
Sabías que Andersen gañou o primeiro torneo internacional da historia do xadrez? E sabías que Morphy renegou do xadrez a maior parte da súa vida? E que Steinitz ofrecía peón e saída a Deus nos seus últimos anos? Sabías que Lasker foi o campión que retivo o título máis anos e que era íntimo amigo de Einstein? E que Capablanca estivo sen perder 10 anos seguidos unha soa partida?

Nas clases de xadrez da universidade aprenderás todo isto e moito máis, e gozarás das mellores combinacións da historia do xadrez.
Quen é próximo campión do que imos falar o próximo mércores? Dámosche unha pista: Xogou unhas simultáneas á cega contra 10 taboleiros na Coruña en 1935.

Se sabes quen é podes respondérnolo nos comentarios, e non te esquezas de pasarche o mércores para ver as súas partidas máis brillantes.