xoves, 3 de xaneiro de 2019

XXVI Aniversario INCUDE


Este venres INCUDE cumple 26 anos dende a súa fundación.
E imos facer unha pequena actividade para festexarlo.

ANIVERSARIO INCUDE
No Centro Universitario de Riazor.
Venres 4 de xaneiro de 2019

19,00 - 20,00: Torneo de Trivial.

20,00 - 21,00: Torneo de Rápidas de Xadrez.

21,00 - 21,30: Proba de Puzzle Rush en chess.com (non fagas a proba de mañán para poder facelo co teu móbil).

21,30 - 0,00: Torneo Nocturno de Xadrez.

Cota de participación: De balde para os socios de INCUDE ou CIDU. (faite socio por só 2 euros).

Premios:
Haberá unha copa para o campión do Torneo Nocturno.

Haberá unha copa para o mellor da combinada.
Como faremos a combinada?
Moi sinxelo:
Cada unha das 4 probas repartira 15 puntos: 5 para o primeiro, 4 para o segundo, 3 para o terceiro, 2 para o cuarto e 1 para o quinto.

A clasificación da combinada farase sumando as dúas mellores puntuacións de cada xogador (así que con tal de participar en dúas das probas xa entras na combinada) e como desempate empregarase o resto de puntos se os hai ou a mellor posición en calquera das probas non contabilizadas.

Se queres participar... simplemente pasa por alí.

E lembra que segue aberta a inscrición no noso Torneo Online ata esta fin de semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario