xoves, 23 de abril de 2015

II Olimpiada de Xogos

Un ano máis INCUDE pretende levar a cabo a Olimpiada de Xogos. Como o ano pasado o calendario en agosto non foi o mellor, pedímosche que propoñas ti as datas e os xogos que queres que teñan cabida nesta II Olimpiada.

Para elo pedímosche que cubras esta enquisa moi curta elixindo as datas que mellor che veñen e os xogos nos que che gustaría participar.

Calquera proposta ou calquer comentario son benvidos. Propón o xogo que máis che guste e tentaremos incorporalo.

Moitas grazas a todos por participar!

xoves, 9 de abril de 2015

Escola de xadrez da universidade

Sabías que Andersen gañou o primeiro torneo internacional da historia do xadrez? E sabías que Morphy renegou do xadrez a maior parte da súa vida? E que Steinitz ofrecía peón e saída a Deus nos seus últimos anos? Sabías que Lasker foi o campión que retivo o título máis anos e que era íntimo amigo de Einstein? E que Capablanca estivo sen perder 10 anos seguidos unha soa partida?


Nas clases de xadrez da universidade aprenderás todo isto e moito máis, e gozarás das mellores combinacións da historia do xadrez.



Quen é próximo campión do que imos falar o próximo mércores? Dámosche unha pista: Xogou unhas simultáneas á cega contra 10 taboleiros nCoruña en 1935.



Se sabes quen é podes respondérnolo nos comentarios, e non te esquezas de pasarche o mércores para ver as súas partidas máis brillantes.















martes, 7 de abril de 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de abril do 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de abril de 2015:

Reuníronse os seguintes membros da xunta directiva:

Presidente: José Manuel Andión
Vicepresidente: Diego García-Muñoz
Secretario: Santiago Domínguez
Tesoureiro: Daniel Codesido
Vogal: Manuel Fondevila

Os puntos do día foron os seguintes:

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Informes do presidente:

            - O presidente informa das axudas concedidas pola Deputación da Coruña (provisoriamente) e pola UDC.

3. Informase das actividades en curso e fíxase o calendario para as actividades ao longo do 2015

4. Acordase solicitar unha reunión coa Vicerreitora de Estudantes, Deporte e Cultura da UDC