martes, 18 de xuño de 2019

ACTIVIDADES EN XUÑO

As nosas propostas para o que queda do mes de xuño:

AVISO: IREMOS ENGADINDO MAIS PROPOSTAS, ASI QUE MIRADE A PÁXINA.

TORNEO DE DOMINO
Xoves 27. Ás 18,00 no Sporting Club Casino (Rúa Real).
Pásate ainda que veñas so, que xa faremos alí as parellas.
De balde. Trofeo para o vencedor.

XORNADA DE XOGOS DE MESA 
Sábado 29 a partir das 17,00. Centro Universitario de Riazor.
Ven con nos a xogar a Clash Royale e xogos de taboleiro como Código Secreto, Colonos de Catán e escapismo (Ed. Diset)
Cota de 1 euro. Trofeo para o vencedor.

CLASES INICIACION XADREZ PARA ADULTOS 
Os martes e xoves de 19,30 a 20,30.
Dirixido a adultos que se estén iniciando e a rapaces que cursaran o curso nivel 1 de AGAX pero non superaran as probas finais.
Son 8 días de actividade.
Os interesados poden escoller entre unha das horas á semana (12 euros) ou asistir os dous días (20 euros) ou mesmo escoller a que 4 clases ir (12 euros).

CIRCUITO DE TORNEO DE RAPIDAS  DE XADREZ
Torneos a celebrar os seguintes venres: 21 e 28 de xuño e 5, 12 e 19 de xullo.
De 20,30 a 21,30 no Centro Universitario de Riazor.
Para todos os interesados.
Cota de 1 euro por participar e trofeo para o vencedor de cada torneo e do circuito final.

XXVII TORNEO UNIVERSITARIO DE XADREZ RAPIDO
25 de xuño
Ás 20,30 no Centro Universitario de Riazor.
Para todos os interesados.
Cota de 1 euro. Trofeo para o vencedor.

COUSAS QUE ESTAMOS PENSANDO PARA O MES DE XULLO

CURSO INICIACION AO XADREZ PARA RAPACES 
Do luns 1 de xullo ao venres 5 de xullo de 11,00 a 14,00.
Dirixido a rapaces de iniciacion
Mínimo de inscricións para a súa realización: 4
Cota: 30 euros.

TORNEO DE TUTE
Xoves 4 probablemente.
Ás 18,00 no Centro Universitario de Riazor.
Pásate ainda que veñas so, que xa faremos alí as parellas.
Cota de 1 euro. Trofeo para o vencedor.

ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO
6  de xullo
Dende as 11,00 na Praza do Concello de Vimianzo.
Faremos unha presentación do Xogo irmandiños e torneos de Clash Royale e Xadrez
Para todos os interesados.
De balde. Trofeos para o vencedores.

CURSO FINAIS BASICOS RAPACES 
Do luns 8 de xullo ao venres 13 de xullo de 11,00 a 14,00.
Mínimo de inscricións para a súa realización: 4
Cota: 30 euros.

SEMANA DE XOGOS 
Do luns 15 de xullo ao venres 19 de xullo de 10,00 a 14,00.
A semana de xogos combinará actividades de xadrez, damas e outros xogos de taboleiro.
E unha hora mais que nas semanas anteriores.
Para todas as idades
Os participantes recibirán un pequeno taboleiro de xadrez.
Mínimo de inscricións para a súa realización: 4
Cota: 40 euros.

VIAXE A MONFORTE 
Estamos pensando en visitar o último sábado a de xullo.

COUSAS QUE ESTAMOS PENSANDO PARA O INICIO DO CURSO 2019-2020
VIAXE A PORTO 
Un fin de semana visitaremos a cidade portuguesa.

PISO DE XADRECISTAS 
A idea é facer un piso residencia para universitarios afeizoados ao xadrez.

Calquera cousa que queiras comentar... escrebenos a incude@udc.es

Mais info en incude@udc.es e no Whatsapp 654603716

Ningún comentario:

Publicar un comentario