luns, 2 de novembro de 2015

Camiños de Santiago

Percorrer o Camiño de Santiago é, sen dúbida, unha experiencia que os peregrinos non esquecen con facilidade. As paisaxes que te deixan sen respiración, as persoas que se coñecen nas rutas e estradas, as longas e, ás veces, duras horas camiñando; todo isto para chegar á meta e saudar ao Apóstolo. Obviamente, se tes tempo! Cando non o hai, tes que darlle ao maxín e pensar rutas alternativas que paguen a pena. E unha idea curiosa foi facer un camiño de camiños.

A nosa primeira parada foi a Praza do Obradoiro, lugar no que conflúen grandes poderes representados pola catedral (poder eclesiástico), o Hostal dos Reis Católicos (turismo), Pazo de Raxoi (poder político) e o Colexio de San Xerome (Universidade). Marchamos cara ao oeste pola rúa das Hortas e desviándonos, axiña atopamos unhas vistas incribles e pouco coñecidas da parte posterior do Pazo de Raxoi . Seguimos a través do parque da Alameda e pola Carballeira de Santa Susana, tendo alí outras vistas fermosas da praza do Obradoiro. O derradeiro punto visitado da mañá foi o Pazo de San Lourenzo, dentro do camiño de Fisterra. Cara ao sur estaba o camiño portugués mais non había tempo e xa comezaba a falar por si mesmo o bandullo.

Para comer trasladámonos a Ponte Maceira, un punto especial no Camiño de Fisterra. Disque os discípulos de Santiago Apóstolo cruzaron a ponte co seu corpo ao lombo, escapando dos romanos. Segundo a lenda, a antiga ponte derrubárase por providencia divina cando os perseguidores tentaban cruzar o Tambre, permitindo así escapar aos cristiáns.  A actual ponte data  do século XIII e mestúrase á perfección coa natureza do lugar. Consta dunha pequena présa que desvía parte do caudal cara aos lados nos que se situaron muíños.

Despois de disfrutar desta pequena poboación voltamos a Santiago e percorremos un anaco do camiño francés até chegar á Praza da Quintana. Non quedou máis nada que visitar a Catedral e perderse un pouco nas rúas santiaguesas antes de partir de novo á Coruña.



luns, 19 de outubro de 2015

Actividades de INCUDE no inicio deste curso

Neste curso 2015/2016 que comeza, dende INCUDE queremos continuar a promover a cultura e o deporte entre os membros da comunidade universitaria da UDC. Estas son as actividades que propoñemos!

UNHA PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DIFERENTE
Queres facer un Camiño de Santiago distinto? Sairemos da Coruña este sábado 24 a partires das 11:00 recolléndovos en autobús en varios puntos da cidade. A nosa primeira parada será na Ponte Maceira para descubrir este conxunto monumental do Camiño de Fisterra, e pasaremos a tarde en Santiago facendo a “Ruta I Camiño, un camiño nos Camiños de Santiago”. Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es antes do rcores 21!

XADREZ EN LIÑA
A terceira edición do Torneo de Xadrez en Liña, que o ano pasado xuntou a un bo grupo de xadrecistas, está a piques de comezar.
Podes anotarte ata o 23 de outubro enviándonos a incude@udc.es o teu nome de usuario na plataforma chess.com
Podes ver as bases completas aquí

CLASES DE XADREZ
INCUDE colabora coa Escola Universitaria de Xadrez. O horario será de 19:30 a 21:30 todos os rcores de outubro a xuño no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña. Apúntate!
Se ese horario non che ven ben, tamén podes apuntarte ás nosas clases no Centro Universitario de Riazor (CUR):
Venres:
16,30 — 17,30: Xadrez de iniciación para rapaces (1º - 2º de primaria).
17,30 — 18,30: Xadrez de iniciación para rapaces (6 e 7 anos).
19,30 — 20,30: Xadrez de perfeccionamento para adultos (cursos temporais).
bados:
12,00 — 13,00: Xadrez de para rapaces (con algo de experiencia).
13,00 — 14,00: Xadrez práctico.
En caso de estar interesados noutros horarios escríbanos ao noso enderezo electrónico incude@udc.es.
Tamén dispoñemos dun club federado por se queres xogar a Liga Galega por Equipos.
E, se queres simplemente xogar unhas partidas amistosas, pásate pola Sala de Xadrez no CUR os venres de 19:30 a 21:30. Sen ningún compromiso!

