O pasado venres fixemos unha visita ao Palacio de Capitanía (aínda que xa non hai Capitanias Xerais como antes). Un edificio interesante no que fixo de cicerón o comandante Costas, explicando diferentes detalles da historia do inmueble e dalgunhas das pezas que acolle.
Para todos aqueles que se perderon esta iniciativa, o Palacio ensínase os últimos venres de cada mes.
A nosa visita físoxe en colaboración coa Asociación de Historia y Cultura Militar Noroeste.