venres, 30 de xuño de 2023

Xadrez en Vimianzo

O mes de xullo que comeza este sábado chega un ano mais para nos coa colaboración nas actividades do Asalto ao Castelo en Vimianzo. Este curso ademais tivemos un xogador no equipo de xadrez que vive por aló, así que todo perfecto para incrementar as nosas actividades naqueles lugares.

No referente ao xadrez aquí tes as actividades:

11:20: Torneo presencial de xadrez.

Torneo suizo, cinco roldas e a ritmo de cinco minutos. O mellor recibirá un trofeo.

Será na praza do Concello.

16:00: Torneo de Xadrez Online

Segundo ano que realizamos este torneo de partidas a 3 + 2 en modalidade area, dunha hora de duración.

En lichess.org, aberto a todos os interesados: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #t7Clwq3z • lichess.org

Os participantes nas actividades presenciais recibirán tamén un libro de agasallo. 

Se non coñecedes o Asalto, botádelle un ollo á programación e preparar a excursión.

Info: https://www.asaltoaocastelo.gal/programacion/