mércores, 18 de outubro de 2023

Domingo... La Palma e La Bailadora

O próximo domingo imos a visitar a zona de Mugardos e Ares cerca do Campus de Ferrol.

Dende INCUDE propoñemos que veñades con nós:

10,00: Saída dende o Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara)
11,00: Saída dende o Campus de Ferrol (Esteiro)
11,30: Chegada as inmediacións do Castelo da Palma

Como noutras ocasións a actividade non é única. A xente ten a opción de decidir que fai durante a xornada, que rematará ás 20,00 no Museo Caldoval en Mugardos, hora na que o autobus que poñemos en INCUDE retornará a Ferrol e A Coruña.

Propoñemos dúas opcións:

1. Se o teu son os sendeiros os nosos colegas da Asociación Hercle queren facer esta ruta polas baterías de costa:
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-circular-ensenada-do-bano-mirador-de-bailadora-pta-do-segano-castillos-de-ferrol-mugardos-cost-82644012

2. Pero se queres facer algo mais calmado pódese ir andando dende o Castelo ata Mugardos, onde pola tarde teremos tres accións con xogos:
16:30 Torneo 4 en raia
17,00 Torneo de Carcasonne
18,00 Torneo de Xadrez

PREME PARA ANOTARTE