Mañá venres 15 de abril a asociación INCUDE realizará a primeira sesión do taller de impresión 3D na sala de Bricolabs, situada na Domus. Poderás ver o funcionamento da impresora 3D ademais de poder observar outros proxectos que membros de Bricolabs están construíndo na mesma sala.
Se tes curiosidade por ver a impresora 3D debes chegar ás 17,30 para entrar todos xuntos. Daremos 10 minutos de marxe e despois subiremos á sala. Vémonos mañá!