Como continuación das nosas actividades no Asalto ao Castelo 2026 en Vimianzo, os próximos mércores 8 e xoves 9 a partir das 20:00 celebraremos as Xornadas Irmandiñas adicadas ós xogos de taboleiro.
Adicaremos o mércores 8 a dous xogos deseñados polo noso ex-presidente Rogelio Pesqueira. O primeiro deles é Irmandiños, editado por INCUDE e ambientado na Revolta Irmandiña. Tes moita máis información sobre el no seu espazo web www.irmandiños.org
O segundo xogo ó que adicaremos a xornada é Réquiem, ambientado na Guerra Civil española e editado por GenX.
O xoves 9 será dedicado en exclusiva a un clásico das nosas actividades, Xogo de Tronos.
Contaremos coa colaboración de AgaXogos nestas xornadas. Achégate polo CUR!