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “A CORUÑA EN SEPIA”
Ampliamos o prazo para remitir as fotografías da segunda edición do concurso “A Coruña en Sepia”! Tes ata o próximo 30 de outubro!
Podes ver as bases aquí e todas as fotografías a recrear aquí

CONCURSO DE CREACIÓN DUN XOGO DE MESA
INCUDE organiza un concurso de creación dun xogo de mesa que poida fabricarse cunha impresora 3D. O premio para o gañador será a fabricación gratuita do seu propio xogo.
Podes presentar a túa proposta ata o 18 de decembro e tes as bases aquí.

TORNEO DE OUTONO DE XADREZ
En novembro e decembro a nosa entidade organiza varios torneos de xadrez coa axuda do Sporting Club Casino. 
O primeiro deles será o Torneo de Outono o vindeiro domingo 15 de novembro. Próximamente terás todos os torneos na nosa web http://incude.udc.es/.
Na ceremonia de clausura, ás 20:30, tamén faremos as entregas de premios do II Torneo de Xadrez en Liña e o II Concurso “A Coruña en Sepia”

III Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

INCUDE, continuando no seu labor de fomentar as actividades culturais e deportivas na UDC, quere convidarte desta vez a participar no III Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña.


Bases do III Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña:


1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Asimesmo, poderán participar tamén os alumnos da Escola Universitaria de Xadrez, os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil de chess.com.

3. O torneo dará comezo o 26 de outubro de 2015. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 23 de outubro. Calquera dúbida ou suxerencia pódese mandar a mesma conta incude@udc.es.

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.

6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

7. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.

8. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo e agasallo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

I Concurso de Creación dun Xogo de Mesa

INCUDE, na procura de fomentar a cultura e a creatividade no marco das novas tecnoloxías, convoca o seu primeiro concurso de creación dun xogo de mesa coas seguintes bases:

1. O xogo deberá ter unha temática galega. Galicia deberá estar presente no xogo e deberán estar presentes valores como a súa cultura (nun contexto amplo), a súa historia, a súa xeografía ou a súa identidade.

2. Deberá ser posible fabricar a meirande parte das pezas do xogo cunha impresora 3D. Tamén está permitido o uso dunha impresora normal para material de apoio: taboleiro, tarxetas, instruccións, etc.

3. Os deseños das pezas que se vaian fabricar na impresora 3D poderán estar bosquexados de maneira libre na proposta. Non será preciso proporcionar os deseños detallados agás no caso do gañador.

4. O formato de entrega da proposta é completamente libre: pode facerse tanto en papel como íntegramente en formato dixital (preferiblemente PDF).

5. Valoraranse, a partes iguais, estes tres factores: a adaptación do xogo para a fabricación nunha impresora 3D, a representación da identidade galega, e a creatividade e orixinalidade.

6. O prazo de entrega rematará o 18 de decembro do 2015.

7. A proposta deberá mandarse ao correo electrónico incude@udc.es antes da data límite. Se hai documentación en formato físico (papel ou outros), pode enviarse a:


Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) 
Centro Universitario de Riazor 
Rúa Almirante Lángara, s/n 
15011 A Coruña 

8. O premio para o primeiro clasificado será a fabricación do xogo na devandita impresora 3D de forma gratuita e a súa divulgación.

9. A propiedade intelectual do xogo pertencerá ao seu creador. Non obstante, este cederá os dereitos a INCUDE para a súa divulgación e a súa fabricación durante o primeiro ano.

mércores, 23 de setembro de 2015

A Coruña en sepia.

E esta é a última e moi sinxela foto do concurso A Coruña en sepia que organiza a asociación universitarias INCUDE coa colaboura da Asociación Palaestra.

Lembra que tes as bases aqui

mércores, 16 de setembro de 2015

mércores, 9 de setembro de 2015

domingo, 6 de setembro de 2015

mércores, 2 de setembro de 2015

domingo, 30 de agosto de 2015

domingo, 23 de agosto de 2015

A Coruña en sepia

Unha zona da cidade que cambiou moito ao longo do tempo... ai estaba o mar.

mércores, 12 de agosto de 2015

domingo, 9 de agosto de 2015

luns, 3 de agosto de 2015

mércores, 29 de xullo de 2015

mércores, 22 de xullo de 2015

domingo, 19 de xullo de 2015

A Coruña en sepia


Aqui temos unha visión de hai anos dun espazo característico da cidade.

venres, 17 de xullo de 2015

Actividades de final de curso de INCUDE

CAMIÑO DE SANTIAGO
INCUDE está a organizar o tramo final do Camiño, dende Tui a Santiago entre o 5 e o 9 de agosto. Apúntate!


A CORUÑA EN SEPIA
Estamos a publicar en http://incude.udc.es/ dúas fotografías antigas á semana da Coruña.
Participa no noso concurso de recreación fotográfica!

Premios:
1º PREMIO: Trofeo, libro e 100 €
2º PREMIO: Trofeo, libro e 50 €
3º PREMIO: Trofeo, libro e 25 €

Bases: http://iniciativasuniversitarias.blogspot.com.es/2015/06/concurso-coruna-en-sepia.html


SEMANAS DE ACTIVIDADES PARA RAPACES DE 8 A 14 ANOS
No Centro Universitario de Riazor de luns a venres e de 11,00 a 14,00. Cota de 20 euros por semana.

Do 20 ao 24 de xullo: Clases de Xadrez
Impartidas por Walter López.
Campión Galego de Semirrápidas 2015 e varias veces membro da selección universitaria coruñesa.
Mínimo alumnos: 5. Máximo alumnos: 10

Do 27 ao 31 de xullo: Xadrez de iniciación (nivel I).
Impartidas por xogadores do Club de Iniciativas Deportivas Universitarias.
Mínimo alumnos: 5. Máximo alumnos: 10

Do 10 ao 14 de agosto: Xogos de naipes. Estratexias básicas nos xogos de cartas.
Impartidas por membros da nosa entidade.
Mínimo alumnos: 5. Máximo alumnos: 10

Do 24 ao 28 de agosto: Xadrez de iniciación (nivel II).
Impartidas por Walter López.
Campión Galego de Semirrápidas 2015  e varias veces membro da selección universitaria coruñesa.
Mínimo alumnos: 5 Máximo alumnos: 10


VIAXES NUN DÍA – COÑECER GALICIA
En colaboración coa Asociación de Amigos dos Museos de Galicia.
Excursións de todo o día da citada entidade e guiadas polo coñecido historiador Felipe Senén.
As excursións empezan sobre as 9,00 e rematan sobre as 21,00. Inclúen desprazamento e xantar.

2 de agosto: Ribeira Sacra. 35 euros para socios de INCUDE.
6 de setembro: As Illas Cíes e a Ría de Vigo. Pendente do prezo.


PISO DE XADRECISTAS
Unha das novidades para o vindeiro curso 2015-2016 é crear un piso de xadrecistas universitarios. Buscamos estudantes interesados en participar nas nosas actividades e na difusión do xadrez e a cambio a nosa entidade asumirá algúns dos gastos do piso.
Os interesados poden contactar co noso equipo de xadrez en cidu@xadrezuniversitario.org

Bases: http://incude.udc.es/piso.pdf

E se aínda non es socio de INCUDE, podes facerte por só 1 € ata o final do curso!

mércores, 15 de xullo de 2015

A Coruña en sepia

Para compensar a dificultade da anterior, publicamos hoxe unha moi sinxela e que xa aparecía na edición do pasado ano.

domingo, 12 de xullo de 2015

A Coruña en sepia

Nova publicación do concurso.

Seguramante non saibas que edificio é o que aparece na foto.

mércores, 8 de xullo de 2015

domingo, 5 de xullo de 2015

clasificación final II Olimpiada de Xogos Mentais

Camilo Blanco, gañador de Age of Empires II
Rematou a II Olimpiada de Xogos Mentais organizada por INCUDE. Participaron en total 25 persoas.


Os gañadores de cada proba foron os seguintes:

Tute subastado: Ernesto Pérez
Age of Empires II: Camilo Blanco
Póquer: Ivón Blanco
Xadrez: Ernesto Pérez
Rogelio Pesqueira, gañador de Game of Thrones
Xadrez rápido: Sergio Guerrero
Trivial: David Soto
Game of Thrones: Rogelio Pesqueira






Daniel Mayo, segundo clasificado de xadrez









E os gañadores da clasificación xeral foron os seguintes:

Primeiro clasificado: Santiago Domínguez
Segundo clasificado: Ernesto Pérez
Terceiro clasificado: Daniel Codesido



Daniel Codesido, tercer clasificado da Olimpiada
Santiago Domínguez, o gañador da Olimpiada
Ernesto Pérez, segundo clasificado da Olimpiada


Moitas grazas a todos por participar. Esperamos que o ano que ven sexa aínda moito mellor.

