Hoxe faleceu de maneira sorpresiva o secretario e anterior vicepresidente de Iniciativas Culturais e Deportivas (INCUDE).
O falecemento, do que se fixeron eco varios medios de comunicación, produciuse mentres conducía cara Cee para explicar as obras de reforma dunha igrexa en compañía da súa muller e fillas.
(Noticia na Voz)
(Noticia na Voz)
Diego García-Muñoz foi un dos refundadores da nosa asociación en 2012 cando facía os seus estudos de doutoramento en Arquitectura. Na actualidade ocupaba a Secretaría da asociación, asi como a vicepresidencia no noso club irmán CIDU do que fora tamén un dos seus fundadores. O CIDU é o club máis activo do xadrez coruñés e nos últimos anos Diego apostara polo fomento do xadrez escolar.
As dúas entidades nas que era directivo decidimos suspender as actividades previstas para os próximos días.
A foto é do pasado mes de maio no que gañou o Torneo do Día da Ciencia na Rúa.
Botaremos de menos a súa continua disposición para colaborar nas actividades da asociación, pero sobre todo será imposible esquecer a súa bonhomia.
A nosa mensaxe de apoio á sua familia, especialmente a Nela, Noa e Vera, neste momento tan difícil.