquí aconteceu unha situación que marcou o desenrolo vindeiro do resto do torneo, nos Carnavais Pampin non se poido conectar e non puxo vacacións, así que perdeu varias das suas partidas en xogo, facéndolle moi difícil chegar xa ao podio.
Con este percance, a victoria quedaba so en mans dous dous primeiros: LoLTheoretician e Santymagno. Santymagno tiña xa 2 derrotas e aínda que presionou ao seu rival ata conseguir facerlle perder a sua única partida no torneo, a sua solidez gañando todalas demais partidas deulle unha cómoda e merecida victoria a LoLTheoretician. A terceira praza foi para Chouso despois dunha boa fase de volta e coa axuda da retirada de Pampin, que aínda así quedou cuarto. Quinto foi jmandion.
A entrega de premios aos tres primeiros clasificados será o 27 de abril no Sporting Club Casino da Coruña xunto coa entrega de premios da Copa Galicia. Moitas grazas pola ampla participación (34 xogadores) e esperamos que o ano que ven sexamos moitos máis.



Clasificación Final:

1º LoLTheoretician
2º Santymagno
3º Chouso

https://www.chess.com/tournament/udc-fase-final/pairings

Clasificación Final de Consolación:

1º Gamusino

https://www.chess.com/tournament/udc-final-de-consolacioacuten/pairings


Fase previa - Grupo 1: https://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g1/pairings

Fase previa - Grupo 2: https://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g2/pairings

Fase previa - Grupo 3: https://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g3/pairings