mércores, 11 de outubro de 2023

Próximas actividades

Neste mes de outubro temos prevista a realización de distintas actividades:

Xeira a Celanova. O vindeiro sábado 14 de outubro iremos a Celanova. O bus sairá do Centro Universitario de Riazor ás 11,00 e teremos actividades diversas alí. O bus e gratuito e a comida corre por conta de cada un dos viaxeiros. Podes ver a actividade en www.asombrate.es

Torneo de LOL. Convocamos tamén un torneo de LOL 1vs1. Tes as bases nesta web.

E no caso do xadrez, a nos actividade mais salientable, estamos a traballar para iniciar pronto actividades no Campus de Ferrol e imos reforzar a nosa actividade no Campus da Coruña coa organización de clases os mércores ás 18,00 no Centro Universitario de Riazor. A final de mes e a principio de novembro empezaremos cos torneos habituais.