mércores, 28 de xullo de 2021

TORNEO DE FORTNITE EN LUGNASAD

Do mesmo xeito que o ano pasado fixemos un torneo de LOL, este ano imos facer unha proba cun torneo de Fortnite, para a nosa Xornada Lúdica do Lugnasad.

1. Máximo 32 participantes. Que xogarán por eliminatorias. Cada eliminatoria será ao mellor de tres partidas.

2. Calendario para 32 participantes:
Primeiras eliminatorias: 
1ª Elimin.-31/07/2021-17,00
2ª Elimin.-31/07/2021-17,15
3ª Elimin.-31/07/2021-17,30
4ª Elimin.-31/07/2021-17,45
5ª Elimin.-31/07/2021-18,00
6ª Elimin.-31/07/2021-18,15
7ª Elimin.-31/07/2021-18,30
8ª Elimin.-31/07/2021-18,45
9ª Elimin.-31/07/2021-19,00
10ª Elimin.-31/07/2021-19,15
11ª Elimin.-31/07/2021-19,30
12ª Elimin.-31/07/2021-19,45
13ª Elimin.-31/07/2021-20,00
14ª Elimin.-31/07/2021-20,15
15ª Elimin.-31/07/2021-20,30
16ª Elimin.-31/07/2021-20,45
Octavos:
1ª Elim. 8ºs-1/08/2021-17,00
2ª Elim. 8ºs-1/08/2021-17,15
3ª Elim. 8ºs-1/08/2021-17,30
4ª Elim. 8ºs-1/08/2021-17,45
5ª Elim. 8ºs-1/08/2021-18,00
6ª Elim. 8ºs-1/08/2021-18,15
7ª Elim. 8ºs-1/08/2021-18,30
8ª Elim. 8ºs-1/08/2021-18,45
Cuartos:
1ª Elim. 4ºs-1/08/2021-19,00
2ª Elim. 4ºs-1/08/2021-19,15
3ª Elim. 4ºs-1/08/2021-19,30
4ª Elim. 4ºs-1/08/2021-19,45
Semifinais:
1ª Semif.-1/08/2021-20,00
2ª Semif.-1/08/2021-20,15
Final:
Final-1/08/2021-20,30 -

O sorteo e adaptación do calendario realizarase o sábado ás 12,00 ou cando se cheguen aos 32 participantes.

3. Premios
Trofeo para o primeiro alumno de la UDC.
Sorteo de camiseta de INCUDE entre participantes residentes en Galicia (a recoller na sede da asociación na Coruña).
En caso de mais de 15 participantes entregarase unha tarxeta de Google por valor de 15€ ao campión.

A participación non leva aparellada o pago de ningunha cota e os participantes son conscientes de que este torneo é unha proba amigable. Os nomes e nicks e capturas das partidas poden ser empregadas para promocionar actividades similares.

venres, 18 de xuño de 2021

Curso Docente de Xadrez

Se estás interesado, inscríbete canto antes!

Este curso de formación foi concibido para proporcionar aos asistentes unha certificación conforme á existencia de coñecementos e comprensión suficientes para a actividade de xadrez educativo e social. Desde INCUDE ofrecerase unha serie de pautas e exposición das experiencias dos últimos anos con alumnos entre 4 e 93 anos.

Modalidade: Online ou mixto

Acreditación: O curso proporciona a aqueles que superen o exámen dúas titulacións; School Chess Teacher Training (avalado pola Federación Europea ECU101) e Docentes de Nivel I da Federación Española de Xadrez.

A asistencia ás clases online e a realización do traballo práctico será recoñecida polo certificado correspondente. Solicitaranse créditos ETCS. (informaremos dos progresos).

Contidos:  
Métodos didácticos: método SMART®, técnicas de cuestionamiento, métodos de xogo, habilidades de pensamento, código de conduta, organización de torneos de clase, minijuegos, formatos sociais, resolución de problemas, termos de planificación e leccións.

Desenvolvemento do curso:
A duración do curso estímase entre 69 - 94 horas.

Parte teórica:
Luns 12 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Martes13 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Mércores 14 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Xoves 15 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
Venres 16 de xullo: 16,00 a 20,00. Clases online. 
A primeira hora das sesións será de explicación de experiencias da Escola e as tres seguintes de temario dos cursos federativos.
Luns 19 de xullo: 16,00 a 20,00. Repaso e exame ás 19,00.
Total horas parte teórica: 24 horas.

Parte práctica:
Para o traballo, que se desenvolverá de acordo ás indicacións do profesorado, o alumno poderá optar por dúas modalidades; 1) Desenvolvemento dun traballo final teórico, que deberá ser entregado pola súa valoración antes do 19 de agosto ou 2) Realización do temario dun curso de 15 horas e impartición do mesmo. (A parte de impartición será remunerada coa devolución do importe do curso).
Este traballo práctico ocupará ao redor de 45-70 horas.

Participantes: 
Poden inscribirse todos os interesados a partir de 16 anos.
É necesario posuír coñecementos básicos de xadrez.

Composición máxima do grupo: 30. Composición mínima: 11.

Curso impartido por Olympia Chess Academy en colaboración coa Escola Universitaria de Xadrez de INCUDE.

Matrícula:
170 euros (recuperables en función da modalidade de traballo práctico elixida).

Inscrición:
Farase a preinscrición mediante correo a escola@xadrezuniversitario.org. 
Unha vez confirmado o mínimo solicitarase o pago da matrícula.

mércores, 9 de xuño de 2021

XADREZ E MAIORES

O Departamento de Xerontoloxía acaba de remitirnos o artigo publicado tras a nosa iniciativa de empregar o xadrez como preventivo de problemas cognitivos e valorar dun xeito científico.

Como entidade universitaria estamos encantados destas primeiras aproximacións e dos que virán en canto a COVID o permita.

Moitas grazas ao Departamento de Xerontoloxía por darlle vida á nosa proposta. 

xoves, 20 de maio de 2021

Fervenza do Toxa e Carboeiro

Este domingo imos ao Deza. Con esta actividade recuperamos a nosa actividade de excursionistas.

Imos facer mentras dure a situación actual grupos pequenos, de 2 a 8 persoas, que é mellor pola situación, polo medio ambiente e por organización.

O destino e a Fervenza do Toxa e o Mosteiro de Carboeiro (este último xa o visitamos hai anos como podedes ver en http://www.visitacultural.com/2017/10/mosteiro-de-san-lourenzo-de-carboeiro.html)

Iremos en coches particulares, cada cal ao seu ritmo con idea de chegar entre 12,00 e 13,00 e comer na ruta.

Entre xoves e venres determinaremos a hora e se queres unirte escribenos a incude@udc.es

As características desta ruta, que buscaremos facer no futuro con mais xente é a que podes ver na folla informativa.

Visitas previstas no 2021: Castro de Elviña, Castelo de Santa Cruz, Pazo de Mariñán, Pazo de Tor (Monforte), Ponte Furelos (Melide), Celanova...


venres, 12 de febreiro de 2021

ENTROIDO LUDICO

Nunha situación normal teríamos estes días o Torneo de Entroido de Xadrez, como o do ano pasado no Sporting Club Casino, o Torneo Universitario de semirrápidas e algunha cousa mais. Adaptándonos ao que temos, presentamos a actividade do Entroido Lúdico, ata o mércores, agardando a ver se as medidas son as mesmas a partir do mércores e podemos facer algo distinto no fin de semana seguinte.

O mellor participante nesta serie de actividades que sexa socio dalgunha das entidades que colaboran con esta xornada, recibirá o trofeo das Xornadas Lúdicas de Imbolc (a festa pagá que deu lugar ás festividades do entroido e da Candaloria).

VENRES DE ENTROIDO
16,00. Clases online de xadrez con Héctor Rodríguez. Organizado por INCUDE.
Se estás interesado a información está nesta ligazón:
https://xadrezuniversitario.blogspot.com/2021/02/clases-online-con-hector.html

21,30. Torneo de xadrez rápido Venres Lúdico (lembramos que non é do circuito de inverno). Organizado por INCUDE na plataforma chess.com.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://www.chess.com/live#t=2071513

SABADO DE ENTROIDO
SEN HORA. Amosa as túas habilidades no xogo de estratexia Travian. Promove Palaestra.
Crea unha conta no server hispano 5, elixe o sector noroeste.
https://www.travian.com/es?uc=46c6f000-623a-11eb-0b05-010000000f91
Obxectivos que puntúan: 
1) Ser o primeiro en crear a alianza ENTROIDO 
2) Lograr a segunda aldea antes de fin de mes.

