sábado, 9 de maio de 2015

Visita guiada á exposición "O primeiro Picasso"

«Na Coruña pasei os últimos anos da miña nenez e os primeiros da mocidade. Non volvín por alí, pero sabe vostede o cariño que lle conservo a aquela terra, que me parece belísima no recordo. Mire, mire: aquí teño postais da Coruña: os Cantóns, o Recheo, o Xardín de San Carlos, a Torre de Hércules, o Instituto Da Guarda onde estudei o meu bacharelato» PICASSO


A exposición O PRIMEIRO PICASSO A CORUÑA 2015 que presenta o Museo de Belas Artes, é unha oportunidade única para que o alumnado se achegue á etapa coruñesa de Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi crucial na súa formación como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Na mostra podremos observar os seus primeiros debuxos e cadros, a evolución da súa técnica e a influenza dos mestres que tivo na cidade, así como coñecer algún dos temas que retomaría ao longo da súa dilata produción artística. Ademáis, diferentes documentos, fotografías e obxectos nos permitirán contemplar cómo era A Coruña da época.


Ofrecémosche dúas posibilidades:
- mércores 20 de maio ás 16:30
- sábado 23 de maio ás 17:30
Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es antes do próximo mércores 13 de maio indicándonos en cal das dúas quendas preferirías vir e cantas persoas seriades.

ÚLTIMA HORA: Veñen de ofrecernos a posibilidade de facer a visita o próximo DOMINGO 17 DE MAIO ÁS 10:00. Escríbenos se estás interesado en vir neste novo horario!

ACTUALIZACIÓN: El Ideal Gallego publicou unha fotografía da visita dun dos nosos grupos!



xoves, 7 de maio de 2015

Próximas actividades de INCUDE


VISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN “O PRIMEIRO PICASSO”

Sabías que os poucos anos que Picasso viviu na Coruña influíron decisivamente na súa carreira posterior? Descobre connosco esta etapa da súa vida a través dunha visita guiada gratuíta á exposición que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña.

Ofrecémosche dúas posibilidades:
- mércores 20 de maio ás 16:30
- sábado 23 de maio ás 17:30

Se estás interesado, escríbenos a incude@udc.es ***antes do próximo mércores 13 de maio*** indicándonos en cal das dúas quendas preferirías vir e cantas persoas seriades (e se poderiades ir ou non á outra quenda por se temos que axustar o tamaño dos grupos).


OLIMPIADA DE XOGOS MENTAIS

Xa estamos preparando a II Olimpiada. Gustaríanos que opinaras sobre as mellores datas para ti e que xogos preferirías cubrindo esta enquisa:

https://docs.google.com/forms/d/1sKqmUURd7ygRtDL1NsXNCm8IcQSUZBVnh8fvfiZUSos/viewform


CAMIÑO DE SANTIAGO

Tamén estamos planeando facer as últimas etapas do Camiño de Santiago entre o 6 e 10 de agosto. Escríbenos a incude@udc.es se queres peregrinar con nós!


XEIRAS "COÑECER GALICIA"

Coa colaboración da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, tamén che queremos ofrecer a posibilidade de coñecer a nosa terra:

31/05: Santa Tegra
05/07: O Ribeiro e San Cibrao das Las.
02/08: Ribeira Sacra
06/09: Cíes e Ría de Vigo
08/11: Viana do Castelo

O prezo é de 35 € para socios de INCUDE. Inclúe desprazamento e xantar.

xoves, 23 de abril de 2015

II Olimpiada de Xogos

Un ano máis INCUDE pretende levar a cabo a Olimpiada de Xogos. Como o ano pasado o calendario en agosto non foi o mellor, pedímosche que propoñas ti as datas e os xogos que queres que teñan cabida nesta II Olimpiada.

Para elo pedímosche que cubras esta enquisa moi curta elixindo as datas que mellor che veñen e os xogos nos que che gustaría participar.

Calquera proposta ou calquer comentario son benvidos. Propón o xogo que máis che guste e tentaremos incorporalo.

Moitas grazas a todos por participar!

xoves, 9 de abril de 2015

Escola de xadrez da universidade

Sabías que Andersen gañou o primeiro torneo internacional da historia do xadrez? E sabías que Morphy renegou do xadrez a maior parte da súa vida? E que Steinitz ofrecía peón e saída a Deus nos seus últimos anos? Sabías que Lasker foi o campión que retivo o título máis anos e que era íntimo amigo de Einstein? E que Capablanca estivo sen perder 10 anos seguidos unha soa partida?


Nas clases de xadrez da universidade aprenderás todo isto e moito máis, e gozarás das mellores combinacións da historia do xadrez.



Quen é próximo campión do que imos falar o próximo mércores? Dámosche unha pista: Xogou unhas simultáneas á cega contra 10 taboleiros nCoruña en 1935.



Se sabes quen é podes respondérnolo nos comentarios, e non te esquezas de pasarche o mércores para ver as súas partidas máis brillantes.















martes, 7 de abril de 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de abril do 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de abril de 2015:

Reuníronse os seguintes membros da xunta directiva:

Presidente: José Manuel Andión
Vicepresidente: Diego García-Muñoz
Secretario: Santiago Domínguez
Tesoureiro: Daniel Codesido
Vogal: Manuel Fondevila

Os puntos do día foron os seguintes:

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Informes do presidente:

            - O presidente informa das axudas concedidas pola Deputación da Coruña (provisoriamente) e pola UDC.

3. Informase das actividades en curso e fíxase o calendario para as actividades ao longo do 2015

4. Acordase solicitar unha reunión coa Vicerreitora de Estudantes, Deporte e Cultura da UDC

sábado, 7 de febreiro de 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de febreiro de 2015

Xunta directiva de INCUDE do 6 de febreiro de 2015:

Reuníronse os seguintes membros da xunta directiva:

Presidente: José Manuel Andión
Vicepresidente: Diego García-Muñoz
Secretario: Santiago Domínguez
Tesoureiro: Daniel Codesido

Os puntos do día foron os seguintes:

1. Lectura e aprobación da acta anterior

2. Informes do presidente:

            - En nome da asociación, o presidente asinou o convenio co Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU). Deste xeito se oficializa a colaboración entre estas dúas entidades levada a cabo nestes anos.

3. Convocatoria da UDC de Axudas a Programas de Actividades Estudiantís

Apróbase solicitar unha axuda para:

            - III Torneo de Xadrez en Liña

            - II Olimpiada de Xogos Mentais

            - Residencia de Estudantes e Casa do Xadrez

            - Visitas Culturais: Castro de Elviña, Estrella Galicia, Camiño de Santiago


luns, 1 de decembro de 2014

I Concurso de aplicacións Android

Celebrouse durante o ano 2014 o I Concurso de aplicacións para android, consistente no desenvolvemento dunha aplicación para android de carácter cultural. Organizouno INCUDE, coa colaboración da Deputación Da Coruña.

O gañador foi José Alberto Ortega, coa aplicación Tour Riazor:

https://play.google.com/store/apps/details?id=es.aortega.tourriazor

O segundo clasificado foi Lot Amorós coa aplicación Flone Remote:

https://play.google.com/store/apps/details?id=processing.test.floneremote


Moitas grazas aos participantes