martes, 28 de xuño de 2022

AVANCE ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO

O sábado 2 de xullo celébrase en Vimianzo o Asalto ao Castelo que chega xa a súa edición 25.

Como nos últimos anos a organización invitou a INCUDE a sumarse a esta actividade amosando o seu xogo Irmandiños.

Nos próximos días iremos ampliando información e para aqueles que queirades achegaros estas son as actividades a desenvolver na praza do concello:

1. Mostra de xogo de taboleiro Irmandiños. 
Dende as 11,00 o noso xogo Irmandiños será o protagonista, aínda que levaremos algún xogo clásico como 3 en raia e muiño. O mellor recibirá unha taza coa imaxe do noso xogo.

2. Torneo de partidas rápidas de xadrez
De 11,30 a 13,00 aproximadamente. Na praza do Concello. O premio será un trofeo.

3. Torneo de Clash Royale.
De 13,00 en adiante. O premio será unha tarxeta regalo de Google Play con valor de 15 euros.

Para o mellor das tres actividades anteriores entregaremos un trofeo.

4. Torneo online de xadrez.
Pola tarde. De 16,00 a 17,00. Será en lichess. Aberto por tanto a calquera interesado de calquera lugar do mundo. O premio será unha tarxeta regalo de Google Play con valor de 15 euros.

Queremos que o torneo sexa unha actividade anual e permanente no tempo e unha das ideas a barallar e a crecaión dunha entidade para a promoción do xadrez.


Se queres ir con nos, contacta en incude@udc.es para ver opcións de transporte.