16,00. Este sábado non hai Liga Sub12 Online. Pero AGAX organiza un torneo aberto a tódalas idades en lichess.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://lichess.org/tournament/c62Gq0Nr
Contrasinal: ENTROIDO2021

20,00. Torneos de warzone. Organizado por HERCLE.
Se estás interesado a información está nesta ligazón do grupo de whatsapp (entra con tempo):
https://chat.whatsapp.com/GtrJ90VWbbkGCNS4aXTEFj

DOMINGO DE ENTROIDO
17,00. Torneo de xadrez rápido do Circuito Domingos Online do Club Deportivo Auténtico.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://lichess.org/tournament/Qtl9jkyi

20,00. Fora do programa temos esta suxerencia; o domingo o historiador Felipe Senén (autor tamén do debuxo que adorna esta publicación) da unha conferencia a través do Facebook da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia sobre o entroido. 
Se estás interesado vai a esta ligazón:
https://www.facebook.com/amigosmuseosgalicia

LUNS DE ENTROIDO
17,00. Torneo Rei do Outeiro. Organizado por INCUDE na plataforma chess.com.
Se estás interesado incríbete nesta ligazón:
https://www.chess.com/live#t=2071516

MARTES DE ENTROIDO
19,30. Torneo de Entroido Clash Royale. Organizado por INCUDE.
O torneo abrirá unha hora antes.

MERCORES DE CINZA
SEN HORA. Amosa as túas habilidades no xogo de estratexia Clash of Clans. Promove Palaestra.
Creade unha conta.
Obxectivo que puntúa: Poñer en marcha o Clan Entroido

Pode que engadamos algunha cousa mais nestes días e faremos tamén actividades especiais no fin de semana seguinte, cando sería o Domingo de piñata nun entroido normal.

luns, 4 de xaneiro de 2021

XXVIII ANIVERSARIO

Un 4 de xaneiro de 1882 nacía o xornal La Voz de Galicia. 

En 1929 tamén neste día xuntábanse as dúas fundacións dos Rockefeller para facer a entidade filantrópica mais grande do mundo.

Eventos importantes, eclipsados pola fundación en 1993 da asociación Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias INCUDE.

Coa situación actual non temos previsto facer nada hoxe, pero si para o vindeiro sábado día 9 se o tempo acompaña.

mércores, 30 de decembro de 2020

ASALTO ONLINE

Este ano non foi posible a celebración da moi recomendable actividade Asalto ao Castelo de Vimianzo, pero xa tíñamos feitos os trofeos para as actividades que realizamos con eles... Torneo de Xadrez e as Xornadas Lúdicas.
Entón decidimos aproveitalos para este día 30 de decembro.
Como?
Pois estas son as actividades que te invitamos a participar nas Xornada Lúdica do Asalto, unha tarde con cousas diversas, na modalidade online:

Como para algunhas das probas hai ligazóns que se crearán no momento, aconsellamos entrar neste grupo de whatsapp onde informaremos dos mesmos. https://chat.whatsapp.com/BmveupMXM72JZVBdpBsWE9

16,00 horas
PRIMEIRA ACTIVIDADE - TORNEO DE DAMAS
Na plataforma lidraughts (similar a lichess de xadrez).
Modalidade damas brasileiras (as normas na propia web). Partidas a 5 minutos. Ssistema Arena.

17,00 horas
SEGUNDA ACTIVIDADE - TORNEO DE TRIVIAL
En trivial online.es
Anunciaremos a ligazón no grupo de whatsapp

18,00 horas
TERCEIRA ACTIVIDADE - III TORNEO DE XADREZ ASALTO AO CASTELO
Na plataforma chess.com ás 18,00 horas. Partidas a 5 minutos. Suizo a 5 roldas.

19,00 horas
CUARTA ACTIVIDADE - TORNEO DE CLASH ROYALE
Unha das actividades que facemos habitualmente.
Poremos a ligazón no grupo de whatsapp

PREMIOS:
Terán trofeo o mellor no torneo de xadrez e o mellor da Xornada Lúdica.
O mellor da Xornada Lúdica será quen sume mais puntos nun máximo de tres das catro actividades anunciadas. En cada proba darase 5 puntos ao primeiro, 4 ao segundo, 3 ao terceiro, 2 ao cuarto e 1 ao quinto.
Ademais os cinco primeiros no torneo de xadrez recibirán unha camisola da Asociación Galega de Xadrecistas (que terán para recollela ata o 31 de marzo de 2021).
Tamén sortearanse cinco camisolas de INCUDE entre todos os participantes das xornadas (que terán para recollela ata o 31 de marzo de 2021).
E por último para os participantes da Coruña (ou que se despracen) entregaremos 10 vales de pizza a empregar na noite do 30 ou no día 31.