xoves, 19 de setembro de 2024

II Torneo de LOL Individual

Tras o éxito na primeira convocatoria no curso pasado, lanzamos de novo o torneo de LOL na súa versión de 1 vs 1.

Así anunciamos a segunda edición do torneo individual de League of Legends. O único requisito é ser membro da UDC e entrar no servidor de Discord do torneo. O formato constará dun cadro de dobre eliminación con encontros ao mellor de tres partidas.

Onde anotarse?

No seguinte formulario:

https://forms.gle/C4iKNMriN5M1xhxB9

Calquera dúbida podes escribirnos a incude@udc.es

domingo, 25 de agosto de 2024

Resultados Torneo LOL

 Crónica Torneo LoL

Ao remate do curso finalizou o I Torneo de LoL de INCUDE por equipos. Tras unha fase previa en formato suízo, os seis primeiros equipos pasaron a unha fase final da que resultou vencedor o equipo ‘Despido Improcedente’, capitaneado por Mario Sánchez, estudante do Grao en Ciencias Empresariais.

O torneo xuntou a máis de 100 xogadores en 21 equipos, nos cales se pedía que a metade dos membros fosen estudantes da UDC. 

Estamos agradecidos da gran participación neste evento e procuraremos de facer máis no futuro. 

PREME PARA VER MAIS DATOS

xoves, 14 de marzo de 2024

LOL

Estamos moi satisfeitos pola boa acollida que tivo o noso torneo de LOL.

20 equipos e mais de 100 xogadores empezarán o torneo nesta semana.

Grazas a todos e lembra seguirnos das redes sociais.

xoves, 29 de febreiro de 2024

TORNEO DE LOL POR EQUIPOS

Presentamos un novo torneo de LOL, neste caso por equipos. 

É necesario que polo menos dous membros do equipo formen parte da UDC, polo que se pedirá o correo na inscrición a estes participantes. O tamaño máximo dos equipos será de 6, tendo un suplente por equipo.

INSCRICIONS ATA O DÍA 10 DE MARZO

O torneo será por xornadas dunha semana de duración, e os enfrontamentos faranse
preferentemente de venres a domingo. Os horarios para xogar cada rolda unicamente terán
unha data límite (domingo ás 23:59) até a cal será posible xogar o encontro. Os equipos
implicados en cada partida deberán falar entre eles e acordar unha hora e día que lles resulte
conveniente aos dous. En caso de ser imposible concretar unha hora antes da data límite,
porse en contacto co staff do torneo.


luns, 15 de xaneiro de 2024

Campións de LOL

O Torneo Individual de LOL deste curso tivo como campión a Miguel Faraldo e de subcampión a Eduardo Sendón.

Noraboa para ambos.

En poucas datas agardamos publicar as bases do Torneo de LOL por equipos.

Mantente informado na nosa web ou redes sociais.








sábado, 13 de xaneiro de 2024

Xogo de Tronos

Seguro que coñeces a serie, pero... coñeces o Xogo de Mesa?

Este sábado estaremos no CUR pola tarde por se queredes aprender ou botar unha partida.

domingo, 29 de outubro de 2023

Nova Xunta Directiva

Hai uns días, aproveitando a Xornada da Benvida, realizamos o cambio de Xunta Directiva que veu xa aprobado pola Xunta. A nova dirección queda formada por Iago Soto (presidente), Jaime Arangüena (videpresidente), Anxo Carreira (secretario), Pablo Furelos (tesoureiro) e Luca Grygar (vogal).

Dar as grazas aos anteriores directivos polo traballo realizado nesta entidade que está vivindo 30 anos de historia.