venres, 31 de xaneiro de 2020

XOGANDO NO CUR

Fin de semana con actividades no CUR

Este VENRES imos poñer en xogo o trofeo do aniversario de INCUDE, que naceu nun mes de xaneiro de hai 27 anos.

Para conseguir o trofeo haberá que gañar unha proba combinada consistente nun torneo de PuzzleRush, un Torneo de Xadrez FischerRandom e por meter algo distinto ao xadrez un torneo de naipes co xogo da escoba. Dende as 19,30.

O SABADO cinco equipos participarán como locais nas instalacións do CUR, tres equipos do CIDU, o Casino e un XDM e parte dos visitantes tamén serán da casa, polo que segundo vaia rematando a xente poremos en xogo outro trofeo... o da Xornada Lúdica Imbolc.

Será pois tras as partidas da Liga Galega de Xadrez.

Na mitoloxía celta a noite do 31 de xaneiro ao 1 de febreiro era o IMBOLC, unha festa de tipo agrario que foi derivando ás festas da Candeloria e o San Brais (improbable que alguén chegase a santo con ese nome).

Segundo vaia rematando a xente as súas partidas iremos facendo probas coa wii e con algún xogo de taboleiro.

A participación é de so un euro para cada unha das xornadas.

O Imbolc asóciase convencionalmente co 1 de febreiro aínda que o festival celta comeza o 31 de xaneiro. O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da naturaza que foi cristianizado. Nesa data acendense velas coa finalidade de aportar luz e calor ao sol para que recobrase a súa forza e a proxectase sobre a terra. Unha festa da luz, reflectindo os días cada vez máis longos e a esperanza da primavera. Tradicionalmente ilumínanse farois nas frontes das casas por uns cuantos minutos. Na antiga Roma celebrábase as "Lupercais", cunha procesión con candeas acendidas de noite. No 492 o Papa Gelasio crea a festa da Purificación da Virxe. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión con candeas. O crego bendice as candeas que a xente ten de manter acesas mentres durar a misa. Estas candeas lévanse para a casa pois atribúenselles poderes como calmar as treboadas ou alumear o camiño das almas que deixan este mundo. Esta festa das luces celébrase en parroquias como Oseiro, Becerreá, Cervo, Meaño, O Rosal e Cedeira.

Durante a súa época de influencia celébrase normalmente unha das festas máis importantes de Galicia: o entroido.

A festa do Imbolc é un culto de tipo agrario no que valorábase a función produtiva, coincidindo tamén coa chegada do período de lactación das ovellas, aprestas a dar a luz na primavera. De feito na lingua irlandesa é o "no embigo" (i mbolg), referíndose á xestación das ovellas. Esta festividade está relacionada tamén co leite, polo que é tradición comer queixo e produtos lácteos, e beber leite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario