mércores, 21 de xuño de 2023

Asalto ao Castelo. Vimianzo 2023.

O mes de xullo comezará para a nosa entidade coa colaboración unha vez mais coas actividades do Asalto ao Castelo en Vimianzo. Damos as grazas aos organizadores destas xornadas por contar novamente con nos.

Varias son as actividades que realizaremos este día, algunhas presenciais na praza do Concello e outras online:

11,00: Xogos de Mesa.

Serie de xogos relacionados co mundo medieval; o noso xogo Irmandiños, acompañado do Carcasonne e Costructores. O premio para o mellor será unha taza coa imaxe do xogo Irmandiños.

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

12:15: Torneo de Clash Royale e outro de Fall Guys (xogos online)

Organizados por HERCLE e INCUDE. Iremos engadindo información nesta web, para indicar os posibles premios.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

PREME PARA INCRIBIRTE NAS ACTIVIDADES

Os participantes nestas actividades aceptan o emprego dos seus nomes e / ou fotografías para a realización das listaxes de resultados, memorias e outras actividades de difusión destas actividades.

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo.