venres, 30 de xuño de 2023

Xadrez en Vimianzo

O mes de xullo que comeza este sábado chega un ano mais para nos coa colaboración nas actividades do Asalto ao Castelo en Vimianzo. Este curso ademais tivemos un xogador no equipo de xadrez que vive por aló, así que todo perfecto para incrementar as nosas actividades naqueles lugares.

No referente ao xadrez aquí tes as actividades:

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

Será na praza do Concello.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 

Se non coñecedes o Asalto, botádelle un ollo á programación e preparar a excursión.

Info: https://www.asaltoaocastelo.gal/programacion/

xoves, 29 de xuño de 2023

Grazas D. X. Xuventude!

Hoxe publicaron no DOGA as axudas ao programa Iniciativa Xove. Queremos agradecer que o noso proxecto Iniciativa Universitaria fora tan ben valorado e do casi centenar presentados ocupásemos o segundo posto.

Moitas grazas e agardamos cumplir coas expectativas.

En próximos días anuncairemos as datas das actividades nas que imos contar coa Asociación Hercle, xuntándonos dúas das entidades mais activas do estudantado da UDC. 

mércores, 21 de xuño de 2023

Asalto ao Castelo. Vimianzo 2023.

O mes de xullo comezará para a nosa entidade coa colaboración unha vez mais coas actividades do Asalto ao Castelo en Vimianzo. Damos as grazas aos organizadores destas xornadas por contar novamente con nos.

Varias son as actividades que realizaremos este día, algunhas presenciais na praza do Concello e outras online:

11,00: Xogos de Mesa.

Serie de xogos relacionados co mundo medieval; o noso xogo Irmandiños, acompañado do Carcasonne e Costructores. O premio para o mellor será unha taza coa imaxe do xogo Irmandiños.

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

12:15: Torneo de Clash Royale e outro de Fall Guys (xogos online)

Organizados por HERCLE e INCUDE. Iremos engadindo información nesta web, para indicar os posibles premios.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

PREME PARA INCRIBIRTE NAS ACTIVIDADES

Os participantes nestas actividades aceptan o emprego dos seus nomes e / ou fotografías para a realización das listaxes de resultados, memorias e outras actividades de difusión destas actividades.

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 

martes, 20 de xuño de 2023

Visita este mércores á Expo Picasso

Últumas horas para anotarse na exposición sobre Picasso

A poucos días de rematar temos a visita para o día 21 de xuño ás 13,00 horas.

Os interesados en participar deben enviarnos nome e apelido a incude@udc.es inscricións por orde de chegada ata completar o grupo.


xoves, 15 de xuño de 2023

Próximas actividades

ACTIVIDADES DE XADREZ

VENRES 16 DE XUÑO
20,30 - 21,30: TORNEO NO CENTRO UNIVERSITARIO DE RIAZOR.
Aberto a membros da Comunidade Universitaria, xogadores do CIDU e rapaces nacidos en 2009 ou seguintes (haberá trofeo para os tres mellores destes últimos).

SÁBADO 17 DE XUÑO
17,00: Un equipo do Colexio Calasanz competirá en Vigo no Torneo de Colexios organizado no Centro Comercial Vialia.
17,00: Un equipo do CIDU tomará parte na Liga das Mariñas a celebrar en Vila Concepción.

DOMINGO 18 DE XUÑO
11,00: Día do Deporte na Rúa. O xadrez estará na Praza de Portugal.

ACTIVIDADES DIVERSAS

MERCORES 21 DE XUÑO
13,00: Visita a exposición de Pablo Picasso no Museo de Belas Artes da Coruña. 
Para todos os interesados. Mais info en:

SÁBADO 1 DE XULLO
Participación nas actividades do Asalto ao Castelo de Vimianzo

SABADO 29 DE XULLO
Visita ao Pazo de Tor (Monforte de Lemos)

mércores, 7 de xuño de 2023

Visita a Exposición Pablo Picasso

Estes meses estase a mostrar na Coruña unha interesante exposición sobre Picasso

Hai oito anos noutra sobre o mesmo autor tivemos que facer dous grupos. 

Nesta ocasión temos solicitado grupo para o día 21 de xuño ás 13,00 horas.

Os interesados en participar e os seus acompañantes deben cubrir o seguinte formulario PREME

Agardamos que a iniciativa teña éxito e lembramos que no mes de xullo temos xa confirmadas as nosas actividades anuais en Vimianzo e en Monforte.