A Coruña en sepia

Unha novo foto do concurso.

Sabes onde é?

sábado, 4 de xullo de 2015

Clasificación provisional II Olimpiada de Xogos Mentais

A falta do torneo de Game of Thrones, a clasificación da II Olimpiada de Xogos Mentais está da seguinte maneira:

1. Santiago Domínguez 40
2. Ernesto Pérez 32
3. Daniel Codesido 26
4. Daniel Mayo 26
5. Camilo Blanco Pampín 18
6. José Manuel Andión 16
7. Adrián Martínez 14
8. Pablo Pensado 13
9. Ivón José Blanco Pérez 10
10. Sergio Guerrero Olmos 10
11. David Soto Díaz 10
12. Andrés 9
13. Florencio González 9
14. Walter López 8
15. Luis Rodríguez 7
16. Silja Molist 7
17. Rogelio Pesqueira Sánchez 5
18. Jaime 5
19. Luis Carlos Martínez 5
20. Carlos Castedo 4
21. Javier Arias 3
22. Manuel Andión 2
23. Daniel Frangiacomo 0
24. Alfonso Mascolo 0

Recordemos que cada torneo da 10 puntos ao primeiro clasificado, 9 ao segundo, etc., ata o 10º que leva 1 punto. Así que todo pode pasar aínda.

O derradeiro torneo da Olimpiada, o xogo de taboleiro de Game of Thrones, será mañá domingo 4 de xullo as 17.00. Tras rematar este, ás 21.00 será a entrega de premios final aos gañadores da Olimpiada

Daránse trofeos aos tres primeiros da clasificación xeral. Tamén se darán trofeos aos gañadores de cada proba individual, salvo os torneos con máis participación, os de xadrez rápido, xadrez lento e póquer, no que se dará un trofeo aos tres primeiros clasificados.

Estades todos invitados a participar no torneo de Game of Thrones (non é necesario saber xogar, explicaremos as reglas alí mesmo) e á posterior entrega de premios.

Moitas grazas a todos os participantes da Olimpiada

Entre todos facemos INCUDE

mércores, 1 de xullo de 2015

A CORUÑA EN SEPIA

Empezamos a publicar as fotos do II CORUÑA EN SEPIA e tal como advertiramos hai uns días este ano as fotos son moito mais sinxelas de localizar.

Queremos unha maior participación e que a xente pense na transformación da cidade entre o século XX e o XXI.





luns, 29 de xuño de 2015

CONCURSO A CORUÑA EN SEPIA

A Asociación Palaestra e a Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias (INCUDE) colaboran por segundo ano nun concurso de fotografía baseado nos cambios experimentados na cidade da Coruña.

A idea é realizar unha fotografía actual do lugar que aparece nas que iremos publicando, de forma que se premiará á mellor serie de fotografías que reflexen os cambios.

Deste xeito invitamos a meditar non só aos participantes, se non a todos os lectores das nosas webs, sobre a evolución da cidade e a transformación dos seus espazos, reflexionando sobre os cambios entre A Coruña do século XX e a do século XXI.

Dende o 1 de xullo publicaremos unha fotografía cada domingo e mércores, finalizando a serie a finais de setembro. En relación ao ano pasado, as vinte e cinco fotografías escollidas nesta edición serán de edificios e ruas mais doados de recoñecer na cidade de hoxe.

As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 30 de outubro de 2015.

Coas fotografías realizarase unha pequena exposición.

Ademais haberá os seguintes premios:

1º PREMIO: Trofeo, libro e 100 €
2º PREMIO: Trofeo, libro e 50 €
3º PREMIO: Trofeo, libro e 25 €

sábado, 6 de xuño de 2015

II Olimpiada de Xogos Mentais

Celebramos a segunda edición da Olimpiada de Xogos Mentais, a desenvolver en varios días de xuño e xullo. Animámosvos a todos a participar!


