Xa está en xogo o I Campionato en liña da UDC. Finalmente son 33 os participantes que están a xogar, repartidos en 3 grupos de 11 cada un. Pasarán a unha final a 9 os tres mellores de cada grupo.
Estes son os links aos 3 torneos previos, por se queredes votar unha ollada as partidas:
http://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g1
http://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g2
http://www.chess.com/tournament/udc-fase-previa-g3
Por facultades cabe destacar a ampla participación da facultade de informática, con ata 9 participantes.
Pasado o ecuador de cada grupo, van decantándose os postos que dan acceso a final, con mais ou menos 5 xogadores con posibilidades en cada grupo para as tres prazas. Cabe sinalar o grupo 3 cunha gran rivalidade onde os 5 primeiros teñen un nivel moi parello e calquera podería quedarse fora.
Como o tempo que lle dedica cada un a cada partida e moi diverso, xogadores en teoría mais febles poden gañarlle a xogadores mais fortes dedicandolle un tempo, non moito, a calcular variantes. Así, xogadores con elo fide que xogan asiduamente competicións están a caer ante xogadores en teoría inferiores.