sábado, 29 de novembro de 2014

Visita ao Palacio da Capitanía

O pasado venres fixemos unha visita ao Palacio de Capitanía (aínda que xa non hai Capitanias Xerais como antes). Un edificio interesante no que fixo de cicerón o comandante Costas, explicando diferentes detalles da historia do inmueble e dalgunhas das pezas que acolle.

Para todos aqueles que se perderon esta iniciativa, o Palacio ensínase os últimos venres de cada mes.

A nosa visita físoxe en colaboración coa Asociación de Historia y Cultura Militar Noroeste.

luns, 24 de novembro de 2014

Visita ao Palacio da Capitanía

Coñeces o Palacio da Capitanía? Está situado na Praza da Constitución, na Cidade Vella.
Dende non hai moito tempo se veñen organizando visitas guiadas ao seu interior, polo que queremos animarte a coñecelo o próximo VENRES 28 DE NOVEMBRO a partir das 11.
A visita será gratuita e tes toda a información sobre a mesma neste tríptico.
Apúntate escribindonos a incude@udc.es
En colaboración coa Asociación de Historia y Cultura Militar Noroeste.

martes, 4 de novembro de 2014

Ampliado o prazo de admisión do I Concurso de Aplicacións Culturais en Android

Dada a celebración da VII Feira de Asociacións de Estudantes da UDC, dende INCUDE decidimos ampliar o prazo de admisión do I Concurso de Aplicacións Culturais en Android ata o VENRES 14 DE NOVEMBRO.
Aproveita estos ultimos días para conseguir ata 200 € de premio!
Podes consultar as bases do concurso en http://incude.udc.es/ConcursosCulturais.pdf