martes, 20 de agosto de 2019

ACCIONS NO VERAN


VIAXE A PORTO
14 e 15 de setembro

INCUDE propón unha fin de semana a esta cidade portuguesa.
O autobús sairía o sábado 14 ás 10,00 do Centro Universitario de Riazor e regresaría de Porto o domingo 15 sobre as 17,00.
A cota (que so inclúe a viaxe A Coruña - Porto - A Coruña) é de 25 euros.
Cada participante deberá organizar pola súa conta as comidas e o aloxamento, pero en calquera caso a través do correo electrónico e do Grupo de Whatsapp poderán organizarse reservas de aloxamento para os grupos de intereses comúns.
Participantes mínimos para a realización da visita: 20. Máximo: 55.

INSCRICION NA VIAXE 




PISO XADRECISTAS.

Se xogas ao xadrez e queres participar no noso equipo ou se non xogas pero queres aprender e axudarnos coas nosas actividades, tes aquí esta iniciativa de INCUDE que consiste en favorecer o aloxamento compartido entre xadrecistas universitarios do Campus da Coruña e ao tempo reforzar a actividade da entidade.

Non é necesario contar cun nivel alto de xogo, simplemente participar no equipo de xadrez de INCUDE e colaborar coas actividades da nosa entidade.

PLANTEXAMENTO INICIAL

O piso será alugado ao nome das persoas que vaian vivir nel e INCUDE axudaría en parte dos gastos deste aluguer.

Destinatarios: O programa vai dirixido fundamentalmente a estudantes maiores de 18 anos e menores de 35 anos con matrícula nalgunha das titulacións oficiais do  campus da Coruña. No caso de existir vacantes poderán solicitar participar nesta actividade exalumnos da UDC menores de 30 anos e outros xogadores do equipo de xadrez do CIDU. En función da organización do vindeiro curso tamén poderán acollerse outros colaboradores de INCUDE e/ou da súa escola de xadrez, neste caso para garntir unha mellor organización.

Calquera dúbida ou consulta sobre esta actividade escribe a incude@udc.es