domingo, 26 de xullo de 2020

TORNEO DE LOL DE LUGNASAD

Na noite do 31 ao 1 de agosto os celtas celebraban o Lugnasad, festa dedicada ao deus Lugh, divindade solar, dispensador de sabedoría. É a festa celta da prosperidade.

Neste ano imos iniciar unha serie de torneos de LOL, que vanse celebrar en agosto, setembro e novembro, seleccionando equipos para unha Liga no primeiro semestre de 2021. Se non tes equipo no discord podes atopar un.

Algunhas normas xenéricas, para este torneo amigable:

Escenario de xogo: 

O mapa será "A greta do invocador".

Equipos:

Está prohibido facer multiclan (pertencer a varios equipos á vez).

Un equipo incompleto que non obteña permiso do rival para empregar xente allea, terá que xogar con menos xogadores ou retirarse.

Cada equipo terá que xogar as súas partidas na súa respectiva canle de voz co nome do seu equipo.

Sistema de xogo:

O torneo xogarase por eliminatorias.

Á hora marcada para a partida os dous capitáns ou líderes terán que contactar e agregar no xogo para crear a partida personalizada. Os equipos non presentados nos dez minutos seguintes á hora marcada perderán a partida.

Os equipos enviarán unha foto cos resultados da partida. En caso de que sexa falsa serán expulsados do torneo. A foto enviarase polo grupo de líderes indicando a que partida pertence.

Todas as roldas excepto a final (que será a tres) serán ao mellor dunha soa partida.

Na final os equipos poderán rotar xogadores nas diferentes partidas a condición de que estes estivesen na lista inicial do equipo.

Premios:

Haberá un trofeo das Xornadas Lúdicas de Lugnasad para o equipo vencedor.

Tamén recibirán dous vales de pizza mediana de Pizza Movil.

Os dous primeiros equipos clasificarán para unha Liga en 2021 na que tentaremos dar premios maiores.

Os equipos que clasifiquen para esta Liga e que estean compostos por estudantes da UDC ao menos nun 50% recibirán camisetas da asociación.

Neste torneo sortearemos tamen outro vale de pizza entre os xogadores da UDC calquera que sexa a súa clasificación.

Outros aspectos:

Tratamos de facer un torneo amigable sen pretensións, se nalgún momento incúmprese algunha das normas ou xurde algún problema, contactade cos admins ou directamente coa asociación en incude@udc.es

O bm (mal comportamento), levará á expulsión despois dun aviso

Non se permiten atallos


PODES INSCRIBIRTE NO ESPAZO DE DISCORD

Búscanos en instagram: @esports_incude_udc

Twitter: @eSports_INCUDE

Facebook: https://www.facebook.com/incude

ENTRA NO DISCORD: https://discord.com/invite/r4Ufx6V

Ningún comentario:

Publicar un comentario