Datas:

VENRES 12 e 19 de xuño:
Torneo de Xadrez: XXV Campionato Universitario de Xadrez
Lugar: Sala Xadrez, Andar -1, CUR
Hora: 18,00

MARTES 9 de xuño:
Torneo de Tute
Lugar: Aula 2, Andar 0, CUR
Hora: 18,00

DOMINGO 14 de xuño:
Torneo de Age of Empires II
Lugar: Aula 2, Andar 0, CUR
Hora: 18,00 

MARTES 16 de xuño:
Torneo de Póquer
Lugar: Aula 2, Andar 0, CUR
Hora: 19,00

VENRES 19 de xuño:
Torneo de Rápidas de Xadrez: XXIII Campionato Universitario de Rápidas de Xadrez
Lugar: Sala Xadrez, Andar -1, CUR
Hora: 19,30

VENRES 26 de xuño:
Torneo de Trivial
Lugar: Aula 2, Andar 0, CUR
Hora: 19,00

SÁBADO 27 de xuño:
Torneo de Damas
Lugar: Praza das Conchiñas
Hora: 12,00

DOMINGO 5 de xullo:
Torneo de Game of Thrones
Lugar: Aula 2, Andar 0, CUR
Hora: 17,00


Bases:

1. O local de xogo será o Centro Universitario de Riazor (CUR), na Aula 2 do Andar 0; agás os torneos de xadrez, que se celebrarán na Sala de Xadrez no Andar -1 do CUR, e o Torneo de Damas, que será na Praza das Conchiñas.

2. Entregarase un pequeno agasallo ao gañador de cada proba na ceremonia de clausura da Olimpiada.

3. Establecerase unha clasificación xeral da Olimpiada. En cada torneo se darán puntos aos 10 primeiros clasificados: 10 puntos ao 1º, 9 puntos a 2º, 8 puntos ao 3º, etc. Sen límite de torneos.

4. Os tres primeiros da clasificación xeral recibirán un trofeo.

5. Cota: gratuíta.

6. Inscripcións: Os interesados en participar nalgunha das probas deberán escribir un email co seu nome, apelidos e centro universitario, de for o caso, a incude@udc.es

7. A entrega de premios será o domingo 5 de xullo ás 21.00, xusto despois do torneo de Game of Thrones, na aula 2 do CUR.

sábado, 9 de maio de 2015

Visita guiada á exposición "O primeiro Picasso"

«Na Coruña pasei os últimos anos da miña nenez e os primeiros da mocidade. Non volvín por alí, pero sabe vostede o cariño que lle conservo a aquela terra, que me parece belísima no recordo. Mire, mire: aquí teño postais da Coruña: os Cantóns, o Recheo, o Xardín de San Carlos, a Torre de Hércules, o Instituto Da Guarda onde estudei o meu bacharelato» PICASSO


A exposición O PRIMEIRO PICASSO A CORUÑA 2015 que presenta o Museo de Belas Artes, é unha oportunidade única para que o alumnado se achegue á etapa coruñesa de Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi crucial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Na mostra podremos observar os seus primeiros debuxos e cadros, a evolución da súa técnica e a influenza dos mestres que tivo na cidade, así como coñecer algún dos temas que retomaría ao longo da súa dilata produción artística. Ademáis, diferentes documentos, fotografías e obxectos nos permitirán contemplar cómo era A Coruña da época.


Ofrecémosche dúas posibilidades:
- mércores 20 de maio ás 16:30
- sábado 23 de maio ás 17:30
Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es antes do próximo mércores 13 de maio indicándonos en cal das dúas quendas preferirías vir e cantas persoas seriades.

ÚLTIMA HORA: Veñen de ofrecernos a posibilidade de facer a visita o próximo DOMINGO 17 DE MAIO ÁS 10:00. Escríbenos se estás interesado en vir neste novo horario!

ACTUALIZACIÓN: El Ideal Gallego publicou unha fotografía da visita dun dos nosos grupos!



xoves, 7 de maio de 2015

Próximas actividades de INCUDE


VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN “O PRIMEIRO PICASSO”

Sabías que os poucos anos que Picasso viviu na Coruña influíron decisivamente na súa carreira posterior? Descobre connosco esta etapa da súa vida a través dunha visita guiada gratuíta á exposición que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña.

Ofrecémosche dúas posibilidades:
- mércores 20 de maio ás 16:30
- sábado 23 de maio ás 17:30

Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es ***antes do próximo mércores 13 de maio*** indicándonos en cal das dúas quendas preferirías vir e cantas persoas seriades (e se poderiades ir ou non á outra quenda por se temos que axustar o tamaño dos grupos).


OLIMPIADA DE XOGOS MENTAIS

Xa estamos preparando a II Olimpiada. Gustaríanos que opinaras sobre as mellores datas para ti e que xogos preferirías cubrindo esta enquisa:

https://docs.google.com/forms/d/1sKqmUURd7ygRtDL1NsXNCm8IcQSUZBVnh8fvfiZUSos/viewform


CAMIÑO DE SANTIAGO

Tamén estamos planeando facer as últimas etapas do Camiño de Santiago entre o 6 e 10 de agosto. Escríbenos a incude@udc.es se queres peregrinar con nós!


XEIRAS "COÑECER GALICIA"

Coa colaboración da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, tamén che queremos ofrecer a posibilidade de coñecer a nosa terra:

31/05: Santa Tegra
05/07: O Ribeiro e San Cibrao das Las.
02/08: Ribeira Sacra
06/09: Cíes e Ría de Vigo
08/11: Viana do Castelo

O prezo é de 35 € para socios de INCUDE. Inclúe desprazamento e xantar.

xoves, 23 de abril de 2015

II Olimpiada de Xogos

Un ano máis INCUDE pretende levar a cabo a Olimpiada de Xogos. Como o ano pasado o calendario en agosto non foi o mellor, pedímosche que propoñas ti as datas e os xogos que queres que teñan cabida nesta II Olimpiada.

Para elo pedímosche que cubras esta enquisa moi curta elixindo as datas que mellor che veñen e os xogos nos que che gustaría participar.

Calquera proposta ou calquer comentario son benvidos. Propón o xogo que máis che guste e tentaremos incorporalo.

Moitas grazas a todos por participar!

xoves, 9 de abril de 2015

Escola de xadrez da universidade

Sabías que Andersen gañou o primeiro torneo internacional da historia do xadrez? E sabías que Morphy renegou do xadrez a maior parte da súa vida? E que Steinitz ofrecía peón e saída a Deus nos seus últimos anos? Sabías que Lasker foi o campión que retivo o título máis anos e que era íntimo amigo de Einstein? E que Capablanca estivo sen perder 10 anos seguidos unha soa partida?


Nas clases de xadrez da universidade aprenderás todo isto e moito máis, e gozarás das mellores combinacións da historia do xadrez.



Quen é próximo campión do que imos falar o próximo mércores? Dámosche unha pista: Xogou unhas simultáneas á cega contra 10 taboleiros nCoruña en 1935.



Se sabes quen é podes respondérnolo nos comentarios, e non te esquezas de pasarche o mércores para ver as súas partidas máis brillantes.















martes, 7 de abril de 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de abril do 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de abril de 2015:

Reuníronse os seguintes membros da xunta directiva:

Presidente: José Manuel Andión
Vicepresidente: Diego García-Muñoz
Secretario: Santiago Domínguez
Tesoureiro: Daniel Codesido
Vogal: Manuel Fondevila

Os puntos do día foron os seguintes:

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Informes do presidente:

            - O presidente informa das axudas concedidas pola Deputación da Coruña (provisoriamente) e pola UDC.

3. Informase das actividades en curso e fíxase o calendario para as actividades ao longo do 2015

4. Acordase solicitar unha reunión coa Vicerreitora de Estudantes, Deporte e Cultura da UDC

sábado, 7 de febreiro de 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de febreiro de 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de febreiro de 2015:

Reuníronse os seguintes membros da xunta directiva:

Presidente: José Manuel Andión
Vicepresidente: Diego García-Muñoz
Secretario: Santiago Domínguez
Tesoureiro: Daniel Codesido

Os puntos do día foron os seguintes:

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Informes do presidente:

            - En nome da asociación, o presidente asinou o convenio co Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU). Deste xeito se oficializa a colaboración entre estas dúas entidades levada a cabo nestes anos.

3. Convocatoria da UDC de Axudas a Programas de Actividades Estudiantís

Apróbase solicitar unha axuda para:

            - III Torneo de Xadrez en Liña

            - II Olimpiada de Xogos Mentais

            - Residencia de Estudantes e Casa do Xadrez

            - Visitas Culturais: Castro de Elviña, Estrella Galicia, Camiño de Santiago