luns, 22 de xullo de 2019

VIAXE A MONFORTE

VIAXE A MONFORTE
27 de xullo

INCUDE propón unha curta visita á Capital de Ribeira Sacra.
Recomendamos a visita ao Museo do Tren, a súa torre, o Museo do Viño e ao Casco Vello en xeral.
Cada participante poderá realizar en Monforte as visitas que considere oportunas. O autubús fará a súa parada en Monforte no Museo do Ferrocarril e no centro e pola tarde trasladará aos interesados ao Pazo de Tor.
O autobús sairía ás 10,00 do Centro Universitario de Riazor e sairía de Monforte ás 20,30.
A cota (que so inclúe a viaxe A Coruña - Monforte - A Coruña) é de 12 euros.
A coordinación de visitas e horarios sería a través do Grupo de Whatsapp.
Participantes mínimos para a realización da visita: 10. Máximo: 55.


Ningún comentario:

Publicar un comentario