I CONCURSO DE APLICACIÓNS CULTURAIS EN ANDROID
1.- Poderán participar todos os desenvolvedores que o desexen, ben de xeito individual ou formando equipos, cun máximo dunha aplicación para dispositivos Android.
2.- A CULTURA deberá estar presente en todas as aplicacións da presente convocatoria.
3.- A inscrición no concurso se realizará enviando unha mensaxe de correo electrónica a incude@udc.es . No corpo da mensaxe deberanse indicar o(s) nome(s) do(s) participante(s) e
a) unha ligazón a páxina da aplicación publicada na Google Play Store, ou
b) o ficheiro .apk coa aplicación se non se desexa publicala
4.- As aplicacións participantes neste concurso estarán dispoñible para a súa descarga de balde na Google Play Store alomenos ata o 31 de decembro de 2015. Por elo, aquelas aplicacións que non sexan publicadas directamente polo desenvolvedor serán publicadas por INCUDE.
5.- O prazo de admisión comezará o 1 de agosto e finalizará o 31 de outubro de 2014.
6.- O xurado será proposto pola entidade organizadora con presenza de desenvolvedores profesionais de aplicacións móbiles. Actuará coma secretario o presidente de INCUDE.
7.- O xurado dará a coñecer o seu veredicto o día 15 de novembro de 2014. O fallo será inapelable e publicitarase seguidamente a través da web oficial, así como ao correo desde o que se remitiu a aplicación.
8.- Os criterios de valoración serán: (1) O correcto funcionamento da aplicación. (2) A creatividade e a innovación. (3) A utilidade social. (4) Que esté dirixida a un amplo grupo de poboación. (5) A calidade técnica.
9.- Establécense os seguintes premios:
1º PREMIO: 200 € - 2º PREMIO: 100 € - 3º PREMIO: 50 € - 4º PREMIO: 30€ - 5º PREMIO: 20€
O xurado poderá declarar deserto todos ou algúns dos premios do presente concurso.
10.- A presentación a este concurso implica a aceptación destas bases. Os casos non previstos serán resoltos pola organización.
I CERTAME DE RECREACIÓN FOTOGRÁFICA
A través da fotografía pretendemos dar a coñecer os cambios acontecidos na cidade da Coruña.
Durante o mes de agosto publicaranse na nosa web 20 fotografías de principios do século XX.
As fotografías do concurso deberán ser fotografías actuais do mesmo lugar das fotos publicadas.
As fotografías poden remitirse a incude@udc.es ata o 30 de setembro de 2014.
Coas fotografías realizarase un pequeno libro e una exposición. Ademais haberá os seguintes premios:
1º PREMIO: Trofeo, libro e 100 €
2º PREMIO: Trofeo, libro e 50 €
3º PREMIO: Trofeo, libro e 25 €