domingo, 5 de xullo de 2026

Xornadas Irmandiñas 2026

Como continuación das nosas actividades no Asalto ao Castelo 2026 en Vimianzo, os próximos mércores 8 e xoves 9 a partir das 20:00 celebraremos as Xornadas Irmandiñas adicadas ós xogos de taboleiro.

Adicaremos o mércores 8 a dous xogos deseñados polo noso ex-presidente Rogelio Pesqueira. O primeiro deles é Irmandiños, editado por INCUDE e ambientado na Revolta Irmandiña. Tes moita máis información sobre el no seu espazo web www.irmandiños.org
O segundo xogo ó que adicaremos a xornada é Réquiem, ambientado na Guerra Civil española e editado por GenX.

O xoves 9 será dedicado en exclusiva a un clásico das nosas actividades, Xogo de Tronos

Contaremos coa colaboración de AgaXogos nestas xornadas. Achégate polo CUR!


mércores, 1 de xullo de 2026

Pregón-Resolución do II Concurso de Microrrelatos Irmandiños 2026

Por orde do señor Alonso II de Fonseca, dono e señor destas terras e magno mecenas das artes, FAISE SABER 


QUE o xuri do II Certame de Microrrelatos Irmandiños recoñece o mérito dos textos presentados, e agradece a participación xenerosa da comunidade intra e extramuros


QUE a decisión dos premios concedidos a seguir é inapelábel


QUE as persoas que se mencionarán a continuación, pasen a recoller ipso facto as recompensas que no exercicio do seu labor literario lles foron concedidas


QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 3º premio, intitulado Herdeiros da cinza, resultou ser autoría de Alba Prieto Ramil, de Ortigueira


QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 2º premio, intitulado Lume, resultou ser autoría de Pablo Ferreiro Amigo, de Vimianzo


QUE o microrrelato ao que se lle outorga o 1º premio, intitulado Un soño de loita, resultou ser autoría de  Antía Dosil Bermúdez, de Vigo


QUE, letras mediante, o xuri e a organización desde Certame teñen a intención de darlle continuidade no futuro e que, por tanto, no futuro agardarmos volver a vernos


Dito foi e dito queda por Alonso II de Fonseca, amo e señor destas terras e magno mecenas das artes.